Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 39 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 20 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender os obxectivos e características dos diferentes tipos de documentos que a empresa emprega para suministrar información a terceiros. Asismesmo, preténdese a familiarización do estudantado coas técnicas de investigación e diagnóstico da situación económico-financeira da empresa, para comprender como a partir dos estados contables publicados, xunto con outras informacións, e co emprego de diferentes instrumentos, é posible poñer de manifesto datos de interese para a toma de decisións.
1. A NORMATIVA CONTABLE E O SISTEMA DE INFORMACION CONTABLE
1.1. Conceptos
1.2. Usuarios
1.3. Normalización
2. ESTADOS CONTABLES
2.1. Información financeira e non financeira
2.2. Contas Anuais do Plan Xeral Contable (xeral e de pemes):
2.2.1. Balance
2.2.2. Conta de perdas e ganancias
2.2.3. Estado de cambios de patrimonio neto
2.2.4. Estado de fluxos de efectivo
2.2.5. Memoria
2.3. Outros informes contables
3. ANÁLISE CONTABLE E RELACIÓNS LABORAIS
3.1. Análise patrimonial e da situación financeira
3.1.1. Liquidez e solvencia
3.1.2. Equilibrio financeiro
3.2. Análise económica
3.2.1. Rendibilidade económica e financeira
3.3. Valor engadido e a súa repartición
BÁSICA:
- ARCHEL, P.; LIZARRAGA, F.; SÁNCHEZ, S.; CANO, M. (2018): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. 6ª Ed. Pirámide: Madrid.
- MUÑOZ MERCHANTE, A. (2009): Análisis de estados financieros. Ediciones académicas: Madrid
- PALOMARES, J e PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide: Madrid.
- RIVERO TORRE, P. (2009): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed Pirámide: Madrid.
COMPLEMENTARIA:
- LLORENTE, J. (2017). Elaboración y presentación de informes económico-financieros y reporting. Madrid: Centro de Estudios Financieros
- RODRÍGUEZ, L. (2012). Análisis de estados financieros: un enfoque en la toma de decisiones. México: McGraw-Hill
- SORIANO, M.J.; AMAT, O. (coord.) (2010). Introducción a la contabilidad y las finanzas. Barcelon: Profit
- LEV, B., GU, F. (2016). The end of accounting and the path forward for investors and managers. Wiley
Capacidade para intepretar a información contida nos estados contables.
Capacidade para analizar a calidade da información contida nos estados financeiros.
Desenvolver destrazar na utilización de diferentes técnicas de análise co fin de extraer información que permita formarse un xuizo sobre a situación económico-financeira da empresa.
O ensino desta materia levarase a cabo dende dúas vertentes: teórica e práctica; ambas as dúas de modo coordenado e paralelo.
Na vertente teórica explicarase o contido do programa, como esquema conceptual da parte práctica. En cada tema do programa farase unha exposición dos conceptos sobre os que o alumno ha de ter coñecemento, podendo tomar as notas que considere necesarias para a aprendizaxe deste. A bibliografía específica da materia serviralle tamén de base para forxar eses saberes. Adicionalmente, se o profesor o considera conveniente, poñerá á súa disposición apuntamentos na aula virtual.
Na vertente práctica, para efectos explicatorios, realizaranse exercicios sobre cada cuestión teórica abordada. Estes exercicios poñeranse a disposición do alumno por medio da aula virtual. Algúns deles serán resoltos na clase e outros deberá solucionalos no seu tempo de estudo persoal.
Así mesmo, no horario de titorías, facilitaranse as explicacións teóricas e prácticas que sexan necesarias para a comprensión e adquisición das destrezas necesarias por parte do alumno, lle permitan que superar a materia e alcanzar os obxectivos desta.
A avaliación da materia lévase a cabo a través da evaluación continua e dunha proba teórico-práctica final.
A avalización continua terá un peso do 30% da cualificación final e consistirá na realización de actividades diversas na aula: entrega de exercicios, búsqueda e análise de información... A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
A proba teórico-práctica final terá un peso de 7 puntos na nota final. O estudantado deberá acadar un mínimo de 2,8 puntos nesta proba.
A calificación final se determina mediante a adicción da nota correspondente ao exame final a nota obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma deberá ser superior de 5 ou superior.
Aconséllase ao alumno que empregue, polo menos, o mesmo número de horas de clase ao estudo individualizado da materia impartida en cada clase.
Recoméndase ao alumno a asistencia a clase, a atención á materia analizada nela, e a comprensión e estudo desta ao mesmo ritmo que esta vaise desenvolvendo. Así mesmo, no tempo de estudo individualizado, o alumno deberá reforzar os seus coñecementos coa consulta ao manual ou manuais que elixa e realizar aqueles exercicios que se lle facilitasen para a súa resolución e entrega posterior ao profesor.
Ante calquera dúbida sobre calquera cuestión (teórica ou práctica), o alumno debe acudir ao profesor no horario de titorías.
Sugey De Jesus Lopez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- sugeydejesus.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
19.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
08.07.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |