Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os cambios e innovacións máis significativas que se foron producindo nas últimas décadas no ensino e aprendizaxe das linguas estranxeiras así como a súa influencia na metodoloxía utilizada nas aulas de LE.
- Reflexionar sobre o significado de ensinar e aprender unha lingua estranxeira nas distintas etapas educativa e en Escolas Oficiais de Idiomas.
- Valorar a influencia do contexto multilingüe no ensino e aprendizaxe da lingua estranxeira e consideralo na toma de decisións didácticas.
- Buscar, seleccionar e valorar recursos en soportes diversos, sendo quen de modificar propostas de actividades dos manuais de LE para adaptalos, se é o caso, a enfoques comunicativos e cognitivos.
- Planificar, desenvolver e avaliar actividades de ensino e aprendizaxe referidas ás distintas actividades lingüísticas.
1. Teorías, enfoques e métodos para o ensino/aprendizaxe da LE
2. As actividades/destrezas lingüísticas produtivas e receptivas
3. Currículo de LE no Ensino Secundario
4. Materiais na aula
5. Principios xerais da programación didáctica
BÁSICA:
- Johnson, K. (2008) A Introduction to Foreing Language Learning and Teaching. 2nd Edition. New York : Routledge.
- Sánchez Pérez, A. (2009)La enseñanza de idiomas en los últimos cien años. Métodos y enfoques. Madrid: SGEL.
COMPLEMENTARIA:
- Brown, H. D. (2006). Principles of Language Learning and Teaching. 5th edn.New Jersey: Prentice Hall Regents.
-Byram, M. (2003). Intercultural Competence. Strasbourg : Council of Europe (PDF en varias linguas)
- Celce-Murcia, M. (Ed.). (1991). Teaching English as a Second Language or Foreign Language. - Boston: Heinle y Heinle.
- Consello de Europa (2001): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Publicación en liña: (Xunta de Galicia, 2006).Council of Europe. 2001. http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf.
- Consello de Europa (2018) Volume complementario con novos descritores. En Francés: https://rm.coe.int/cecr-volume-complementaire-avec-de-nouveaux-descript…; En Inglés: https://rm.coe.int/cefr-companion-volume-with-new-descriptors-2018/1680…
- Chaudron, C. (2000) Métodos actuales de investigación en el aula de segundas lenguas. En C. Muñoz (Ed.) Segundas Lenguas. Adquisición en el aula. Barcelona:Ariel.
- Diccionario de términos clave: http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/diccionario/
- Ellis R. (1994) The study of second language acquisition. Oxford: O.U.P.
- Ellis, R. (2003) Task-based Language Learning and Teaching. Oxford: Oxford University Press, capítulo 7 «Designing task-based language courses».
- Larsen-Freeman, D. (2000). Techniques and Principles in Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.
- Oxford, R (1990) language Learning Strategies : What Every Teacher Should Know.Rowley, MA : newbury House.
- Richards, J. y Rodgers, T. (1986). Approaches and Methods in Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press.
- Woodward, T.(2001) Planning Lessons and Courses, University Press, Cambridge,. (Existe también una versión traducida al español de 2002 en la misma editorial).
- Widdowson H.G. (2009) Teaching Language as Communication. Oxford : O.U.P.
XERAIS:
- Valorar a importancia de facer un uso oral e escrito da lingua caracterizado polo rigor, a coherencia, a adecuación e a corrección.
- Tomar postura ante opinións, feitos ou situacións da vida cotiá ou profesional, sendo quen de defendela argumentalmente.
- Saber buscar, interpretar e seleccionar con criterio información a través de distintas fontes ou procedementos.
- Colaborar en tarefas colectivas e en iniciativas de carácter grupal e cooperativo.
- Comprender a necesidade da actualización permanente, tanto nos saberes da área como nos pedagóxico-didácticos.
- Desenvolver actitudes favorables á renovación pedagóxica e á explotación de metodoloxías e recursos innovadores, comprendendo a necesidade de realizar unha avaliación do proceso de traballo na aula desde a perspectiva da investigación do proceso de ensino-aprendizaxe.
- Mostrar interese polas novas tecnoloxías, incorporándoas con normalidade ao labor profesional.
ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Coñecer os cambios e innovacións máis significativas que se foron producindo nos últimas décadas no ensino e aprendizaxe das linguas estranxeiras así como a súa influencia na metodoloxía de traballo nas aulas.
- Reflexionar sobre o que significa ensinar e aprender unha lingua estranxeira nas distintas etapas educativa e en Escolas Oficiais de Idiomas.
- Valorar a influencia do contexto multilingüe no ensino e aprendizaxe da lingua estranxeira e incorporalo con criterio á toma de decisións didácticas.
- Elaborar propostas de ensinanza para situacións hipotéticas de aula integrando con criterio e adecuación as fontes disciplinar, sociolingüística e psicopedagóxica.
- Buscar, seleccionar e valorar recursos en soportes diversos para traballar, sendo quen de modificar propostas de actividades para adaptalos, se é o caso, a enfoques comunicativos e cognitivos.
- Planificar, desenvolver e avaliar con criterio actividades de ensino e aprendizaxe referidas ás distintas destrezas comunicativas.
TRANSVERSAIS:
- Utilización de bibliografía e instrumentos de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
- Xestión de forma eficiente do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando errores lóxicos e a toma de decisións.
- Potenciación da capacidade para traballar en contextos cooperativos, pluridisciplinares e plurilingües.
BÁSICAS:
- Curiosidade para explorar novas formas e estratexias nas relacións de ensino-aprendizaxe.
- Comprensión da necesidade de actualización permanente como profesores, tanto en contidos científicos como en procedementos pedagógico-didácticos.
Poñerase en práctica unha metodoloxía activa que buscará fomentar a participación e cooperación do alumnado. Esta metodoloxía basearase, entre outros, nos seguintes puntos:
- Presentacións dinámicas por parte do profesorado
- Discusións e postas en común sobre temas de debate
- Traballos individuais, en parella e/ou en grupos
- Análise e elaboración de recursos útiles para o profesorado de Educación Secundaria
- Emprego da Aula Virtual como canle de dinamización das aulas
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa. Combinarase a avaliación continua cunha tarefa final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Asistencia e participación activa: 30%.
- Traballos individuais e/ou grupais: 30%.
- Tarefa final individual: 40%.
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. Aquel alumnado que non cumpra co requisito mínimo de asistencia a clase (80% do total) deberá realizar unha proba final de toda a materia ou entregar algún traballo adicional, segundo se acorde con antelación co profesorado. Isto aplicarase igualmente para a convocatoria de xullo.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
En aplicación da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa da asistencia a clase nas circunstancias establecidas no punto 2, o alumnado ao que lle sexa de aplicación, deberá:
a) Entregar traballos individuais relacionados cos distintos puntos do temario e acordados con antelación co profesorado (60% da cualificación).
b) Realizar unha tarefa final (40% da cualificación).
Para obter cualificación final positiva débese ter unha cualificación en cada apartado que supoña o 50% correspondente
Este alumnado deberá poñerse en contacto coa coordinadora da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservarase a cualificación obtida no apartado de participación da primeira oportunidade e poderase recuperar os traballos e a tarefa final individual coa ponderación que proceda.
Atendendo ao desenvolvemento dos contidos do programa e á metodoloxía, os 9 créditos cos que conta a materia no actual plan de estudos corresponderíanse con 225 horas de carga de traballo para os estudantes. Delas 62 corresponderían a horas presencias (incluíndo clases teóricas, análise e debates de documentos, traballos grupais dirixidos, traballos individuais, titoría e exame) e 163 a traballo autónomo do alumnado.
Tendo en conta a ponderación das actividades de avaliación e os criterios para a súa valoración, é fundamental que os estudantes:
- Asistan á clase con regularidade ou sigan todas as clases virtuais na plataforma que se recomende pola Facultade .
- Participen activamente na aula ou na plataforma.
- Revisen os documentos e as fontes que se indiquen.
- Cumpran de forma sistemática coas encomendas que se vaian facendo.
- Dediquen no día a día algún tempo ao traballo autónomo sobre a materia.
- Apliquen nos seus escritos as propiedades textuais e as fases de produción textual, xa que forman parte esencial do proceso de ensino desta actividade lingüística en calquera idioma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
UTILIZACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o uso da conta rai así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS:
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Paula Rodriguez Abruñeiras
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- ext.12077
- Correo electrónico
- paula.rodriguez.abruneiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sandra Rodriguez Nieto
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- sandrarodriguez.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
26.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |