Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Química Física
Áreas: Microbioloxía, Química Física
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Numerosos aspectos fan da auga un ben que necesita especial protección. Entre estes podemos destacar a demanda crecente e as ameazas que poñen en risco a súa calidade e sustentabilidade. A avaliación do estado e a calidade das augas continentais e mariñas é un aspecto de gran relevancia que preocupa aos gobernos e que se aborda na “Directiva Marco da Agua (DMA)”, cun obxectivo que é ofrecer un marco común de actuacións en materia de xestión da auga en toda a Unión Europea.
O obxectivo da materia “Calidade de augas” é proporcionar as ferramentas para poder realizar unha avaliación da calidade química da auga e abordar a súa avaliación desde diferentes perspectivas. Para isto, neste curso serán analizados aspectos fundamentais como:
- Propiedades da auga que controlan a súa interacción co medio ambiente
- Procesos químicos relacionados coa especiación de contaminantes en augas naturais
- Principais tipos de contaminación química e microbiolóxica en augas naturais
- Normativa europea e española que regula a avaliación e conservación da calidade das augas superficiais
- Análise dos índices de calidade deseñados para establecer categorías de acordo coa calidade das augas
- Métodos de mostraxe e métodos estándar para análise químico e microbiolóxica de augas naturais
O enfoque do curso será eminentemente práctico. Nas clases de teoría e seminarios serán abordados os problemas máis frecuentes que poden enfrontar os/as futuro/as Enxeñeiro/as Ambientais dentro do campo da calidade das augas superficiais. Nos seminarios serán abordados casos prácticos e serán deseñadas actividades para traballar en grupo ou individualmente. Realizarse unha saída de campo e mostraxe para traballar no laboratorio cos métodos estándar de análise de augas naturais e farase un informe final que recolla todos os aspectos traballados durante o curso.
Nesta materia serán adquiridas unha serie de competencias xenéricas e específicas desexables en calquera titulación universitaria e, en particular, para os profesionais en temas ambientais.
O alumnado debe tomar conciencia dos problemas que a contaminación pode provocar no mundo actual, e debe ser capaz de definir un programa para a determinación da calidade da auga e de avaliar no laboratorio todo un conxunto de parámetros físicos, químicos e microbiolóxicos que permitan establecer a magnitude de distintos indicadores e índices de calidade das augas e establecer o cumprimento ou non da normativa vixente.
Os contidos que se desenvolverán durante o curso son os contemplados de forma sucinta nos descritores desta materia no plan de estudos do Master en Enxeñería Ambiental.
O programa da materia está dividido en seis temas, cada un deles consta dunha parte teórica e outra parte práctica.
Contidos
Tema 1. Introdución á toma de mostras de auga
Tipos de mostras. Material (e dispositivos) de mostraxe. Conservación das mostras. Plan de mostraxe. Organización de redes de mostraxe. Deseño dun plan de mostraxe no río Sar.
Tema 2. Propiedades da auga
Propiedades da auga e das masas de auga. Procesos que regulan a composición das augas naturais. Composición química das augas naturais. Auga superficial, auga subterránea, auga de mar, auga atmosférica. Balance iónico.
Tema 3. Procesos químicos que determinan a calidade da auga
Equilibrios químicos en augas naturais. Interaccións auga-atmosfera: equilibrio do carbonato. Interaccións solo-auga: equilibrios de solubilidade, redox e equilibrios de adsorción. Uso de VisualMinteq para cálculos de especiación en augas naturais.
Tema 4. Contaminación das augas naturais.
Contaminantes químicos das augas. Clases de contaminantes. Orixe dos contaminantes. Efectos dos contaminantes químicos sobre augas continentais e medios mariños.
Tema 5. Normativa sobre calidade da auga.
Directivas comunitarias sobre calidade da auga (DIRECTIVA MARCO DEL AGUA). Calidade requirida para as augas superficiais destinadas á produción de auga potable (RD817/2015). Outros criterios e normas de calidade (presencia de fosfato, nitrato, etc.)
Tema 6. Índices de calidade química.
Concepto de calidade da auga. Indicadores de calidade físicos e químicos. Índice de calidade xeral (ICG). Outros índices. Visión crítica do emprego de índices de calidade.
Tema 7. Indicadores microbiolóxicos de calidade da auga.
Indicadores de contaminación fecal para augas de uso humano. Indicadores microbiolóxicos de contaminación ambiental.
Caso práctico: Aplicación das competencias adquiridas ao longo do curso para completar as seguintes tarefas:
• Deseño dun plan de mostraxe para realizar unha saída de campo ao río Sar.
• Saída de campo para recollida de mostras de auga no río Sar
• Análise no laboratorio dos parámetros químicos característicos da calidade dunha auga.
• Análise no laboratorio de indicadores microbiolóxicos da calidade da auga
Elaboración dun informe que avalíe a calidade da auga desde o punto de vista da normativa vixente e aplicación de índices de calidade xeral.
• Análise da evolución da calidade da auga do río Sar a partir da comparación con datos históricos do mesmo río.
Programa de prácticas de campo e de laboratorio:
1.- Mostraxe (saída de campo). Norma ISO 5667
2.- Propiedades físicas e químicas
a) Medidas de campo: Turbidez (EN 27027). Condutividade (UNE EN 27888). Temperatura. Medida do pH. Osíxeno disolto. Porcentaxe de saturación de osíxeno.
b) Determinacións en Laboratorio: Determinación da alcalinidade. Sólidos en suspensión (UNE-EN-872).
3.- Contaminación orgánica
a) Demanda biolóxica de osíxeno (DBO5).
4.- Constituíntes inorgánicos específicos
a) Catións: Calcio, magnesio (Dureza), ferro.
b) Anións: Sulfatos, cloruros, fosfatos, sílice.
c) Compostos de nitróxeno: nitratos, nitritos, amonio.
5.- Contaminación microbiolóxica
a) Recuento total de bacterias aerobias
b) Recuento de coliformes totales
c) Recuento Escherichia coli
d) Recuento Enterococos
e) Recuento Clostridium perfringens
f) Recuento de bacteriófagos (colifagos)
Os reactivos empregados nas diferentes determinacións estarán preparados no laboratorio antes de comezar as prácticas, de maneira que en ningún momento será necesario manipular reactivos perigosos que requiran medidas especiais de seguridade. Os residuos xerados serán almacenados nos contedores correspondentes que se encontrarán no laboratorio debidamente etiquetados. Antes do inicio das sesións prácticas o profesorado indicará os equipos de protección persoal necesarios e recordará as normas básicas de seguridade e localización da caixa de primeiros auxilios, lavado de ollos, ducha de emerxencia e saídas de emerxencia.
Básica
Manahan, S.E. Environmental Chemistry. 9ª edición. Boca Ratón, CRC-Press, 2009. ISBN: 9781420059205
Sinatura ETSE: A200 15 B
Orozco, C., Pérez, A., González, M. N., Rodríguez, F. J., Alfayate, J. M. Contaminación ambiental. Una visión desde la Química. Madrid: Thomson, 2003. ISBN: 978-84-9732-178-5
Sinatura Farmacia: A EMA 8
Hurst, C.J., Crawfod, R.L., Knudsen, G.R., McInerney, M.J., Stetzenbach, L.D. 2007. Manual of environmental microbiology, 3nd Edition. ASM Press, Washington D.C., USA.
ISBN : 978-1-55581-379-6
Sinatura Biología: M 424 B
Complementaria
Andrews, J.E., Brimblecombe, P., Jickells, T.D., Liss, P.S., Reid, B. An introduction to Environmental Chemistry, 2ª edición. Wiley-Blackwell, 2004. ISBN 978-1-118-68547-1.
Sinatura Bioloxía: A EMA 697
Figueruelo, J. E., Dávila, M. M. Química Física del Ambiente y de los Procesos Medioambientales. Barcelona: Editorial Reverté, 2004. ISBN: 968-6708-54-5
Sinatura Farmacia: EMA 377
American Public Health Association and American Water Works Association. Standard Methods, for examination of water and wastewater” 21th ed. Washington: APHA, 1998. ISBN: 0-87553-047-8.
Sinatura ETSE: A221 1 B
Keith, L. H. (ed), Principles of Environmental Sampling. Washington: ACS Professional Reference Book, ACS, 1988. ISBN: 0-8412-1173-6
Sinatura Química: EMA 191
Básicas e xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1 - Identificar e enunciar problemas ambientais
CG5 - Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñería, en contornas novas ou pouco coñecidos, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
CG7 - Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humans aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión medioambiental (boas prácticas).
Específicas
CE3 - Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñería Ambiental, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
CE9 - Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñería Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
CE10 - Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudios de impacto ambiental, Análise de ciclo de vida, Ecoloxía
industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.
Transversais
CT1 - Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT3 - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4 - Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese
CT6 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional en no marco de compromiso co desenvolvemento sostible.
A través da plataforma Moodle empregarase o Campus Virtual da USC. Nel estará dispoñible toda a información relativa ao profesorado, horarios e programación, así como material de apoio ao estudo e ao traballo persoal, tales como artigos científicos, lexislación en temas de calidade de augas, presentacións PowerPoint das clases, videotutoriais sobre manexo de programas de especiación, vídeos de interese para a materia, noticias de actualidade relacionadas coa temática do curso, documentos de consulta, actividades para o traballo persoal, etc.
Haberá clases expositivas nas que se establecerán as bases nas que se sustenta o concepto de calidade da auga, así como o fundamento dos procesos físico-químicos e microbiolóxicos que controlan dita calidade e a normativa vixente que garante a conservación do bo estado das masas de auga. Nas clases interactivas aplicaranse os conceptos e competencias adquiridas á resolución de exercicios e casos prácticos mediante software específico para cálculos de especiación en medios naturais e análises de parámetros de calidade de augas.
A materia inclúe tamén unha saída de campo para realizar toma de mostras nun río para efectuar posteriormente a análise completa da calidade das súas augas e emitir un informe detallado baseado nas competencias traballadas durante o curso.
As clases prácticas de laboratorio desenvolveranse nos laboratorios da ETSE e os alumnos traballarán en grupos reducidos para determinar os principais compostos indicadores da calidade das augas naturais segundo a normativa existente.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que se pode acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calcificacións.
A asistencia ás clases de Laboratorio é oobrigatoria, sen esa asistencia o alumno non pode ser avaliado en ningunha convocatoria.
Ao longo do curso realizaranse diferentes actividades. Algunhas serán entregadas aos profesores e outras serán presentadas na aula para ser defendidas e discutidas co resto dos compañeiros e o profesorado. Non haberá un exame final propiamente devandito. Con todo, na data programada para tal fin, todos os alumnos deberán presentar un informe final da materia que previamente entregarán a través da Aula Virtual. Devandito informe debe incluír unha visión integradora dos contidos traballados na materia, enfocando todos eses contidos cara a avaliación da calidade da auga do río/ríos cos que se traballou nas prácticas de laboratorio. Debe incluír, por tanto, desde o deseño da mostraxe, pasando polas técnicas analíticas empregadas para a determinación da calidade da auga no laboratorio, ata a elaboración dos índices de calidade correspondentes e a súa análise desde o punto de vista da normativa vixente.
A avaliación farase en base ás competencias adquiridas, de forma que stas serán avaliadas nas diferentes actividades realizadas ao longo do curso.
Actividades:
1. Deseño dun plan de mostraxe
2. Saída ao campo para a toma de mostras de auga (ríos Sar y Sarela)
3. Prácticas de Laboratorio
4. Casos prácticos
5. Informe final
Avaliación de competencias por actividades (competencia:actividades):
CB6: 1,4,5
CB7: 4,5
CB8: 4,5
CB9: 1,4,5
CB10: 1,4
CG1: 2,4,5
CG5: 1,4
CG7: 2,3,5
CE3: 1,4,5
CE9: 1,4
CE10: 5
CT1: 2,3,5
CT3: 4
CT4: 4,5
CT6: 5
Reparto das porcentaxes de avaliación:
30% Exame
• Presentación oral (baseada na actividade 5)
70% Avaliación continua
• Actividade 1: 15%
• Actividade 3: 20%
• Actividade 4: 35%
En caso de ter que presentarse á segunda oportunidade de exame, gardaranse as calcificacións de aquelas actividades que estean aprobadas (nota por encima de 5). Só se entregará de novo a parte que non fose superada na primeira oportunidade de exame (nota inferior a 5).
Os estudantes repetidores terán que volver realizar todas as actividades xa que estas adoitan cambiar dun ano para outro. Realizaranse de novo as prácticas de laboratorio xa que toda a materia (actividades, traballos e exame) céntrase nelas.
A materia ten unha carga de traballo de 4.5 créditos ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten segundo indícase na táboa, onde as horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade e finalmente, como resultado de multiplicar o número de horas presenciais polo factor considerado, obtense o número de horas de traballo persoal do alumno.
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Teoría 14 2 28 42
Interactivas 18 2 36 54
Titorías obrigatorias 4 1,6 6,3 10.3
Examen 2 2,1 4,2 6.2
TOTAL 38 - 74,5 112,5
Os alumnos que se matriculen nesta materia han de ter unha serie de coñecementos básicos en Química que resultan de importancia para lograr superar a mesma.
Por outra banda, para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma Inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, Power Point, ou similares, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web), coñecemento da Normativa Ambiental.
O idioma da materia será o castelán
Maria Mercedes Parajo Montes
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814212
- Correo electrónico
- mmercedes.parajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sarah Fiol Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881816042
- Correo electrónico
- sarah.fiol [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sabela Balboa Méndez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sabela.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
11.11.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
11.11.2024 12:00-14:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A7 |
11.11.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
11.11.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A7 |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |