Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos específicos desta materia son, que o alumno:
- Adquira os coñecementos de como utilizar dous parámetros mais relevantes dá luz para implementar sistemas ópticos que posibiliten a realización medidas de alta resolución na orde de magnitude requirido .
- Adquira os fundamentos das técnicas ópticas de medida e as súas características específicas que lle permitan implementar o procedemento mais adecuado para cada tipo de aplicación
Metroloxía Interferométrica: Fundamentos e requisitos das técnicas interferométricas. Formación e procesado de franxas. Tomografía de Coherencia Óptica. Sensores interferométricos en guias ópticas e de fibra óptica. Aplicacións en biomedicina e nanofotónica.
Interferometría Holográfica. Principios e requirimentos experimentais. Medidas de desprazamentos e deformacións 3D. Holografía dixital. Medida de Vibracións.
Interferometría Speckle. Orixe e propiedades estatísticas do speckle. Interferometría de correlación de speckle. Medidas dimensionaies. Interferometría Shearing de speckle. Medidas de deformación. Aplicacións industriais e biomédicas.
Sensores de fronte de onda Información contida nas frontes de onda. Sensores de gradiente de fase (Shack-Hartmann). Aplicacións (Inclúe Óptica adaptativa)
-Handbook of Optical Metrology. Principles & Applications…..T. Yoshizawa . CRC Press..2009
-Digital shearography : New Developments and Application. L. Yang and X. Xie SPIE.2016
-Handbook of holographic interferometry : optical and digital methods / T. Kreis
Wiley-VCH 2005
-Algúns conceptos básicos de radiometría e fotometría………..J.R. Flores Seijas . Unidades Didácticas Univ. Santiago de Compostela 2013
-Handbook of Optical Sensors………Edt. J.L. Santos & F. Farahi. CRC Press 2015
-Optical Fiber Sensors . Advanced Techniques and Applications. G. Rajan Edt. CRC Press. 2015
-Introduction to Wave Front Sensors. J.M. Geary. Tutorial Texts in OE . SPIE. 1995
Recursos bibliográficos na rede
-No material docente elaborado polo(s) profesor(es) sobre "Metroloxía e Sensores Fotónicos" ubicado no Campus Virtual (Moodle) hai ligazóns a páxinas web, applets-java, etc.
-Adaptative Optics Progress. R. Tyson. Libro en rede en aberto https://www.intechopen.com/books/adaptive-optics-progress
XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE10 - Comprender e asimilar tanto aspectos fundamentais como máis aplicados da Física da luz e a radiación.
CE11 - Adquirir coñecementos e dominio das estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación.
A materia desenvolverase en horas de clase expositivas, utilizando medios audiovisuais e demostracións experimentais para completar a comprensión de contidos. Ao estudante facilitaráselle material por escrito dos contidos teóricos así como referencias bibliográficas adecuadas a cada tema. As clases de seminario destinaranse á resolución de problemas e exposición de traballos en grupo.
O alumno dispoñerá das horas de titorías correspondientes.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
A avaliación continua consistirá dunha combinación de:
Actividade avaliable.....................................................Peso en cualificación final
Informe e exposition dun traballo sobre contido específico.........50 %
Problema que soluciona.........................................................30 %
Participación en seminarios.....................................................20 %
En calquera caso e de acordo con regulacións actuais todos os estudantes terán dereito a realizar un exame final
-Tempo de estudo/Trabajo personal:
1.-Horas presenciais:
-Expositiva/Interactiva: 30 horas
-Avaliación: 2 horas (exame)
2.-Horas non presenciais:
-Traballo persoal e outras actividades: 42 horas
-Tutorias:1 hora
3.-Traballo total do alumno : 75 horas
-Recoméndase repasar os conceptos básicos Optica I e II , Tecnoloxía do Láser, Materiais fotónicos, Óptica Integrada, Fibras Ópticas e Comunicacións -
-Recoméndase un estudo ao día da materia (teoría e exercicios) para o seu adecuado seguimento, así como non memorizar a materia senón atender á súa comprensión .
-Recoméndase cursar as materias de Técnicas experimentais en fotónica , dado o alto contido de aplicacións prácticas de ambas, nas que se comparten instrumentación e técnicas especificamente ópticas.
-Facer uso da bibliografia recomendada tanto de teoría como de problemas
-Facer uso das tutorías preferentemente telemáticas previa cita.
Eva Maria Acosta Plaza
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813511
- Correo electrónico
- eva.acosta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |