Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Formación básica na caracterización das ondas sonoras e nas súas propiedades de propagación
- Fundamentos da audición do son, tanto dende o punto de vista fisiolóxico coma dende o psicolóxico (percepción)
- Introdución á acústica arquitectónica e á acústica ambiental
Magnitudes acústicas: Impedancia acústica. Intensidade acústica. Atenuación. Nivel de intensidade. Nivel de Presión. Nivel de potencia. Superposición de ondas sonoras
Reflexión e Transmisión: Condicións de fronteira. Coeficiente de absorción de potencia. Resonancia. Materiais e dispositivos absorbentes
Análise do son: Mostraxe dixital. Reconstrución de sinais. Filtrado de sinal. Resoadores. Análise en bandas de frecuencia
Propagación do son: Factores que inflúen na propagación. Fontes puntuais estacionarias. Fontes puntuais en movemento. Fontes lineais e superficiais
Acústica fisiolóxica e psicolóxica: Propiedades mecánicas do oído. Mecanismo da audición. Percepción sonora. Albores auditivos. Niveis de sonoridade. Ton e timbre dun son. Enmascaramento. Audición binaural
Acústica arquitectónica: Modos propios de vibración dun recinto. Función de transferencia dunha sala. Campo difuso. Tempo de reverberación. Modelos de cálculo do tempo de reverberación
Acústica ambiental: Sonómetros. Medida de niveis sonoros ambientais. Lexislación sobre protección ante a contaminación acústica. Illamento acústico de recintos. Pantallas acústicas
-AVILÉS LÓPEZ, Rodrigo; PERERA MARTÍN, ROCÍO. Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Ediciones Paraninfo, SA, 2017.
-BIES, David A.; HANSEN, Colin H. Engineering noise control: theory and practice. CRC press, 2003.
-LLINARES GALIANA, Jaime; LLOPIS REYNA, Ana; SANCHO VENDRELL, Francisco Javier. Acústica arquitectónica y urbanística. Colección Académica. Editorial UPV, 1996. .
-RECUERO LÓPEZ, Manuel Recuero. Ingeniería Acústica, Editorial Paraninfo. 1999.
-WALKER, John Gerard; FAHY, Frank J. (ed.). Fundamentals of noise and vibration. Spon Press, 1998.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser
en gran medida autodirixido ou autónomo
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos stándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións
científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE12 - Proporcionar unha formación especializada, nos distintos campos que abarca a Física Fundamental: desde a física medioambiental, a física de fluídos ou a acústica ata fenómenos cuánticos e de radiación coas súas aplicacións tecnolóxicas, médicas, etc.
CE13 - Dominar ferramentas interdisciplinares, tanto a nivel teórico como experimental ou computacional, para desenvolver con éxito calquera actividade de investigación ou profesional enmarcada en calquera campo da Física.
Os temas teóricos exporanse en clases maxistrais, utilizando todos os medios audiovisuais dispoñibles. As clases de seminario utilizaranse na realización de exercicios e na discusión de temas específicos de aplicación. Activarase unha Aula Virtual na plataforma Moodle do Campus Virtual da USC á que se subirá información de interese para alumnas e alumnos, así como os recursos necesarios para o estudo da materia (apuntamentos, documentos específicos e direccións web).
A avaliación da materia estará composta por:
- Asistencia a clases interactivas (20%)
- Presentación de boletíns de exercicios (50%)
- Redacción e exposición de traballos (30%)
O alumnado que non acceda ao sistema de avaliación continua será avaliado mediante un exame final composto por 3 exercicios (100%).
O traballo de aula se desglosa en 20 horas de clases expositivas, 10 horas de seminários e 1 hora de titoria.
Recomenda-se que cada estudante dedique 44 horas adicionais de traballo persoal.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumnado infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Maria Encina Calvo Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- encina.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
01.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |