Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psicoloxía Social, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer a importancia dos factores económicos, sociais, culturais, e ambientais que condicionan os hábitos de vida saudables e as condutas de risco
• Analizar a importancia dos hábitos de vida saudables sobre a calidade de vida persoal e social
• Identificar os factores e condutas de risco que dificultan a adopción de hábitos de vida saudable.
• Deseñar e analizar estratexias de intervención e prevención nas distintas condutas de risco con colectivos especialmente vulnerables.
• Deseñar intervencións preventivas de promoción de hábitos saudables
Tema I: As desigualdades en saúde: Indicadores e determinantes sociais das desigualdades en saúde.
Tema II: Hábitos de vida e saúde: Alcohol, tabaco e outras condutas aditivas, exercicio físico e dieta.
Tema III: Bases conceptuais e modelos teóricos da promoción de hábitos de vida saudables. Modelo biomédico, informativo, crenzas de saúde, persuasivo- motivacional e pragmático ou multifactorial.
Tema IV: Estratexias de prevención e intervención: estratexias persoais ( autocuidado, fortalecemento da autoestima e desenvolvemento de habilidades de afrontamiento), relacionales e participación social e comunitaria.
Tema V: Promoción de hábitos saudables na escola e a comunidade. Estratexias institucionais: a construción de políticas públicas enfocadas aos hábitos saudables. Experiencias de boas prácticas
Tema VI: Deseño e avaliación de programas de hábitos saudables na escola e na comunidade
Bibliografía básica:
Díaz Olalla J. M. (Dirección técnica); Benítez Robredo M. T., Rodríguez Pérez M., y Sanz Cuesta M. R. (Coordinación). Estudio de Salud de la Ciudad de Madrid 2018. Madrid Salud, Ayuntamiento de Madrid; 2020.
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, Delgado Rodríguez M et al. Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona:Elsevier- Masson; 2015.
Health promotion glossary of terms 2021. Geneva: World Health Organization; 2021. Licence: CC BY-NC-SA 3.0IGO
Marks, D. F., Murray, M., & Estacio, E. V. (2020). Health Psychology: Theory, Research and Practice.
Marmot M. Review of social determinants and the health divide in the WHO European Region: final report. Copenhagen: WHO Regional Office for Europe; 2013.
Rodríguez Marín, J. (1995). Psicología Social de la Salud. Madrid: Síntesis.
Rodríguez Marín, J. (Comp.). (1995). Aspectos psicosociales de la Salud y de la Comunidad. Barcelona: PPU.
Segura Del Pozo J. Desigualdades sociales en Salud: Conceptos, estudios e interpretaciones. Bogotá: Universidad Nacional de Colombia; 2013.
Stroebe. (2011). Social psychology and health (3.o/.a edição). Open University Press.
Valls-Lllobet, Carmen (2009). Mujeres, salud y poder. Ediciones Cátedra.
Valls-Llobet, Carmen (2018). Medioambiente y salud. Mujeres y hombres en un mundo de nuevos riesgos. Ediciones Cátedra.
BÁSICAS E XERAIS:
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
TRANSVERSAIS:
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
ESPECÍFICAS:
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
• Lección-explicación. A Lección maxistral utilizarase para a explicación dos contidos teóricos. Constitue unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios personais e audiovisuais. Estas leccións estructuranse en catro partes: introdución, desenvolvemento, conclusións e debate, para explicar e aclarar os concetos clave tanto teóricos como prácticos. As sesións maxistrais realizaranse con todo o grupo clase co fin de o alumnado domine os principios e conceptos traballados e adquira unha cultura argumentativa que lle axudará a resolver as partes teóricas do proxecto que deben realizar.
• Lectura e análise de textos e documentos. Realizaranse comentarios de textos de lecturas breves orientados a plasmar ás veces por escrito, ás veces de forma oral todas as claves que permiten a comprensión plena dun documento.
• Taller/Seminario. Organizaranse dous seminarios monográficos sobre algunhas das estratexias de intervención para facilitar a comprensión do contido e a interdisciplinariedad que se produce no ámbito da saúde.
• Aprendizaje por proyectos (PBL). Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning (PBL). Tratase dunha metodoloxía didáctica que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuio obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto diseñado polo profesor.
Seguindo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por proxectos é o seguinte: * Planificación da investigación* Selección do tema * Recollida da información * Aplicación* Análise de datos * Informe * Seguimento e avaliación. O proxecto consistirá na elaboración dun programa de intervención que se realizará individualmente ao longo do curso.
Valoración continua de actividades: 50% (participación en interactivas e informes individuais)
Valoración de informes, trabajos y exposiciones: 50% (proposta de PHVS).
Clases expositivas
Horas: 10
Presencialidade: 100%
Clases interactivas de seminario
Horas: 7
Presencialidade: 100%
Realización de traballos
Horas: 3
Presencialidade: 100%
Exposición de traballos
Horas: 3
Presencialidade: 100%
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos
Horas: 1
Presencialidade: 100%
Traballo persoal do alumno
Horas: 51
Presencialidade: 0%
Francisco Caamaño Isorna
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 981951196
- Correo electrónico
- francisco.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Concepcion Fernandez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813893
- Correo electrónico
- concha.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |