Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 15 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Área externa M.U en Desafíos das Cidades Atlánticas
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia procura achegar ao alumnado a un conxunto de conceptos, modelos e instrumentos relacionados coa avaliación da calidade do espazo urbano, así como o seguimento e a minimización dos impactos dos procesos de urbanización. O programa introduce estes conceptos, modelos e instrumentos teoricamente e a través de casos prácticos. A análise crítica e comparativa de proxectos urbanos e os estudos e exercicios de aplicación práctica conducen a unha mellor comprensión da calidade do medio construído.
O alumnado será capaz de identificar e discutir os problemas e enfoques dispoñíbeis asociados á calidade dos plans e proxectos urbanos. Esta materia permite a identificación, discusión e aplicación de modelos e técnicas para analizar os compoñentes dos espazos urbanos. Ademais, ofrécenselles as ferramentas para conceptualizar e desenvolver modelos e programas para avaliar a calidade de vida nestes medios. O alumnado poderá monitorizar os compoñentes ambientais da cidade, avaliar e reducir os impactos das intervencións urbanas. Todo isto establecerá as bases para o fomento da sensibilidade e do respecto ambiental e paisaxístico.
A calidade de vida e o medio ambiente nas cidades: A cidade sinónimo de civilización, centros de comercio, cultura, innovación, coñecemento, símbolos de oportunidade; a cidade e as presións sobre espazos, ecosistemas, infraestruturas, equipamentos e formas de vida; conceptualización da calidade de vida nas cidades.
Seguimento dos impactos ambientais das intervencións no espazo urbano: sistemas de vixilancia da cidade, sistemas tradicionais versus sistemas tradicionais de baixo custo; cidades intelixentes, transformación dixital no espazo urbano; detección dos parámetros ambientais da cidade, sensores, arquitecturas, redes de sensores e plataformas IoT; enfoques colaborativos, sistemas participativos e oportunistas, foco na cidadanía e creación de valor, ciencia cidadá.
Modelos para avaliar a calidade ambiental urbana: a calidade do ambiente acústico e o ruído ambiental; fenómenos de propagación do ruído; calidade do aire e contaminación na cidade, fenómenos de dispersión de contaminantes; calidade e contaminación da auga, impactos ambientais nos acuíferos; a calidade da eliminación, recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos, os impactos ambientais sobre o solo e os acuíferos subterráneos; indicadores da calidade ambiental do espazo construído; modelos para avaliar a calidade ambiental urbana.
Minimizar os impactos ambientais das intervencións no espazo urbano: medidas activas ou de redución do impacto mediante a intervención en orixe; medidas pasivas ou de redución do impacto mediante a intervención de propagación/dispersión; Medidas de intervención no receptor.
Servizos de infraestrutura verde urbana con funcións de regulación da calidade ambiental na cidade: infraestrutura verde urbana; a relación entre as infraestruturas verdes e a dispoñibilidade de zonas verdes na cidade; regulación da calidade do aire e do ruído provocado pola vexetación; configuración da illa de calor; a importancia das infraestruturas verdes nas novas formas de mobilidade: ciclovías e sendas peonís.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1- Urbanismo, ambiente urbano e modelos clásicos de calidade urbana
2- Análise dos usos do solo, tecidos urbanos, espazos públicos e espazos verdes
3- Dende a planificación coa natureza ata o urbanismo paisaxístico
4- Monitorización dos impactos ambientais das intervencións no espazo urbano.
5- Minimización dos impactos ambientais das intervencións no espazo urbano.
6- O novo modelo ecolóxico de intervención: planificación de corredores e infraestruturas verdes urbanas e minimización do impacto ambiental da urbanización
BÁSICA
- Allende Landa, J. (2000): Medio ambiente, ordenación del territorio y sostenibilidad. Vitoria: Ed. Universidade do Pais Vasco
- Campbell, A. T., Eisenman, S. B., Lane, N. D., Miluzzo, E., e Peterso, R. A. (2006, August): People-centric urban sensing. In Proceedings of the 2nd annual international workshop on Wireless internet (pp. 18-es).
- Clement, G. (2012): El jardín en movimiento. Barcelona: Ed. Gustavo Gili.
- Díez Medina, C., e Monclús, F. J. (Eds.). (2017): Visiones urbanas: De la cultura del plan al urbanismo paisajístico. Madrid: Abada Editores.
- Dramstad, W. E., Olson, J. D. e Forman, R. T. T. (1996): Landscape ecology principles in landscape architecture and land-use planning. Cambridge: Harvard University.
- European Commission (2015): Quality of Life in European Cities, doi (PDF): 10.2776/870421
- García Espuche e Rueda, S. (dirs.) (1999): La ciutat sostenible. Barcelona: Centre de Cultura Contemporània.
- Haaland, C. e Van den Bosch, C. K. (2015): Challenges and strategies for urban green-space planning in cities undergoing densification: A review. Urban Forestry & Urban Greening, 14, 760–71.
- Howard, P., Thompson, I. H., e Waterton, E. (Eds.). (2013): The Routledge companion to landscape studies. New York: Routledge.
- McHarg, I. L. (1969): Design with nature. New York: American Museum of Natural History.
- Oliveira, V. (2016): Urban morphology: An introduction to the study of the physical form of cities. Cham: Springer.
- Reinwald, F. (2019). Green Resilient City - A framework to integrate the Green and Open Space Factor and climate simulations into everyday planning to support a green and climate-sensitive landscape and urban development. IOP Conf. Series: Earth and Environmental Science 323(012082), 1-11.
- Riera, P. (2000): Evaluación de impacto ambiental. Barcelona: Rubes.
- Stevens, N. J., Salmon, P. M., Walker, G. H. e Stanton, N. A. (2018): Human factors in land use planning and urban design: Methods, practical guidance and applications. Boca Raton: CRC Press.
COMPLEMENTARIA
- Barracó, H. et al. (1999): Barcelona 1985-1999. Ecologia d’una ciutat. Barcelona: Ajuntament de Barcelona.
- Bryant, C. R.; Russwurm, L. H. e McLellan, A. G. (1982): The City’s Countryside. Land and Its Management in the Rural-Urban Fringe. London / New York: Longman.
- Drescher, A. W. (2001): Urban and Peri-urban Agriculture. Roma: Food and Agriculture Organization of the United Nations.
- Ernwein, M. (2019): Les natures de la ville néolibérale: Une écologie politique du végétal urbain. Grenoble : UGA Éditions
- European Environment Agency (2006): Urban Sprawl in Europe. The Ignored Challenge. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- European Environment Agency (2009): Ensuring Quality of Life in Europe’s Cities and Towns. Tackling the Environmental Challenges Driven by European and Global Change. Luxembourg: Office for Official Publications of the European Communities.
- Evert, K.-J (ed.). (2010): Encyclopedic dictionary of landscape and urban planning: Multilingual reference book in English, Spanish, French and German. Berlin: Springer.
- Hall, P. e Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and regional planning. London: Routledge.
- Heynen, N., Kaika, M., e Swyngedouw, E. (Eds.). (2006): In the nature of cities: Urban political ecology and the politics of urban metabolism. New York: Routledge.
- Joseph, I., e Grafmeyer, Y. (2004): L’école de Chicago. Naissance de l’écologie urbaine. Champs Flammarion.
- Khan, J., Ketzel, M., Kakosimos, K., Sørensen, M. e Jensen, S. S. (2018). Road traffic air and noise pollution exposure assessment – A review of tools and techniques. Science of The Total Environment, 634, 661-676.
- Lane, N. D., Eisenman, S. B., Musolesi, M., Miluzzo, E., e Campbell, A. T. (2008, February): Urban sensing systems: opportunistic or participatory?. In Proceedings of the 9th workshop on Mobile computing systems and applications (pp. 11-16).
- Metcalf e Eddy (1991): Wastewater Engineering. Treatment, Disposal, and Reuse (3 rd Ed.). Inc.Singapore: McGraw-Hill.
- Morris, A. E. J. (2004 [1984]): Historia de la forma urbana: desde sus orígenes hasta la Revolución Industrial. Barcelona: Ed. Gustavo Gili.
- Muratet, A., Chiron, F., e Muratet, M. (2019): Manuel d’écologie urbaine. Dijon : Les Presses du Réel.
- Murphy, A. (dir.) (2010): “How and Where Will 10 Billion People Live on Earth?”, in Understanding the Changing Planet. Strategic Directions for the Geographical Sciences. Washington: The National Academies Press. pp. 49-58.
- Panerai, P., Demorgon, M., e Depaule, J.-C. (1999): Analyse urbaine. Paris : Parenthèses.
- Tchobanoglous, G., e Kreith, F. (2002) : Handbook of Solid Waste Management. McGraw-Hill Handbook.
- Van der Spek, S., Van Schaick, J., De Bois, P., e De Haan, R. (2009) : Sensing human activity: GPS tracking. Sensors, 9(4), 3033-3055.
- Verdier, P. (2009): Le projet urbain participatif: Apprendre à faire la ville avec ses habitants. Paris: Ed. Y. Michel Adels.
XERAIS E BÁSICAS
CX1 – Ser capaz de buscar e seleccionar a informacion útil e necesaria para resolver problemas complexos, manexando de xeito áxil as fontes bibliográficas do campo
CX2 – Elaborar axeitadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo e formular hipóteses razoábeis
CX3 – Adquirir coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo ao estudo da Ordenación, Planificación e Xestión das cidades
CX4 – Manexar conceptos, métodos e ferramentas propias da investigación na análise urbanística para fins específicos
CX5 – Recoñecer a necesidade de desenvolver unha perspectiva crítica propia cos diversos proceso que poden xerar impactos negativaos no espazo urbano
CB1 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
CB2 - Que o alumnado saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB3 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuízos
CB4 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
CB5 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 – Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais tanto de Portugal como da comunidade autónoma de Galicia
CT2 – Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
CT3 – Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
CT4 – Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentábel ambiental, económico, político e social
CT5 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
CT6 – Ter a capacidade de xestionar os tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, estabelecer prazos e cumprilos
ESPECÍFICAS
CE1.1 – Comprender e identificar as demandas ou necesidades das persoas, as organizacións e o medio ambiente, con fin de obter conclusións e formular alternativas que respondan aos problemas relacionados coa transformación e a organización do espazo físico
CE1.2 – Realizar unha planificación urbana que priorice tanto a protección do medio ambiente e a preservación dos espazos naturais, como a conservación do patrimonio construído, empregando solucións técnicas coherentes e atendendo ás demandas sociais
CE3.1 – Intervir na análise global do desenvolvemento da compoñente ambiental das cidades, a orixe dos diferentes elementos que contribúen á súa evolución, á súa cuantificación, coa capacidade de propoñer medidas para diagnosticar a situaicón en termos específicos e globais
CE5.2 – Manexar instrumentos, ferramentas e tecnoloxía para fomentar a cooperación e a coordinación dos diferentes axentes urbanos e realizar procesos participativos
- Clases expositivas para a presentación e explicación dos aspectos teóricos da calidade urbana, dos impactos ambientais e das principais correntes e métodos de análise e xestión do ambiente urbano
- Utilización dun SIX, programas de deseño e unha folla de cálculo para os casos prácticos de análise e avaliación de plans e proxectos urbanos
- Debates e traballo en equipos orientados a valorar e ponderar diferentes modelos urbanos e métodos de análise, monitorización e avaliación
- Deseño e elaboración dun traballo grupal (grupos pequenos, de 2 ou 3 persoas) de comparación de dous proxectos ou modelos urbanos que constituirá o traballo de curso. Os resultados expoñeranse na clase
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desglósase en dúas compoñentes principais obrigatorias
-Probas periódicas ou exame final (entre o 30% e o 50% da nota final)
-Avaliación de traballos prácticos (entre 50% e 70% da nota final)
-Seguimento continuado (entre 5% e 15% da nota final)
Esta materia ten atribuídos 5 créditos (ECTS), o que equivale a unha carga de traballo de 40 horas presenciais, que se distribúen en 10 horas de clase expositiva, 15 horas de clase interactiva, 15 horas de titorías e 125 horas totais de dedicación de traballo persoal.
- Asistencia regular ás clases, participación activa nas mesmas, e traballo continuado ao longo do periodo docente.
- Realización e repaso dos exercicios, das actividades prácticas, estudos de caso e dos traballos requiridos.
- Lectura da bibliografía básica e complementaria, así como doutras publicacións complementarias indicadas na clase
Jose Balsa Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- jose.balsa.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal