Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 6 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudante debe adquirir coñecementos sobre mostraxe ambiental e debe ser capaz de deseñar un plan de mostraxe.
Ao finalizar esta materia debe ser capaz de seleccionar as técnicas analíticas máis adecuadas para o problema ambiental a estudar, tanto para a análise de mostras discretas, como para a monitorización continua
Os contidos desenvolvidos no curso son os contemplados nos descritores da materia no plan de estudios:
Mostraxe: programas e redes. Instrumentación utilizada en análise ambiental: técnicas espectroscópicas e cromatográficas. Sensores para control ambiental. Sensores remotos. Bioindicadores ambientaies.
Programa
Tema 1.- Mostraxe: programas e redes.
Plans e protocolos de mostraxe. Estratexias de mostraxe. Mostraxe de distintas matrices (augas, solos e sedimentos, residuos, mostraxe atmosférico e en chemineas). Redes de vixilancia da contaminación atmosférica.
Tema 2.- Técnicas espectroscópicas utilizadas en monitorización ambiental. Espectroscopia de absorción molecular: UV-Vis, IR. Espectroscopia de emisión Molecular: fluorescencia, fosforescencia equimioluminiscencia. Espectroscopía atómica: absorción, emisión e fluorescencia. Aplicacións.
Tema 3.- Técnicas cromatográficas utilizadas en monitorización ambiental. Cromatografía de líquidos: tipos e aplicacións. Cromatografía de gases: aplicacións. Técnicas acopladas.
Tema 4.- Sensores para control ambiental.
Introdución. Clasificación dos sensores. Sensores ópticos. Sensores electroquímicos. Biosensores. Aplicacións.
Tema 5.- Sensores remotos.
Fundamento. Clasificación e configuracións dos sensores remotos. Sensores remotos de camiños integrados. Sensores remotos de resolución de recorridos. Aplicacións.
Tema 6.- Bioindicadores ambientais. Características. Toma e tratamento da mostra. Bioindicadores da calidade da auga e do aire. Exemplos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Zhang, C. Fundamentals of Environmental Sampling and Analysis. New Jersey: John Wiley & Sons, 2007. ISBN: 978-0-471-71097-4. (recurso accesible online a través do buscador Pórtico na biblioteca universitaria)
- Skoog, D.A., Holler, F.J. and Crouch, S.R. Principios de Análisis Instrumental (7ª Ed.) Cengage Learning, México (2018). ISBN: 978-6075266558. (Principles of Instrumental Analysis, recurso accesible online a través do catálogo Iacobus na biblioteca universitaria)
Se lles facilitarán aos estudantes as diapositivas preparadas pola profesora, vídeos e outros materiais complementarios.
WEBGRAFÍA
-LIBRETEXTS, Analytical chemistry, https://chem.libretexts.org/Core/Analytical_Chemistry, Última visita: 24/5/2024
-EPA, National Environmental Methods Index, https://www.nemi.gov/home/, Última visita: 24/5/2024
-Normas UNE, http://www.bugalicia.org.ezbusc.usc.gal/recursos/aenor/, Última visita: 24/5/2024
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- C. Munstasar y R. Kecili, Modern Environmental Analysis Techniques for Pollutants, Elsevier, Amsterdam, 2020. ISBN: 978-0-12-816934-6.
- A. Nigan, R. Gupta, Environmental analysis Laboratory Handbook, Hoboken (EEUU), John Wiley and Sons, 2020. ISBN 978-1-119-72480-3.
-Inamuddin, R. Boddula, A. M. Asiri, Green sustainable process for chemical and environmental engineering and science (Analytical Techniques for Environmental and Industrial Analysis), Elsevier, Amsterdam, 2021. ISBN: 978-0-12-821883-9.
- Keith, L.H. Environmental sampling and analysis. Michigan: Lewis Publishers, 1991. ISBN: 0-87371-381-8.
- C. Cámara, P. Fernández, A. Martín-Esteban, C. Pérez-Conde y M. Vidal. Toma y tratamiento de muestras. Madrid: Síntesis, 2004. ISBN: 84-7738-962-4.
- Popek, E.P. Sampling and analysis of environmental pollutants. Amsterdam: Academic Press, 2003. ISBN: 0-12-561540-X.
- Conklin, A.R. Field Sampling: principles and practices in environmental analysis. New York: Marcel Dekker, 2004. ISBN: 0-8247-5471-9.
- Banica, F.G. Chemical Sensors and Biosensors. Chichester: John Wiley, 2012. ISBN: 9780470710678.
- Alegret, S., del Vallem, M. y Merkoci., A. Sensores electroquímicos. Barcelona: Universitat Autónoma de Barcelona, 2004.
- Cattrall, RW. Chemical sensors. Oxford : Oxford University Press, 1997. ISBN: 0-19-850090-4.
- Townshed, A. Encyclopedia of Analytical Science. London: Academic Press, 2005.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se instruirá aos alumnos nas seguintes competencias:
COMPETENCIAS XERAIS
CG4. Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
CG6. Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional.
CG8. Valorar s dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos o pouco coñecidos dentro de contextos más amplos oe multidisciplinares relacionados coa súa área de estudio
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse a complexidade de formular xuízos a partir de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas a aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
CT2. Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares
CT4. Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE2. Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas
CE8. Analizar e empregar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
CE7. Operar con instrumentación avanzada para o análise químico e a determinación estrutural
A materia ten unha carga de traballo de 3 créditos ECTS, corresponde 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade _______Horas__________ Traballo persoal______ ECTS
Clases teóricas____16 ______________34_________________ 2
Seminarios _______6_______________13_________________0,7
Titorías grupo_____2_______________4__________________0,3
Total____________24_______________51 _________________3
A metodoloxía será a seguinte (Docencia presencial, 24 h):
• Clases expositivas e interactivas: Nas clases combinarase a exposición dos contidos teóricos da materia con exemplos. Ademais, nos seminarios tamén se analizarán casos prácticos, prepararanse os traballos, faranse exercicios e cuestionarios de avaliación (p.ex. uso de Moodle, Kahoot ou similar), etc
• Titoría Grupal: Os estudantes realizarán traballos relacionados coa monitorización e análise ambiental. Ditos traballos serán presentados nas clases de titorías grupais.
• Titorías individualizadas: Realizaranse en persoa ou mediante a plataforma MS Teams.
Nesta materia empregarase o Campus Virtual, a través do cal se lle proporcionará ao estudante o material necesario para o seguimento das clases tanto expositivas como interactivas. Ademais, cargaranse na aula virtual os traballos e presentacións realizados polos alumnos ao longo do curso.
O sistema de avaliación consistirá en:
- un exame final cun 55 % da nota final
- valoración dos traballos realizados ao longo do curso sobre diferentes temas relacionados co programa da materia, cun 20 % da nota final
-valoración do resultado de cuestionarios de avaliación e outros exercicios: 20 %
-valoración da asistencia a clase e participación nas actividades de docencia presencial e non presencial, cun 5% da nota final.
Estes porcentaxes se manteranse nas dúas oportunidades do exame. Poderá esixirse a entrega de materiais de avaliación continua para a segunda oportunidade. Os alumnos repetidores deberán someterse de novo a todo o proceso de avaliación.
No exame e nos traballos realizados no curso se avalíanse as seguintes competencias:
- Exame: CG4, CG8, CB7, CB8, CE2, CE8, CE7
- Traballos en aula: CG4, CG6, CG8, CB7, CB8, CB9, CT1, CT2, CT4, CE2, CE8, CE7
- Cuestionarios e/o outros exercicios: CG4, CG6, CG8, CB7, CB8, CB9, CT1, CT2, CT4, CE2, CE8, CE7
- Asistencia e participación na clase: CG6, CG8, CB7, CB8, CB9, CT1, CT2, CT4, CE8
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo necesario que debe dedicar o estudante para superar a materia, é como mínimo, a asistencia as clases teóricas e por cada clase teórica ou de seminario, unhas dúas horas de traballo persoal
- Asistencia e participación nas clases.
- Consulta da bibliografía recomendada
- Asistencia as titorías.
É recomendable que o estudante teña coñecementos adicionais como dominio do inglés para consultar a bibliografía da materia e coñecemento de aplicacións informáticas a nivel de usuario, así como de busca bibliográfica de información científica.
Ma Carmen Barciela Alonso
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814374
- Correo electrónico
- mcarmen.barciela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Maria Peña Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814264
- Correo electrónico
- elenamaria.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.12 |