Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 52 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as técnicas básicas e avanzadas nos campos da bioloxía molecular, celular e investigación con animais de laboratorio.
- Coñecer as posibles aplicacións das diferentes técnicas de manipulación da capacidade codificadora da célula na industria e a investigación.
- Comprender as bases da metodoloxía da investigación con animais en laboratorio
- Entender a relevancia que pode ter a elección dun organismo ou outro na investigación e/ou produción.
Contidos teóricos e interactivos (8 clases expositivas e 2 seminarios)
- Tema 1: Microorganismos de utilidade en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía. Cultivos microbiolóxicos. Técnicas básicas microbiolóxicas. Tipos de cultivos, medios, etc.
- Tema 2: Cultivo celular. Técnicas básicas de cultivo de células. Tipos de cultivos, medios, etc. Células nai, clonación de células e organismos.
- Tema 3: Técnicas de Enxeñaría Xenética. Manipulación e purificación de ácidos nucleicos.
- Tema 4: Reacción en cadena da polimerasa (PCR). Variantes e aplicacións prácticas.
- Tema 5: Expresión de proteínas recombinantes. Proteínas de fusión: usos. Métodos de expresión in vitro. Métodos de expresión en bacterias. Métodos de expresión en células eucariotas. Creación de liñas celulares que expresan unha proteína de interese.
- Tema 6: Técnicas básicas de purificación e análise de proteínas.
- Tema 7: Control da expresión xénica e edición xénica de células en cultivo: siRNA y CRISPR.
- Tema 8: Modelos animais. Animais transxénicos. Manipulación e obtención de imaxes en animais vivos: técnicas e aplicacións.
Contidos Prácticos
- Práctica 1: Purificación e análise de proteínas mediante SDS-PAGE. Clonaxe molecular. Xenotipado por PCR.
- Práctica 2: Purificación e análise de ácidos nucleicos. Dixestión de ADN con enzimas de restricción e análise mediante electroforesis en xeles de agarosa.
1.- Molecular Biology of the Cell, 5th ed, B. Alberts et al., Garland Science, 2014.
2.- Wilson and Walker´s Principles and Techniques of Biochemistry and Molecular Biology, 8th ed, A. Hofmann and S. Clokie, Cambridge University Press 2018.
Materiais adicionais: Todos os materiais preparados polos docentes encargados da materia estarán dispoñibles na aula virtual da materia no Campus Virtual da USC.
Compre recordar que dentro dos recursos electrónicos da BUSC existen dous de McGraw-Hill (Access Engineering e Access Medicina) e un de Wiley (Wiley Online Library – Books) nos que se poden atopar manuais e libros de interese e accesibles para o alumnado; o Servizo PRELO de Préstamo de libros electrónicos tamén ofrece un gran número de libros de calquera disciplina.
Básicas
CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto da investigación.
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razón últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10: Que os estudantes posúan as habilidades da aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Xerais
CG1: Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas prácticos no ámbito da investigación e a innovación no contexto multidisciplinar da química biolóxica e os materiais moleculares.
CG2: Saber aplicar o método científico e adquiran habilidades na elaboración dos protocolos necesarios para o deseño e avaliación crítica de experimentos químicos.
CG3: Ser capaces de debater e comunicar as súas ideas, de forma oral e escrita, a públicos especializados e non especializados (congresos, etc.) dun modo claro e razoado.
CG4: Ser capaces de comprender as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos na investigación, o desenvolvemento e a innovación na área da química biolóxica e os materiais moleculares.
CG5: Dispoñer das habilidades que lle permitan desenvolver un modo de estudo e aprendizaxe autónomo.
CG6: Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
CG7: Ser capaces de traballar en contornas multidisciplinares e colaborar con outros profesionais, tanto en ámbitos nacionais como internacionais.
CG8: Manexar a bibliografía científica avanzada de fontes primarias e adquirir as ferramentas necesarias para desenvolver a súa interpretación crítica, con capacidade de establecer a estado da arte (“ state of the art”) de liñas temáticas novas nos campos da química biolóxica e os materiais moleculares.
CG10: Ser capaces de desenvolver as diferentes etapas implicadas nunha investigación (desde concibir unha idea e facer unha procura bibliográfica ata a formulación dos obxectivos, o deseño do experimento, a análise dos resultados e a dedución das correspondentes conclusións).
Transversais
CT1: Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: organización, cooperación, potenciación de esforzos complementarios, saber escoitar, comunicación, flexibilidade e empatía.
CT2: Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT3: Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4: Aplicar os conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados coa Química Biolóxica e os Materiais Moleculares a contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos multidisciplinares.
CT5: Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT6: Ser capaces de adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar con iniciativa as tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes.
CT7: Demostrar razoamento crítico e autocrítico en busca da calidade e o rigor científico. Manexar as ferramentas informáticas e as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o acceso ás bases de datos científicas, contextualizando críticamente os precedentes en campos de investigación novos como a química biolóxica e/ou o desenvolvemento de novos materiais.
Específicas
CE1: Coñecer o impacto da química, a química biolóxica e os materiais moleculares na industria, o medio ambiente, a saúde, a agroalimentación e as enerxías renovables.
CE4: Coñecer e entender as ferramentas químicas e as técnicas analíticas que se usan na química biolóxica e os materiais moleculares.
CE5: Saber analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas.
CE6: Coñecer as bases fisicoquímicas dos procesos biolóxicos.
CE7: Que os estudantes adquiran coñecementos sobre as técnicas avanzadas na caracterización estrutural de macromoléculas, supramoléculas e coloides relevantes no ámbito da química biolóxica e os materiais moleculares.
CE8: Adquirir destreza técnica para levar a cabo a caracterización estrutural de moléculas, biomoléculas, supramoléculas e nanopartículas e na interpretación dos datos experimentais obtidos..
CE9: Operar coa instrumentación avanzada relacionada coa investigación en química biolóxica e os materiais moleculares.
CE11: Coñecer os conceptos básicos da Química Supramolecular, os tipos máis importantes de entidades supramoleculares, os métodos de caracterización, as súas modificacións e a súa aplicación en Ciencia e Tecnoloxía.
CE12: Coñecer as forzas de interacción débiles que dominan os procesos supramoleculares e que poidan aplicalas á obtención de novos materiais e funcións biolóxicas.
CE20: Saber programar e levar a cabo novos experimentos no laboratorio no campo da química biolóxica e/ou da ciencia de materiais, de forma autónoma e independente.
A ASISTENCIA A CLASE É OBLIGATORIA CON CARÁCTER XERAL
- Clases interactivas fomentando a participación do alumno.
- Utilización combinada dos métodos informáticos e da lousa.
- Utilización dos métodos de resposta rápida e anónima en clase ( clickers) para coñecer o grao de seguimento da materia.
- Fomento do autoaprendizaje do alumno propoñendo retos e expondo preguntas.
- Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación das publicacións científicas, etc.).
- Presentacións orais de temas previamente preparados, incluíndo o debate cos seus compañeiros e os profesores.
- Traballo no laboratorio: preparación e observación de mostras.
- O proceso de avaliación non só servirá para coñecer se o alumno adquiriu as competencias programadas senón tamén para revisar a metodoloxía de ensino.
- Proba escrita sobre contidos básicos teóricos e prácticos da materia.
- Avaliación continua asociada á participación activa e á aprendizaxe autónoma.
Ponderacións entre os métodos de avaliación: ponderación mínima (MiW) - ponderación máxima (MaW)
Exame escrito: 50% -70%
Cuestionarios na aula: 0% -20%.
Traballos/Actividades en laboratorio: 15% -30%
Titoría: 0% -10%
Importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Presenciais
Clases presenciais teóricas: 10
Seminarios e clases prácticas de pizarra: 4
Titorías programadas: 1
Clases prácticas de laboratorio ou de informática: 6
Exposicións orais dos alumnos apoiadas por material audiovisual ou conferencias por profesores invitados: 2
Avaliación e/ou exame: 2
SUBTOTAL 25
Non presenciais
Preparación de probas e traballos dirixidos: 10
Estudo e traballo persoal do alumno: 36
Procuras bibliográficas e utilización de bases de datos: 5
SUBTOTAL: 50
TOTAL: 75 h
- Asistencia ás actividades propostas, levar a materia ao día, preparar as clases interactivas con antelación e utilizar as titorías para resolver as dúbidas. A maiores, o alumnado poderá concertar citas presenciais ou virtuais (preferentemente) cos docentes para resolver dúbidas adicionais sobre a materia.
- Reforzar conceptos básicos de microbioloxía, bioquímica e bioloxía molecular e celular se non se ten unha base mínima de ditas materias.
1) A materia dispón dunha aula virtual no Camus Virtual da USC na que os/as alumnos/as poden atopar os recursos proporcionados polos docentes para a preparación da materia.
2) O alumnado debe empregar o seu correo institucional da USC ou o Campus Virtual para contactar cos docentes. Non se garante a atención ou resposta a correos ou mensaxes que se poidan recibir por outras canles.
Miguel González Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815386
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-20:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula Matemáticas (3º andar) |
25.04.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |