Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento da obtención e aplicación das distintas fontes de enerxías renovables no medio rural e o sector agroindustrial, as súas vantaxes e inconvenientes, as súas limitacións e beneficios. Saber dimensionar e proxectar instalacións destinadas ao aproveitamento das enerxías renovables no ámbito rural.
Competencias específicas:
Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables.
Enerxía solar fotovoltaica: células solares, compoñentes dos sistemas fotovoltaicos, dimensionado de instalacións illadas e conectadas á rede. Enerxía solar térmica: paneis solares, compoñentes das instalacións, dimensionado das instalacións.
Enerxía eólica: principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos, tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia.
Enerxía da biomasa: procesos de transformación. Biogás e coxeración. Biocombustibles.
Estes contidos serán desenvolvidos segundo o seguinte temario:
Programa teórico:
1. Enerxía eólica: Principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos. (2 h).
2. Enerxía eólica: Tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia. (2 h)
3. Enerxía da biomasa: Procesos térmicos. Biogás e coxeración. Biocombustibles. (2 h)
4. Radiación solar. Enerxía solar fotovoltaica. Célula fotovoltaica. Unión p-n. Tecnoloxías de fabricación. Módulo fotovoltaico. Características da célula fotovoltaica. (2 h).
5. Instalacións fotovoltaicas illadas e conectadas á rede. Compoñentes. Sistema fotovoltaico conectado a rede con autoconsumo. Sistema fotovoltaico con seguimento solar. Instalacións fotovoltaicas de bombeo (2 h).
6. Enerxía solar térmica: Paneis solares. Compoñentes das instalacións. Tipos de instalacións. (2 h).
Programa práctico:
1. Rosa dos ventos: de procedencia, de velocidade e de enerxía (2 h).
2. Estimación do potencial eólico (2 h).
3. Dimensionado de reactores de biogás (2 h).
4. Estimación da radiación solar. (2 h).
5. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica aillada. (2 h)
6. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica conectada a rede. (2 h)
Básica:
Carta, J. A. et al. 2013. Centrales de energías renovables: generación eléctrica con energías renovables. 2ª edición. Pearson Educación. Estado de México
Castillo, I. C. et al. 2020. Energía solar fotovoltaica y térmica. Manual Técnico. AMV Ediciones.
Fernandez Salgado, Jose Maria. 2021. Guia completa de la energia eolica. Ed. Antonio Madrid Vicente.
Moro Vallina, Migual. Instalaciones solares fotovoltaicas. Paraninfo. Madrid
Nuñez Sarompas, Adolfo. 2022. Manual de biomasa y biocombustibles: uso y aprovechamiento energético. Ed. CEF.
Reina Hernández, Joaquín Angel.2021. El biogás una ecológica y económica fuente de energía: Instalaciones de captación, limpieza y acondicionamiento del biogás. Máquinas, equipos y tecnologías. Ed. Círculo Rojo.
Rodríguez Amenedo, J.L. et al. 2003. Sistemas eólicos de producción de energía eléctrica.
Complementaria:
Clark, R.N. 2014. Small Wind. Academic Press.
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata. U. Pontificia.
Messenger, R. 2010. Photovoltaic systems engineering. CRC Press.
Pareja, M. 2009. Energía solar fotovoltaica. Cálculo de una instalación aislada. Ed. Marcombo.
Pérez, David. 2023. Energía eólica. Fundamentos, tecnologías y aplicaciones. Ed. Marcombo.
Sebastian, F.; García Galindo, D.; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa. Prensa Universitarias de Zaragoza.
Tobajas Vázquez, Manuel Carlos. 2018. Energía solar fotovoltaica. Cano Pina.
Comp07. CG7 - Capacidade para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma independente ou guiada, incorporando á propia actividade profesional novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación. TIPO: Competencias.
Comp32. CEAI03 - Coñecementos e capacidade axeitados para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables TIPO: Competencias.
Con02. 1.2. - Un coñecemento profundo e comprensión das disciplinas da enxeñaría agrícola, ao nivel necesario para adquirir as restantes competencias da titulación. TIPO: Coñecemento ou contido.
H/D01. 2.1. - Capacidade para analizar produtos, procesos e sistemas de enxeñaría novos e complexos dentro dun contexto multidisciplinar máis amplo; Seleccionar e aplicar os métodos analíticos, de cálculo e experimentais establecidos máis axeitados, así como os métodos innovadores, e interpretar criticamente os resultados desas análises. TIPO: Habilidades ou capacidades.
H/D03. 23. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría incompletamente definidos e/ou conflitivos que permitan diferentes solucións válidas, que requiren a consideración de coñecementos máis alá dos da propia disciplina e tendo en conta as implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais; Seleccionar e aplicar os métodos de análise, cálculo e experimentais máis axeitados, así como os máis innovadores para a resolución de problemas. TIPO: Habilidades ou capacidades.
H/D04. 2.4. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría en áreas emerxentes da súa especialidade. TIPO: Habilidades ou capacidades.
H/D11. 4.5. - Capacidade para investigar a aplicación das tecnoloxías máis avanzadas na enxeñaría agrícola. TIPO: Habilidades ou capacidades.
H/D12. 5.2. - Habilidades prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos, levar a cabo proxectos de enxeñaría complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas. TIPO: Habilidades ou capacidades.
O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes se clasifican como sigue:
Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en liñas xerais. O obxectivo destas clases e proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordalo estudo da materia de modo autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O alumnado disporá do material docente na Aula Virtual da materia. Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, Con02. 1.2., H/D01. 2.1.
Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios. O alumnado disporá do material depositado na Aula Virtual da materia: preténdese que profesorado e estudantes interactúen na resolución dos exercicios. Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, H/D01. 2.1, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4, H/D11. 4.5, H/D12. 5.2.
Este traballo complementarase coa realización de traballos individuais e a resolución de exercicios de forma autónoma. Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, H/D01. 2.1, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4, H/D11. 4.5, H/D12. 5.2.
As titorías van destinadas a discutir, comentar, clarexar ou resolver dubidas ou cuestións relacionadas co o desenvolvemento da materia. Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, Con02. 1.2., H/D01. 2.1., H/D03. 2.3, H/D04. 2.4, H/D11. 4.5, H/D12. 5.2.
Proba ou probas escritas: 30% da nota final.
Realización de exercicios: 30 % da nota final.
Traballos entregados e/ou presentados: 20 % da nota final.
Participación do alumnado nas actividades da aula: 20% da nota final.
Probas escritas: Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, Con02. 1.2., H/D01. 2.1.
Realización de exercicios e traballos entregados e/ou presentados: Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, H/D01. 2.1, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4, H/D11. 4.5, H/D12. 5.2.
Participación do alumnado nas actividades da aula: Comp07.CG7, Comp32. CEAI03, Con02. 1.2., H/D01. 2.1., H/D03. 2.3, H/D04. 2.4, H/D11. 4.5, H/D12. 5.2.
Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases deberán ser entregados nos prazos establecidos, que serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación e só terán validez durante o curso académico. Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos seguintes:
-obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 no exame.
-a cualificación global obtida como ponderación do exames, traballos e exercicios sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Os/as estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que, para aprobar a materia, deberán facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso nos prazos establecidos. A cualificación correspondente ao apartado de “Participación do alumnado nas actividades da aula” poderá obterse mediante a entrega das mesmas a través do campus virtual.
Avaliación 2º oportunidade: En caso de que o estudante non superara a materia na primeira oportunidade, deberase presentar ao exame final da segunda oportunidade, examinándose da totalidade da materia, xa que non se conservarán as cualificacións parciais. O alumnado presentarase ao exame desta oportunidade nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes.
A avaliación do alumnado repetidor será exactamente igual que aquel non repetidor.
Traballo presencial na aula: Clases expositivas: 12 h
Clases interactivas: 12 h
Actividades de avaliación: 2 h
Traballo persoal do alumno
Lectura e preparación de temas: 20 h
Realización de exercicios: 10 h
Elaboración de traballos de curso: 10 h
Preparación de probas de avaliación: 9 h
Total: 75 horas
Asistencia regular ás clases tanto teóricas como prácticas e uso do campus virtual.
- Asistencia e participación nas clases.
- Dedicación regular ao estudio teórico e realización dos exercicios e cuestións propostas.
- Uso do campus virtual tanto para a realización de test como para a resolución de dubidas e estudio da materia.
- Uso das titorías para a consulta das dubidas que xurdan do estudio da materia a medida que se necesite.
O idioma empregado será o galego.
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías nos despachos números 12 e 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico dos profesores: manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Fernandez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |