Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral deste módulo, tal e como ven establecido no plano de estudos, é o de situar ao alumno no núcleo do proceso de ensinanza - aprendizaxe dende unha perspectiva curricular que o capacite para: “planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro” (Orde ECI/3858/2007, de 27 de Decembro).
Pretendemos, a través desta materia, contribuír á formación de docentes capaces e comprometidos coa asunción e posta en práctica de proxectos compartidos a nivel de centro, acompañados inescusablemente dunha responsabilidade individual para levalos a cabo.
Baixo esas premisas, a materia procura especificamente os seguintes obxectivos:
1. Facilitar o coñecemento dos conceptos e a terminoloxía básica da didáctica, da literatura especializada sobre o campo e dos debates actuais no ámbito profesional docente.
2. Favorecer a comprensión das relacións existentes entre os modelos de aprendizaxe, o contexto escolar e as opcións didácticas utilizadas na acción docente.
3. Promover o recoñecemento, análises e atención ás características diferenciais do alumnado, segundo o seu desenvolvemento evolutivo, contextos familiares, sociais e culturais de referencia en tanto que factores que condicionan a aprendizaxe e deben ser tidos en conta, por tanto, polas propostas docentes.
4. Recoñecer o funcionamento e dinámicas propias dos centros de secundaria e as condicións organizativas que fan posible a colaboración con outros profesionais do ámbito educativo e o desenvolvemento dun ensino de calidade.
5. Coñecer os compoñentes básicos das metodoloxías didácticas e do uso didáctico das TIC no ensino secundario.
6. Propiciar unha formación cultural, persoal, ética e social axeitada á educación integral dos adolescentes.
7. Potenciar o uso dos procesos de investigación na aula como base do seu desenvolvemento profesional.
1. Deseño e Desenvolvemento do currículo.
a. Concepto de currículo.
b. Currículo na Secundaria: Normativa Estatal e Autonómica.
c. Do Proxecto de Centro á Programación de aula.
d. As actividades complementarias e extracurriculares.
2. Modelos de ensino e metodoloxía didáctica.
a. Organización e modos de traballo na aula.
b. Deseño de contextos educativos flexibles (atención a diversidade).
c. O clima da aula e interacción didáctica.
d. A innovación educativa.
e. A avaliación formativa e formadora.
3. Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico.
a. Deseño, selección e uso de medios e materiais didácticos.
b. As TIC no centro escolar.
4. A participación e a xestión nos centros de secundaria.
a. Clima institucional.
b. O Proxecto Educativo de Centro.
c. A toma de decisións nos centros educativos.
d. A participación da Comunidade Educativa e das familias
5. A avaliación da calidade educativa e o desenvolvemento institucional e profesional de centros e profesores.
a. Modelos de avaliación da calidade.
b. Funcións docentes.
c. A formación docente. Modalidades e recursos.
d. Compromiso e ética profesional
*Nota: a secuencia poderá sufrir variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alvarez, M. (2010): Liderazgo compartido. Buenas prácticas de dirección escolar. Madrid: WK Educación.
Armengol, C. e Gairín, J. (2008): Estrategias de formación para el cambio organizacional. Madrid: WK Educación.
Bolivar, A. (2012): Politicas actuales de mejora y liderazgo educativo. Málaga: Aljibe.
Martín Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
Rosales, C. (2009). Didáctica: Innovación en la enseñanza. Santiago: Andavira
Santos Guerra, M.A. (1995): Agrupamientos flexibles. Un claustro investiga. Sevilla: Diada Editora.
Santos Guerra, M.A. (1997a): Entre Bastidores. El lado oscuro de la organización escolar. Málaga: Aljibe.
Santos Guerra, M.A. (1997b): La luz del prisma. Para comprender las organizaciones educativas. Málaga: Aljibe.
Torrego, J. (Coord., 2008). El plan de convivencia. Fundamentos y recursos para su elaboración y desarrollo. Madrid: Alianza.
Trillo, F. e Sanjurjo, L. (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Antunez, S. e Gairin, J. (1996): La organización escolar. Práctica y fundamentos. Barcelona: Graó.
Carbonell, J. (2001): La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.
Casanova, M.A. (2006): Diseño curricular e innovación educativa. Madrid: La Muralla.
Fernandez Sierra, J. (2011): Formar para la economia del conocimiento vs. educar para la sociedad del conocimiento. Málaga: Aljibe.
Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar: invitación al viaje. Barcelona: Graó.
Santos, M. (2009). La escuela que aprende. En Santos, M. (Coord.). Escuelas para la democracia. Madrid: Kluwer.
Santos Guerra, M.A. (2003): Una flecha en la diana. Madrid: Ediciones Narcea.
Santos Guerra, M.A.(2000): La escuela que aprende. Madrid: Morata.
Santos Guerra, M.A.. (2007): Enseñar o el oficio de aprender. Organización escolar y desarrollo profesional. Madrid: MAD.
Vidal, J. et. al. (1992): El proyecto educativo de centro. Una perspectiva curricular. Madrid: EOS.
VV.AA. (2012): Pensando en el futuro de la educación. Barcelona: Graó.
BIBLIOGRAFÍA PERÍODICA
• Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
• Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
• Revista Galega de Educación. Consellería de Cultura e Educación.
• Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X5. Contextualizar o currículo a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
X6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
X7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadán e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, á toma de decisións e á construción dun futuro sostible.
X8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
X9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
X12. Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións y as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
X13. Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de avance da calidade con aplicación ós centros de ensino.
X.14. Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
X16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación
X17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ó longo do seu posterior desenvolvemento profesional
X18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
E.3. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
E.5. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
E.6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo
E.7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos
E.8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
E.9.A. Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
E.9.B. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
E.10. Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
C) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
T2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
T3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Neste senso, no desenvolvemento da materia combinaranse sesións de carácter teórico-conceptual con sesións de carácter práctico-interactivo, así como traballo autónomo, tal e como se explica a continuación.
AULAS EXPOSITIVAS: desenvolvidas presencialmente na Facultade. Dirixiranse ao traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual. Accións en gran grupo: que inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, aclarar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques. Empregaranse materiais de apoio didáctico para faicilitar o seguemento e comprensión do contido por parte do alumnado.
AULAS INTERACTIVAS: que se centrarán en reflexións en grupo e postas en común de diferentes temas ou obxectos de traballo.
Accións en grupo mediano: inclúen sesións para afondar nos contidos da materia mediante actividades de carácter grupal e traballo colaborativo.
TRABALLO AUTÓNOMO fora da aula: dirixido á realización de traballos individuais e/ou de grupo, segundo o caso, que reforcen o desenvolvemento teórico-práctico da materia; empregando o espazo propio de traballo para a materia, habilitado no Campus Virtual.
*Os traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A avaliación terá un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo todas as actividades individuais e de grupo propostas; realizarase tomando en consideración os seguintes aspectos.
AVALIACIÓN CONTINUA. Para acollerse a ela será requisito imprescindible contar coa asistencia a un total mínimo do 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas, dada a súa estreita vinculación coa actividade de aula, e que se controlará nas sesións presenciais.
a) Participación activa nas sesións, tanto expositivas como interactivas, ademais da elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas propostas, -foros, tarefas...-.
Asistencia e participación suporán un 10% da cualificación final.
Instrumentos de avaliación: control de asistencia, observación do profesor e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: valoraranse aspectos actitudinais como atención, actitude colaboradora, participación, etc., así como o contido das actividades realizadas.
b) Informes escritos e outras producións. Isto suporá un 50% da cualificación final.
Instrumentos de avaliación: Traballo en grupo e/ou individual.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Con carácter xeral, valorarase a estrutura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información, calidade estética da presentación e corrección lingüística. Estes indicadores concretaranse de xeito máis específico nas orientacións do traballo que se facilitará ao alumnado ao comezo de curso. En informes escritos e outras producción, o alumnado debe alcadar 5 sobre 10 que se corresponde con 2,5 sobre 5.
c) Presentacións orais. Suporá un 10% da cualificación final. Instrumentos de avaliación: tomarase en consideración neste apartado a presentación oral dos traballos. Indicadores/orientacións para a avaliación: calidade e coherencia da presentación e capacidades comunicativas.
EXAME FINAL. Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia. Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento. Representa o 30% da cualificación final. Instrumento de avaliación: exame escrito. Indicadores/orientacións para a avaliación: é necesario, para superar a materia, alcanzar no exame final unha cualificación mínima de 5 sobre 10 (que se corresponden con 1,5 puntos sobre 3).
**NOTA ACLARATORIA: A detección por parte do docente de producións e traballos copiados / plaxiados ou sen a debida citación de fontes, incorrerá na suspensión automática do apartado b) e a concorrencia á convocatoria extraordinaria de xullo. Por outra parte, o intento de copia no exame final implicará o suspenso automático, debendo o alumno concurrir á seguinte convocatoria.
Para superar a materia será preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no exame final (5 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
OBSERVACIÓNS con respecto á avaliación.
1) O alumnado con faltas de asistencia non xustificadas superior ao 20% do total de horas da materia, non será cualificado nos apartados de avaliación continua (70% da cualificación), podendo presentarse ao exame final (30% da cualificación).
2) O alumnado que, por determinadas causas consideradas na normativa, non poida asistir a un mínimo dun 80% das sesións da materia, poderá solicitar unha dispensa de asistencia, que deberá ser aprobada pola Comisión Académica do Máster. Este alumnado deberá asistir á clase ata o momento de solicitar a dispensa, debendo comunicarlle tanto a solicitude como a resolución da mesma ao profesorado responsable da materia nun prazo máximo de cinco días hábiles dende a solicitude e a resolución. Neste caso, as condicións de avaliación serán:
- Proba específica: exame escrito (peso na cualificación: 60%). Será necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 6. Esta proba incluirá preguntas tipo test e/ou preguntas curtas.
- Informes escritos e outras producións: traballo individual (peso na cualificación: 40%). Valoraranse, a nivel global, a estrutura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información e calidade estética da presentación, entre outros. Deberá acadar unha cualificación mínima de 2 puntos sobre 4.
RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu como mínimo ao 80% das sesións presenciais, participando da avaliación continua, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade, debendo só presentarse ás partes non superadas que esixen unha cualificación mínima
b) Se no período ordinario, non asistiu como mínimo ao 80% das sesión presenciais, só poderá participar do exame final.
c) O alumnado con dispensa deberá presentarse só á parte non superada.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 36 h.
- Clases expositivas: 13,5 h.
- Clases interactivas: 18 h.
- Titorías: 4,5 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO: 76,5 h.
- Estudio autónomo individual: 25,5 h.
- Lecturas a realizar fora da aula: 20 h.
- Realización de traballos da materia: 20 h.
- Preparación de debates, ou exposicións, busca bibliográfica: 10 horas.
• Traballo diario
• Asistencia a clase de acordo coa normativa de USC
Este programa segue as normas da Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade PRESENCIAL, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, -excepto nos casos nos que se conte coa aprobación da exención de docencia-. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.A materia baséase, entre outros, nun principio de responsabilidade ambiental que fundamenta a seguinte recomendación en relación á entrega dos traballos individuais ou de grupo: empregarase o soporte dixital, - Campus Virtual ou o que se indique, segundo o caso-, para a devandita entrega.
Ademais, en atención aos criterios de IGUALDADE DE XÉNERO no ámbito universitario, e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase, -e fomentarase-, o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
Débese ter en conta o uso responsable de materiais que garanticen un coidado co medio ambiente.
Teresa Susana Vázquez Regueiro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- teresasusana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Carmen Gomez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
17.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |