Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Electromagnetismo
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Resultados da aprendizaxe:
Nesta materia o alumno deberá adquirir os conceptos fundamentais e tecnolóxicos relacionados coa transmisión de enerxía electromagnética entre dous puntos do espazo. Farase especial fincapé na transmisión direccional, en espazo libre, mediante antenas e na transmisión confinada mediante unha estrutura de guiado que minimice as perdas de radiación.
As competencias específicas da materia serían as seguintes:
- Comprender os conceptos básicos da teoría de antenas (potenciais retardados, relacións campo/fonte, diagramas de radiación, nivel de lóbulos laterais, directividade e teorema de reciprocidade).
- Caracterizar os elementos radiantes máis habituais (dipolos, hélices e parches).
- Introducir o concepto de agrupación de antenas e a resolución de problemas de síntese.
- Discutir a ecuación Eikonal para a análise e síntese de antenas reflectoras.
- Revisar a teoría das liñas de transmisión.
- Comprender o cálculo de campos para unha estrutura de guiado.
- Caracterización de guías de onda rectangulares e circulares.
- Resolución de problemas de adaptación mediante a carta de Smith.
- Introdución e caracterización das cavidades resonantes.
BLOQUE DE RADIACIÓN
1. Relacións fonte/campo dun elemento radiante illado.
2. Elementos radiantes de tipo I: dipolos, lazos e hélices.
3. Elementos radiantes de tipo II: buciñas, rañuras e parches.
4. Agrupacións lineais e bidimensionais de antenas: análise e síntese.
5. Antenas reflectoras.
BLOQUE DE PROPAGACIÓN
6. Estruturas guiantes rectilíneas.
7. Transformación de impedancia e métodos de adaptación.
8. Perdas dieléctricas e óhmicas en estruturas rectilíneas.
BLOQUE DE RADIACIÓN
- C. A. Balanis, "Antenna Theory. Analysis and Design", Second Edition, John Wiley & Sons, New York, 1997.
- A. Cardama, L. Jofre, J. M. Rius, J. Romeu, S. Blanch, M. Ferrando, "Antenas", Edicions UPC, Barcelona, 2002.
- R. S. Elliott, "Antenna Theory and Design, Revised Edition", John Wiley & Sons, New Jersey, 2003.
- W. L. Stutzman, G. A. Thiele, "Antenna Theory and Design", Second Edition, John Wiley & Sons, New York, 1998.
- J. D. Kraus, R. J. Marhefka, "Antennas. For All Applications", Third Edition, McGraw-Hill, New York, USA, 2002.
BLOQUE DE PROPAGACIÓN
- Elliott, R. S., "An Introduction to Guide Waves and Microwave Circuits", Prentice-Hall International, Inc., New Jersey, 1993.
- Collin, R. E., "Foundations for Microwave Engineering", McGraw-Hill, Inc., New York, 1992.
- D. M. Pozar, "Microwave Engineering", 2ª Ed., New York: John Wiley & Sons, 1998.
Apuntes subidos ao curso virtual.
Entre as competencias específicas cabe destacar:
- Adquiri-los coñecementos básicos para a caracterización dos sistemas radiantes que permitan o deseño de antenas de microondas para aplicacións radar e de comunicacións inalámbricas (facendo fincapé na comunicación por satélite, na telefonía celular e nas redes locais inalámbricas).
- Adquiri-los coñecementos básicos da propagación de campos en liñas de transmisión e guías de ondas que permitan o deseño de sistemas de comunicación con fíos así como da rede de alimentación de antenas.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
A materia desenrolarase en horas de clase maxistrais, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer (encerado, transparencias e cañón de vídeo) e que fagan interesante e formativa a materia para o alumno. Entregaráselle ó estudante todo o material necesario para o estudo da materia. O alumno disporá das horas de titorías correspondentes.
A asistencia a clase será obrigatoria e a avaliación será continua e realizarase mediante a entrega de boletíns de exercicios e/ou un traballo monográfico dun tema novidoso da bibliografía de antenas para o curso.
Haberá tamén un exame final, na data proposta polo decanato, para aqueles alumnos que non haxan superado a avaliación continua ou que decidan subir nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividade avaliable:
- Boletíns => Peso na nota de ata un 40 %
- Traballo => Peso na nota de ata un 60 %
Distribución de horas:
Teoría: 20h
Seminarios: 10h
Titorías: 1h
Traballo persoal e outras actividades: 44h
Traballo total do alumno: 75h
Non hai ningunha recomendación explícita.
Francisco Jose Ares Pena
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814016
- Correo electrónico
- francisco.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Antonio Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814030
- Correo electrónico
- ja.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |