Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquisición dos coñecementos básicos para entender as bases dos programas de racionamento animal.
Coñecer a clasificación de nutrintes e de alimentos.
Recoñecer as principais materias primas empregadas na alimentación animal.
Táboas de caracterización de alimentos e a súa interpretación. Necesidades dos animais en función de diferentes variables produtivas e reprodutivas. Determinación do valor nutritivo dos alimentos. Identificación das materias primas máis frecuentemente utilizadas en formulación: materias proteaxinosas, enerxéticas, oleaxinosas, fibrosas, forraxes deshidratadas, forraxes ensiladas, correctores vitamínicos e aditivos. Caracterización de forraxes segundo o seu estado de conservación. Influencia na capacidade de inxestión dos animais. Interacción da alimentación coa fisioloxía do animal.
Estes contidos serán desenvolvidos de forma presencial polo alumno, de acordo co seguinte temario:
Teórico
Tema 1. A alimentación animal, o contido en nutrintes dos alimentos, a utilización dixestiva e metabólica dos nutrientes. 3h.
Tema 2. Necesidades de nutrientes dos animais, tipos e avaliación de necesidades. 2h.
Tema 3. Contido en nutrientes dos diferentes alimentos, composición química dos alimentos, clasificación das diferentes materias primas segundo as súas composicións. 2h.
Tema 4. Toxicidade alimentaria. 1h.
Tema 5. A dixestión dos alimentos. O sistema dixestivo dos monogástricos. 2h.
Tema 6. A degradación ruminal e a dixestión dos alimentos. O sistema dixestivo dos ruminantes 2h.
Práctico
Práctica 1.- Visita a Granxa Campus Terra de produción de leite. 4h.
Práctica 2.- Seminario práctico de seguimento dunha ración. 4h.
Práctica 3.- Práctica de laboratorio de identificación de materias primas 4h.
Bibliografía básica:
FEDNA (Fundación Española para el Desarrollo de la Nutrición Animal). [sitio web]. Tablas FEDNA de composición de alimentos. Normas FEDNA para la formulación de piensos.
Cheeke, P.R., and E. S. Dierenfeld. Comparative Animal Nutrition and Metabolism. 2010. CABI. Boston, MA, USA.
Control de calidad de materias primas. Dispoñible en: http://www.fundacionfedna.org/
I.N.R.A. (2010). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos: necesidades de los animales, valores de los alimentos. Tablas INRA 2007. Ed. Quae, Versailles Cedex; Ed. Acribia, Zaragoza.
RUEDA, V. y ROLDÁN, C. (2013). Guía didáctica de Nutrición y Alimentación Animal: Bromatología y Monogástricos Ed. Unicopia A.G.S.L., Lugo.
Bibliografía complementaria:
BACH, A. y CALSAMIGLIA, S. (2002). Manual de racionamiento para el vacuno lechero. Ed. Servet, S.L
CHURCH, D.C., et al. (2002). Fundamentos de nutrición y alimentación de animales. Ed. Limusa, México.
CASE, L. (2001). Nutrición canina y felina. Ed. Harcourt, Madrid.
DE BLAS, C., GONZÁLEZ, G., ARGAMENTERIA, A. (1987). Nutrición y alimentación del ganado. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
JARRIGE, R. et al. (1995). Nutrition des ruminants domestiques. Ed. I.N.R.A., París.
McDONALD, P., EDWARDS, R.A., GREENHALGH, J.F.D., MORGAN, C.A. (2006). Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
Mc L. Dryden (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI. Cambridge, Massachussets
SAUVANT, D., PEREZ, J.-M. y TRAN, G. (2004). Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero : cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
ZEA, J., DÍAZ, M.D. (1990). Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, inclúense as seguintes:
Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Xerais:
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Específicas
CE12 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal.
Asignatura cuatrimestral, con clases expositivas distribuidas en bloques de dúas horas diarias. As clases interactivas poderán ter unha duración de ata catro horas. Se dispón dunha hora de titoría individual.
A aprendizaxe da materia divídese en cinco compoñentes:
- Teoría: clases expositivas e participativas de explicación dos principais conceptos da materia.
- Supostos prácticos/seminarios: clases participativas coa finalidade de interpretar informes.
- Visitas guiadas: a desenvolver na Granja Campus Terra, cunha explicación práctica das actividades que allí se desenvolven, realizando prácticas sobre os contidos impartidos.
- Prácticas de laboratorio: identificación de materias primas.
- Titorías en grupo reducido: nestas titorías formularanse cuestións relacionadas cos contidos de teoría e cos supostos prácticos.
Os contidos teóricos fundamentais desenvolveranse en clases expositivas, complementando a docencia con sesións interactivas, donde se ampliarán de forma práctica as materias descritas no apartado de Contidos da presente Guía.
É importante que o alumnado elabore o seu propio propio “caderno de apuntes” sobre a materia, con toda a información dispoñible (material didáctico que se facilitará de cada tema, apuntes recollidos nas clases e ampliados coa información complementaria, así como información obtida das clases prácticas).
As sesións interactivas de prácticas estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As prácticas iniciaranse fixando os obxectivos da práctica, dando as directrices para o seu seguimento.
Na visita activa á granxa docente Campus Terra, a práctica consistirá en analizar e/ou medir distintos parámetros co fin de valorar a ración que se subministra aos animais e elaborar un informe final sobre a mesma con recomendacións de mellora.
As titorías, ben presenciais ou telemáticas, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o alumno ten sobre a materia, como para a orientación sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición do alumno a través do Campus Virtual da USC.
O exame de carácter teórico-prático da totalidade dos contidos do programa servirá para avaliar as competencias básicas e xerais (CB7, CB8, CB10, CG1, CG7), as específicas (CE12) e parte das transversais (CT1, CT5, CT9, CT10)
As probas realizadas sobre as materias que sexan obxecto de traballo por parte do alumnado servirán para avaliar as competencias específicas (CE12) e parte das transversais (CT1, CT5, CT9, CT10)
O sistema de avaliación dos coñecementos adquiridos realizarase mediante un exame final que terá un peso dun 70% da cualificación na nota final.
A asignatura considerarase suspensa se non se supera o 50% da nota máxima do exame final. Este mesmo criterio aplicarase igualmente na oportunidade extraordinaria de recuperación.
No exame final entrará toda a materia impartida, tanto nas clases expositivas como nas interactivas.
O sistema de avaliación se complementa coas probas realizadas durante as prácticas, que terán a consideración de avaliación contínua e terán un peso do 30% da cualificación na nota final.
A asistencia as actividades prácticas programadas é obrigatoria. Para realizar o exame final é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas e entregar as probas de avaliación que que se realicen ao remate das mesmas.
As cualificacións obtidas nas avaliacións contínuas conservaranse para a 2ª oportunidade pero non para convocatorias posteriores.
Os alumnos repetidores terán a mesma obriga de realizar todas as actividades prácticas e as correspondentes probas de avaliación, ainda que as tivesen realizadas no curso anterior.
As actividades prácticas son de asistencia obrigatoria e inescusable, de xeito que a non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do semestre, como na oportunidade da recuperación. No que respecta as actividades prácticas, non existen criterios diferenciados para o alumnado repetidor ou para o alumno ao que se lle conceda dispensa de asistencia.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas de avaliación, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases expositivas: 12
Prácticas de laboratorio, seminarios e visitas activas: 12
Estudo individual: 39
Elaboración de traballos: 12
Titorías: 1
Realización do exame: 2
TRABALLO NA AULA: 24
TRABALLO PERSOAL: 51
TOTAL: 75 HORAS
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar as titorías para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Facer uso das tecnoloxías dispoñibles: USC Virtual ou correo electrónico que axudan a mellorar a docencia.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada contido de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso do resto das ferramentas de consulta (webs, revistas) para ampliar coñecementos nos temas tratados durante o curso.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades docentes, plantexando dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as materias impartidas.
- Para asistir ás prácticas é recomendable repasar os contidos teóricos tratados con anterioridade para facer máis proveitosa a aprendizaxe.
Cynthia Lopez Novo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- cynthia.lopez.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros