Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 10 Total: 28
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Óptica, Área externa M.U en Ciencia e Tecnoloxía de Información Cuántica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia proporciona ó alumno os aspectos fundamentais da metroloxía cuántica e as súas diferentes tecnoloxías físicas para o seu uso e aplicación en problemas de medida e sensores. Abórdanse diferentes tecnoloxías moi prometedoras como fotónica, estado sólido e supercondutividade, e abórdanse tamén sistemas e aplicacións máis complexas como reloxos ópticos, redes neuronais cuánticas, etc.
O alumnado que curse esta materia adquirirá coñecementos correspondentes aos seguintes ítems da memoria do título:
CON_05: Coñecer a teoría cuántica da información, as limitacións universais e as súas implicacións para a informática, as comunicacións e a metroloxía.
CON_07: Coñecer a óptica cuántica e o papel e as propiedades da luz e a súa manipulación no procesamento da información e as comunicacións cuánticas.
-Metroloxía óptica cuántica: detección fotónica e detección homodina e heterodina.
-Interferometría de Mach-Zehnder (MZ) e superación do límite clásico na resolución de fase.
-Estados NOON para litografía subdifractiva e microscopía.
-Interferometría óptica con estados comprimidos e interferometría multiparamétrica en MZ.
-Introdución á imaxe cuántica.
-Estimación de parámetros. Métrica de Fisher, límites de Heisenberg (LH) e Cramer Rao,...
-Metroloxía cuántica en estado sólido e supercondutividade: centros de nitróxeno-vacante, efecto Hall, SQUIDs,...
-Sistemas e Aplicacións: Sistemas de reloxo óptico (Ion+Oscilador-Local+Peite-Óptico), sistemas de redes neuronais fotónicas, etc.
Básica:
-- Notas de clase (disponibles en el aula online de la asignatura en el campus virtual)
-- M. Fox 'Quantum optics. An introduction' , Oxford University Press, 2006.
-- D.S. Simon, G. Jaeger and A.V. Sergienko, 'Quantum Metrology, Imaging, and Communication', Springer 2017.
-- H.M. Wiseman and G.J. Milburn, Quantum measurement and control
-- P. Kok and B.W. Lovett, Introduction to Optical Quantum Information Processing
Adicional:
-- P.-A. Moreau et al., Imaging with quantum states of light, Nature Reviews Physics Vol 1, 367 (2019)
O alumnado que curse esta materia reforzará os hábitos de pensamento crítico e creativo, habilidades comunicativas e habilidades de traballo colaborativo que se sinalan na memoria de verificación do título (HD0,HD1,HD2,HD3). Así mesmo, traballaranse as competencias básicas (CB1-CB5), xerais (CG1-CG4) e transversais (CT1-CT8) que se sinalan na dita acta de verificación do título. Finalmente, o alumnado adquirirá nas competencias específicas desta materia:
CE3 - Comprensión e coñecemento dos fundamentos da Teoría Cuántica da Información, así como dos aspectos básicos dos catro tipos de tecnoloxías cuánticas: informática, comunicacións, metroloxía, simulación.
A docencia será impartida por profesores da USC (60%) e da UVigo (40%).
Utilizarase tanto unha metodoloxía expositiva como unha interactiva, sendo a primeira predominante nas clases teóricas e a segunda nas prácticas. Para a realización dos traballos avaliables empregarase o caso práctico e/ou o traballo autónomo do alumno.
Haberá unha plataforma virtual onde se fará accesible material formativo esencial e complementario.
Para titorías é recomendable pedir cita previa.
De acordo coas marxes establecidas na memoria do título, o sistema de avaliación combinará:
1.- Exames finais ou parciais 30%
2.- Avaliación continua 20%
3.- Realización de traballos 30%
4.- Exposición oral e defensa do mesmo 20%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a "Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións" da USC.
Clases teóricas: 15 horas (9 impartidas pola USC e 6 pola UVigo)
Clases prácticas: 10 horas (6 impartidas pola USC e 4 pola UVigo)
Traballo persoal do alumno: 47 horas.
Titorías: 3 horas
Total: 75 horas
Xesus Prieto Blanco
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |