Créditos ECTS Créditos ECTS: 30
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 719 Horas de Titorías: 22.5 Clase Interactiva: 8.5 Total: 750
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Física de Partículas
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal desta materia é proporcionar as ferramentas necesarias para adquirir unha visión xeral da estado da arte nas áreas científicas nas que se encadra este máster. Ademais, tamén ten como obxectivo obter unha visión xeral sobre os aspectos científicos actuais máis relevantes. Para iso realizarase un traballo de investigación individual e equipo, así como unha variedade de actividades académicas, seminarios, conferencias, cursos e outras tarefas que serán impartidas polos centros relacionados co máster.
Deseño, planificación e desenvolvemento dun proxecto de investigación orixinal. O Traballo de Fin de Máster implicará a realización dun proxecto asociado a un plan de traballo asinado polo titor do alumno, de tal forma que o alumno terá que levar a cabo:
– Documentación bibliográfica sobre antecedentes e estado actual do tema proposto como proxecto.
– Elaboración dunha proposta de obxectivos.
– Realización dos experimentos.
– Tratamento de datos.
– Elaboración, presentación pública e defensa dos resultados mais relevantes e as súas conclusións.
Depende do traballo experimental a realizar polo alumno
CT1 - Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: organización, cooperación, potenciación de esforzos complementarios, saber escoitar, comunicación, flexibilidade e empatía.
CT2 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT5 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT7 - Demostrar razoamento crítico e autocrítico en busca da calidade e o rigor científico. Manexar as ferramentas informáticas e as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o acceso ás bases de datos científicas, contextualizando críticamente os precedentes en campos de investigación novos como a química biolóxica e/ou o desenvolvemento de novos materiais
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de confrontar críticamente os datos experimentais e as hipóteses teóricas.
CE3 - Coñecer as normas sobre a prevención de riscos no laboratorio e na industria relacionada coa química.
CE5 - Saber analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas.
CE9 - Operar coa instrumentación avanzada relacionada coa investigación en química biolóxica e os materiais moleculares.
CE19 - Saber realizar, presentar e defender individualmente un proxecto integral de carácter investigador nas temáticas da química biolóxica e/ou dos materiais funcionais.
CE20 - Saber programar e levar a cabo novos experimentos no laboratorio no campo da química biolóxica e/ou da ciencia de materiais, de forma autónoma e independente.
Traballo experimental (ou computacional) individual baixo supervisión, coa adecuada infraestrutura e medios necesarios para poder alcanzar os obxectivos propostos.
Titorías para a planificación do traballo, supervisión do traballo experimental e análise de resultados
Utilización de software especializado, bases de datos e recursos web. Soporte docente on- line (Campus Virtual)
Presentación e discusión de resultados parciais do proxecto nos seminarios de investigación do grupo ou centro
Elaboración dunha memoria da investigación realizada
Presentación e defensa do traballo de investigación realizado, resultados e conclusións
- Traballo experimental realizado.
- Memoria escrita detallando os resultados mais relevantes do traballo realizado.
- Exposición oral e defensa dos principais logros obtidos do traballo experimental realizado.
Traballo experimental que formaría aos estudantes nas técnicas experimentais e analíticas que hoxe en día se utilizan nos laboratorios de investigación tanto universitarios como na industria química. A actividade formativa fundamental correspóndese coas tarefas que caracterizan o desenvolvemento da investigación: procura bibliográfica, planificación e desenvolvemento
de experimentos, análises de datos, e programación de novos experimentos baseados nos resultados precedentes, etc.
As distintas actividades escritas ou orais realizaranse preferentemente en inglés