Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Profesores
María José Servia García
Correo electrónico: maria.servia [at] udc.es (maria[dot]servia[at]udc[dot]es)
Despacho: Facultade de Ciencias, 4º andar
Teléfono 881012161
José Antonio Cortés Vázquez
Correo electrónico: j.a.cortes [at] udc.es (j[dot]a[dot]cortes[at]udc[dot]es)
Despacho: Facultade de Socioloxía, 2º andar, Módulo III
Teléfono 881014835
Obxectivos da materia
● Comprender a relación entre a sociedade humana e a biodiversidade.
● Coñecer os diferentes puntos de vista sociais sobre a conservación da biodiversidade.
● Familiarizarse coas técnicas de investigación que indagan na relación entre sociedade e medio ambiente.
A materia divídese en dúas partes fundamentais. Por unha banda, o alumnado familiarizarase con algúns principios básicos da relación entre o medio ambiente e a sociedade. Abarcaremos conceptos de ecoloxía humana, ecoloxía política, economía ecolóxica e socioloxía ambiental. A continuación, afondaremos nas formas de xeración de coñecemento que caracterizan as ciencias sociais e nas vías de diálogo multidisciplinar coa bioloxía e a ecoloxía. Completamos o curso cun exercicio práctico aplicando estes coñecementos para resolver problemas específicos relacionados coa conservación da biodiversidade.
Razmig Keucheyan (2016) La naturaleza es un campo de batalla.
Ensayo de ecología política. Madrid: Clave Intelectual.
Mark Vellend (2014) The value of biodiversity: a humbling analysis. Trends in Ecology & Evolution 29:138-139.
Básicas e xerais:
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre.
CG03 – Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuir ao análise e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CG05 - Contribuír ao desenvolvemento do coñecemento no ámbito da biodiversidade terrestre.
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemente e/ou aplicación de ideas, con frecuencia nun contexto de investigación.
CB10 - Que os estudantes posuan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abordar situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
Específicas:
Coñecer os factores sociais e económicos implicados na conservación da biodiversidade.
A materia incluirá clases maxistrais, talleres e trabajos tutelados.
A avaliación basearase na realización dun traballo propio do alumno que permita demostrar o aproveitamento da materia, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.