Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os contidos curriculares das materias da área de Filosofía en Secundaria e Bacharelato.
2. Xerar habilidades docentes para explicar os contidos e aplicalos.
3. Reflexionar sobre a carreira profesional docente e as competencias profesionais do profesorado de Secundaria e Bacharelato.
4. Promover unha aproximación aos procesos de ensinanza-aprendizaxe desde a praxe a través dun proceso autorreflexivo do alumnado da materia sobre o seu concepto e visión da aprendizaxe e da docencia; as súas motivacións, talentos, fortalezas e valores; os seus posibles métodos docentes; a súa interacción co alumnado; a avaliación das aprendizaxes; e o seu crecemento persoal e desenvolvemento profesional como docentes.
Tema 1: Perspectivas e enfoques actuais en Filosofía. Modelos educativos e didácticos no seu ensino-aprendizaxe.
Tema 2. Educación ético cívica no currículo da ESO
Tema 3. Filosofía e Historia da Filosofía no currículo de Bacharelato.
Tema 4. As competencias profesionais do profesorado de Secundaria e Bacharelato.
Tema 5. Principais elementos dunha “filosofía docente”
Bibliografía básica
Brenifier, Óscar (2011). Filosofar como Sócrates. Diálogo Tilde.
Lipman, Matthew (2016). El lugar del pensamiento en la educación. Ediciones Octaedro.
Meireiu, Philippe (1998). Frankestein educador. Laertes.
Tozzi, Michel (2008). Pensar por sí mismo: iniciación a la pedagogía de la filosofía. Editorial Popular.
UNESCO. (2011). La Filosofía, una escuela de la libertad: enseñanza de la filosofía y aprendizaje del filosofar; la situación actual y las perspectivas para el futuro. México: UNESCO.
Bibliografía complementaria
Abad Bull, J. M. & Marqués Rodilla, C. (Coord.) (2004). Didáctica de la filosofía. Ministerio de Educación y Ciencia, Secretaría General Técnica.
Adorno, T. (1988). Educación para la emancipación. Madrid: Moraia.
Cifuentes, L. M., & Gutiérrez, J. M. (2010). Didáctica de la filosofía Ministerio de Educación de España. Graó.
Cifuentes, L. M., & Gutiérrez, J. M. (Coords.) (2010). Filosofía investigación, innovación y buenas prácticas. Ministerio de Educación de España, Graó.
Freire, P. (1965). Pedagogía como práctica de la libertad. Siglo XXI.
Freire, P. (1970). Pedagoxía do oprimido. Kalandraka, 2020.
Garcés, Marina (2020). Escuela de aprendices. Galaxia Gutenberg.
Hooks, Bell (2022). Enseñar pensamiento crítico. Rayo Verde.
Morin, E. (2019). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Cooperativa Editorial Maxisterio.
Navarra, A. (2021). Prohibido aprender: Un recorrido por las leyes de educación de la democracia. Anagrama.
Onfray, M. (2011). Antimanual de filosofía. Edaf.
Competencias Xerais:
CX1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CX2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CX7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
Competencias Específicas:
CE-E1 - Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
CE-E2 - Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
CE-E3 - Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
CE-E4 - Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
Competencias Transversais
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa, dialóxica e entre iguais baseada en problemas e orientada á capacitación e desenvolvemento das competencias docentes do estudantado así como das habilidades brandas como o traballo en equipo, a creatividade, a resolución de problemas, o pensamento crítico, a comunicación eficaz, o crecemento persoal e o cambio social positivo.
a) Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa.
b) Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polo docente nas aulas expositivas. Ao tempo, o alumnado elaborará a súa “filosofía docente” establecida para a avaliación da materia nas aulas interactivas contando coa colaboración do resto de integrantes do grupo de aula.
c) Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas teóricas, sobre a elaboración da súa “filosofía docente” e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
AULA DA MATERIA NO CAMPUS VIRTUAL DO USC
O material didáctico elaborado polo docente estará dispoñible na aula virtual da materia, onde tamén se poderán consultar e descargar os textos de lectura das sesións interactivas.
Na aula virtual tamén estarán dispoñibles o resto de documentación precisa para o seguimento da materia: instrutivo da filosofía docente, rúbrica de avaliación da filosofía docente, plantilla para a filosofía docente, etc.
A entrega do traballo realizarase obrigatoriamente a través da aula virtual da materia nas datas que estableza o docente en diálogo co alumnado para evitar coincidencias coas entregas de traballos noutras materias do mesmo curso.
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. De conformidade co artigo 1.2., c), a asistencia é preceptiva para superar a materia.
Xa que logo, a avaliación continua constitúe a modalidade única de avaliación para o alumnado sen dispensa de asistencia debido ao carácter práctico e aplicado da materia. Para ter dereito a esta modalidade de avaliación é obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas clases e o compromiso coa entrega puntual dos traballos. Permítense ata un máximo de 5 ausencias non xustificadas.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
a) Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final: 50 %
b) Traballo individual. Elaboración dun traballo individual (“Filosofía docente”) cunha extensión de entre 3.000 e 5.000 palabras Porcentaxe na cualificación final: 50 %.
c) Exame final: Exclusivamente, para o alumnado con dispensa de asistencia. Este exame consistirá na entrega do traballo individual na data da correspondente convocatoria. Porcentaxe na cualificación final: 100%
A entrega do traballo realizarase obrigatoriamente a través da aula virtual da materia.
Para a realización do traballo individual constituiranse grupos de lectura de 3 persoas que lerán e revisarán cadanseu borrador do traballo do resto de persoas integrantes do grupo. Cadanseu borrador do traballo deberá estar preparado na data que estableza o docente e enviarase ao resto de integrantes do grupo de lectura. A revisión grupal farase empregando a rúbrica de valoración do traballo que estará dispoñible no Campus Virtual. O obxectivo é que a versión definitiva do traballo teña sido revisada e mellorada grupalmente antes da súa entrega para avaliación. Antes de entregar ao docente a versión definitiva do traballo a través do Campus Virtual, esta ten que ter sido revisada grupalmente obrigatoriamente.
O docente correspondente devolverá corrixido o traballo xunto coa rúbrica de valoración.
O alumnado poderá ser convidado polo docente a presentar en aula o seu traballo nas datas que se establezan. Tras a presentación fomentarase o debate entre o alumnado con base nos traballos presentados.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A avaliación das competencias a través de cada unha das actividades distribúese do seguinte xeito:
a) Asistencia e participación: CX1; CX2; CX7 // CEE1, CEE2, CEE3, CEE4, CT1, CT3
b) Traballo individual: CX1; CX2; CX7 // CEE1, CEE2, CEE3, CEE4, CT1, CT3
c) Exame final: CX1; CX2; CX7 // CEE1, CEE2, CEE3, CEE4, CT1
Estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas segundo o disposto na Instrución nº1/2017 da Secretaría Xeral da USC deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega do traballo que a integra ou ben será avaliado a través dun exame final que consistirá na entrega do traballo que integra a avaliación continua.
Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas aulas expositivas e interactivas dispoñibles na aula virtual da materia. O alumnado deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta. Ao alumnado dispensado de aulas permitirase a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua até o último día de aulas do semestre. De todos os xeitos, recoméndase o cumprimento dos prazos de entrega fixados para o alumnado sen dispensa de asistencia co fin de facilitar a efectiva avaliación continua do alumnado que goce da dispensa.
O tempo de traballo estimado para esta materia é de 112,5 horas en correspondencia cos 4,5 ECTS e coa seguinte distribución:
Traballo presencial do alumnado: 32 horas.
• Clases teóricas: 12
• Clases interactivas: 16
• Titoría individual e grupal: 4
Traballo persoal do alumnado: 80,5 horas.
• Seguimento (lecturas, documentación, ampliación, etc.): 8 horas.
• Elaboración de traballo: 72,5 horas.
.
1. É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. O control de asistencia servirá de medición do interese pola materia. Por tanto, resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas obrigatorias e tarefas previstas.
2. Participar activamente nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Participar activamente nos traballos en grupo con actitudes de escoita activa e respecto mutuo.
a) Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
b) O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Más información no e-mail: sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
c) Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual etc.)/ etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
d) O alumnado e profesorado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
e) Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
f) Non se poderá empregar o teléfono móbil ou outros dispositivos electrónicos, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado ou legal do mesmo.
g) Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
h) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
i) Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
j) Os materiais elaborados polos docentes están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización dos autores/as.
Jose Luis Pastoriza Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
23.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |