Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Física de Partículas
Áreas: Física Aplicada, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é proporcionar aos estudantes unha visión práctica e experimental das propiedades e estrutura da materia tanto a nivel macro como micromolecular. Cada tema introducirase cubrindo a teoría fundamental detrás das técnicas experimentais e analíticas usadas nos laboratorios. Os alumnos familiarizaranse cun número importante de técnicas e instrumentos de caracterización da materia. Aprenderán a analizar e interpretar os datos obtidos. Tamén aprenderán as fortalezas e debilidades dos diferentes procesos e técnicas. A vinculación das diferentes técnicas experimentais en torno a un tema central (a materia), permitirá aos estudantes obter unha mellor comprensión das relacións estrutura-propiedade da materia.
Métodos térmicos. Introdución e aplicación da análise térmica. Termogravimetría (TGA). Análise térmica diferencial (DTA). Calorimetría Diferencial de varrido (DSC). Análise termo-mecánico (TM).
Espectroscopias moleculares ópticas. Espectroscopia infravermella (IR) visible e ultravioleta (UV). Espectros de absorción infravermella. Espectrofotómetro infravermello dispersivo. Espectrofotómetro infravermello por transformada de Fourier (FTIR). Espectro de absorción non visible e ultravioleta. Fluorescencia e fosforescencia. Espectroscopia Raman.
Espectroscopias atómicas. Espectroscopias de emisión e de absorción atómicas. Espectroscopia de fluorescencia de raios X. Espectroscopia de fotoluminiscencia de raios X (XPS). Resonancia magnética nuclear.
Métodos de difracción. Conceptos básicos. Difracción de raios X. Difracción de electróns. Difracción de neutróns.
Métodos microscópicos. Microscopia de ángulo de Brewsted (BAM). Microscopía electrónica de varrido (SEM). Microscopía electrónica de transmisión (TEM). Microscopia confocal. Microscopía por efecto túnel (STM). Microscopía de forza atómica (AFM).
Propiedades mecánicas. Viscosidade e reoloxía.
Propiedades eléctricas e magnéticas. Condutividade eléctrica, efecto Hall, magnetorresistencia, e técnicas de medida da susceptibilidade magnética AC e DC.
No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, se esta en proceso de solicitar adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por iso o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico poderase atopar en formato electrónico na biblioteca da USC cando estean dispoñibles.
Bibliografía Básica:
- Introducción a la Ciencia de Materiales: Técnicas de preparación y caracterización. Albella, J. M; Cintas, A. M.; Miranda, T.; Serratosa, J. M. Editorial CSIC, 1993.
Bibliografía Complementaria:
-Theory of Calorimetry. W Zielenkiewicz, E Margas. Kluwer Academic Publishers, 2004.
-The structure and rheology of complex fluids. R. G. Larson.Oxford University Press, 1999.
- Fundamentals of crystals: symmetry and methods of structural crystallography, B.K.Vainshtein (Springer, 1994)
- Introducción a la física del estado sólido, Charles Kittel (Reverté, 1993)
- Scanning electron microscopy: physics of image formation and microanalysis, L. Reimer, (Springer, cop. 1998)
- The operation of transmission and scanning electron microscopes, D. Chescoe (Oxford, 1990)
- Scanning tunneling microscopy and related methods. Eds.: R.J. Behm et al. (Kluwer, 1990)
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE08 - Adquirir un coñecemento en profundidade da estrutura da materia no réxime de baixas enerxías e a súa caracterización..
CE09 - Dominar o conxunto de ferramentas necesarias para que poida analizar os diferentes estados en que pode presentarse a materia.
En resumo, ao finalizar esta disciplina o alumno debería ser capaz de seleccionar e aplicar de forma correcta as ferramentas experimentais adecuadas para a análise e caracterización de diferentes materiais
Durante as clases de teoría explicaranse os conceptos básicos que haberán de ser desenvoltos en profundidade polos alumnos nas clases de problemas e nas prácticas. Os estudantes teñen que participar activamente no proceso docente estando asesorados desde o principio polo profesor. Nas clases interactivas exporáselles a análise dun fenómeno ou a obtención duns resultados e deben de buscar a metodoloxía máis adecuada realizar as análises e contrastar a bondade dos resultado obtidos. Posteriormente deberán discutir co profesor e resto de compañeiros os resultados alcanzados.
O sistema de avaliación basearase na avaliación continua, que consistirá na realización de varios traballos que se propoñerán nas clases ou nas plataformas habilitadas.
A cualificación do alumno na primeira oportunidade corresponderá á media ponderada das cualificaciones obtidas nos traballos da avaliación continua.
Os alumnos que non superen a cualificación da avaliación continua poderán presentarse ao exame oficial correspondente
Docencia teórica 13 h
Docencia interactiva 2 h
Docencia práctica de laboratorio 15 h
Tutorización individual do alumnado 1 h
Traballo persoal do alumnado e otras actividades 44 h
Son necesarios coñecementos previos de física, química e química-física.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, requirirán de cita previa.
Jesus Manuel Mosqueira Rey
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814025
- Correo electrónico
- j.mosqueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Manuel Ruso Veiras
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814042
- Correo electrónico
- juanm.ruso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Taboada Antelo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814111
- Correo electrónico
- pablo.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 7 |
09.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |