Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer, comprender e utilizar os distintos sistemas e técnicas de produción animal nas distintas especies gandeiras co obxectivo de obter produtos animais.
Produción de vacún. Produción porcina. Produción avícola. Produción ovina e caprina. Produción cunícola. Produción doutras especies gandeiras
Teóricos (24 h) (NP=48h):
I. Introdución: xeneralidades dos Sistemas de Produción Animal (2h) (NP=4h)
II. Produción de vacún de leite e carne (8h) (NP=16h)
III. Produción de porcino (4h) (NP=8h)
IV. Produción avícola (4h) (NP=8h)
V. Produción de ovino (2h) (NP=4h)
VI. Produción de caprino (2h) (NP=4h)
VII: Produción de coellos (1h) (NP=2h)
VIII. Outras producións alternativas (1h) (NP=2h)
Cada grupo temático comprende:
-Censos e producións.
-Localización.
-Razas.
-Sistemas de produción
-Manexo dos reprodutores e reprodutivo.
-Manexo da alimentación.
-Outras operacións de manexo: Instalacións e equipos.
-Benestar animal.
-Produtos animais.
Prácticos (12 h) (NP=24h):
- Xestión da reprodución de especies gandeiras (3h) (NP=6h)
- Calculo de índices técnicos produtivos (5h) (NP=10h)
- Libros de rexistros e informes gandeiros (1h) (NP=2h)
- Xestión da alimentación nas distintas especies gandeiras (3h) (NP= 6h)
- Laboratorio/aula informática (12 h) (NP=24h):
- Introdución á procura de información en Internet sobre páxinas de interese en Produción Animal.(3h) (NP=6h)
- Razas empregadas en Produción Animal. (1h) (NP=2h)
- Caracterización de produtos gandeiros: leite, carne e ovos.(4h) (NP=8h)
- Equipo de ordeño: compoñentes do circuíto e funcionamento (3h) (NP=6h)
- Aplicación de programas informáticos nas explotacións gandeiras.(1h) (NP=2h)
Visitas guiadas a Centros Oficiais/ Explotacións Agropecuarias. Observacións: Realizarase de ser posible, o profesor distribuirá un guión de prácticas. Unha vez realizadas o alumno elaborará unha memoria que será avaliada conxuntamente cos apartados anteriormente citados
Bibliografía Básica
CARAVACA, F.P. et al. 2007. Sistemas ganaderos en el Siglo XXI. Universidad de Sevilla
FEDNA. Tablas de composición de alimentos. Madrid.
BUXADE, C. 1987. La gallina ponedora. Sistemas de explotación y técnicas de producción. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
BUXADE, C. 1998. Ovino de carne. Aspectos clave. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
CALLEJO RAMOS, A. 2009, Cow comfort: el bienestar de la vaca lechera, Ed. Servet, Zaragoza.
McDONALD, P., EDWARDS, R.A., GREENHALGH, J.F.D., MORGAN, C.A. (2006). Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
SAÑUDO, C. 2008. Manual de diferenciación racial. Ed. Servet. Zaragoza.
SAUVANT, D., PEREZ, J.-M. y TRAN, G. 2004. Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero: cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
SOLTNER, D. 2000. Alimentation des animaux domestiques. Collection Sciences et Tecniques Agricoles. Le Clos Lorelle.
LLOYD, L. E., MCDONALD, B. E., & CRAMPTON, E. W. (1978). Fundamentals of nutrition (No. Ed. 2). WH Freeman and Co..
BENNET, B. - 2011. Guía de la cría de conejos. Ediciones Omega. Barcelona
Bibliografía Complementaria
Abecia Martínez, A. y Forcada Miranda, F. (2011). Manejo reproductivo en ganado ovino. Editorial Servet.
CARBALLO FERNÁNDEZ, J. e LÓPEZ PÉREZ 1998, M., Ordeño mecánico. Instalaciones y equipos, SEMEGEN, Santiago de Compostela.
CASTELLO, J.A.; PONTES, M.; FRANCO, F. 1989. Producción de huevos. Real Escuela de Avicultura. Areyns de Mar. Barcelona.
CORCY, J.C. 1993. La cabra. Aedos/Mundi-Prensa. Barcelona/Madrid.
I.N.R.A. 2007. Alimentation des bovins, ovins et caprins. Tables de l’alimentation des bovins, ovins et caprins. Ed. Quae. Versailles.
FLANDERS, Frank; GILLESPIE, James R. Modern livestock & poultry production. Cengage Learning, 2015.
JARRIGE, R. (Ed.) 1990. Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
MANUAL DE PORCINOCULTURA. I.T.P 1997. Ed. Acribia. Zaragoza.
MINSON, D. Forage in ruminant nutrition. Elsevier, 2012.
POND, WILSON G.; MANER, JEROME H.; HARRIS, DEWEY L. Pork production systems: efficient use of swine and feed resources. Springer Science & Business Media, 2012.
ZEA, J.; DIAZ, M.D. (1990). Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, se poderán realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
Básicas e xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG4-Capacidade para a procura e utilización de normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación
Transversais:
CT5- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Especificas:
CEG5 - Capacidade para redactar e asinar estudos de desenvolvemento rural, impacto ambiental e xestión de residuos de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras e espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo.
CEG6 - Capacidade para dirixir e xestionar todo tipo de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e / ou rurais e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento de novas tecnoloxías, procesos de calidade, trazabilidade e certificación e comercialización e técnicas de comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
CR3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción animal. Instalacións gandeiras.
CR4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicacións da biotecnoloxía na enxeñaría agrícola e gandeira.
EA1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción animal: Anatomía animal. Fisioloxía animal. Sistemas de produción, protección e explotación animal. Técnicas de produción animal. Xenética e mellora animal.
*MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías de produción de plantas e animais: reprodución vexetal; Biotecnoloxía e cría de plantas; Cultivos; Protección dos cultivos; Xardinería e deseño de xardíns. Zonas deportivas
MC2- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Nutrición, hixiene e sistemas de produción animal. Biotecnoloxía e Mellora animal. Produtos animais.
Actividades presenciais:
• Leccións maxistrais participativas: Exposición oral do profesor dos distintos temas.
Utilización de lousas clásicas
Realización de presentacións mediante computador
Excepcionalmente, as leccións maxistrais presenciais pódense combinar coa ensinanza virtual ata un 10% do total de horas da asignatura.
CX1 , CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 , MC2
Tutorías individualizadas: Atención personalizada ao alumno para resolver dúbidas e problemas expostos (fundamentalmente de carácter presencial ainda que poderán programarse titorias virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario do curso.
CX1 , CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 , MC2
• Clases prácticas: Constitúen unha aplicación do analizado na teoría, e comprenderán:
a) Análise de casos prácticos.
b) Resolución de problemas e supostos prácticos
Prácticas de laboratorio.
Prácticas de aula informática
Resolución de problemas.
Elaboración e presentación de traballo: Data prevista entrega (penúltima semana do 2º semestre)
CX1 , CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 , MC2
Ao final de cada tema ou grupo de temático proporase a resolución de exercicios que serán avaliados.
Durante a realización dos prácticas/seminarios primeiramente resolveranse exemplos e proporasen a realización de novos exercicios/problemas de forma individual que deben resolverse na aula/laboratorio de prácticas durante un tiempo limitado, estes exercicios serán posteriormente avaliados e permitirán a avaliación continuada dos alumnos.
CX1 , CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 , MC2
Actividades non presenciais:
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
• Traballo: A realizar sobre os temas que no seu momento sexan propostos.
• Resolución do Boletín de problemas.
• Preparación de proba de avaliación final.
CX1 , CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 , MC2
Toda a docencia levarase a cabo con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia.
Asistencia regular ás sesións expositivas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para realizar o exame, e necesario asistir o 100% das sesións prácticas, incluido o traballo realizado en las mismas.
A avaliación de coñecementos realizarase mediante unha proba final escrita na que se inclúen unha avaliación de coñecementos teóricos mediante probas de valoración obxectiva “miscelánea tipo test e preguntas a desenvolver” (50 % da cualificación do exame) e dunha parte de exercicios prácticos (50% da cualificación do exame). O valor total da proba final 60% da cualificación total da materia, con obligatoriedad de superación numérica (5) de ambas as partes. Competencias avaliadas: EA1 ,CR3, CR4 e MC2.
A asistencia a clases teóricas e prácticas terán unha puntuación adicional do 20 % do total da nota final, baseada na asistencia, a participación activa e actitude nas mesmas e a entrega de exercicios/problemas propostos en clase. levase a cabo mediante ficha control de asistencias tanto teórico como práctico e control da entrega dos exercicios resoltos previamente propostos. Competencias avaliadas: CG2, CT5, CG4, CT10 e MC2
Realización/presentación de traballos específicos da materia (20% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CT5 e CT10.
Os criterios previstos para a oportunidade ordinaria e oportunidade extraordinaria de recuperación son os mesmos. Os estudantes que repiten non teñen notas gardadas.
As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan dispensa de asistencia segundo a instrucción 1/2017 da Secretaría xeral, poderán ser substituidas por traballos encomendados aos alumnos, que terán unha ponderación similar á da práctica que substitúen.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas:
Seminarios: 12 horas
Laboratorio: 12 horas
Tutorias: 3 horas
Total: 51
Traballo persoal do estudiante:
Estudo individual 71
Elaboración de memorias e traballos de prácticas 25
Realización de exámes 3
Total horas de traballo persoal do estudiante 99
Total: 150 horas
Asistencia participativa nas clases de docencia expositiva, seminarios e laboratorio.
Realización dos exercicios propostos de forma previa para a súa corrección en clase.
Asistencia as tutorías para clarificar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento dá materia.
Recoméndase cursar a materia de Zootecnia.
O alumno disporá da documentación empregada nas clases (presentacións, boletíns de exercicios….) no servicio de reprografía acordado, ben por vía e-mail ou ben ou ben campus virtual de la USC.
Antonio Iglesias Becerra
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- antonio.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade