Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer a xestión da normativa e axentes legais existentes que faciliten a futura labor profesional do alumnado.
· Coñecer o ordenamento xurídico ambiental vixente
· Coñecer as distintas fontes de produción normativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) así como a súa competencia ou organización xerárquica.
· Coñecer a pluralidade de Administracións implicadas na protección do medio ambiente.
1. ORIXE DAS POLÍTICAS AMBIENTAIS. A. Causas e momento do nacemento das políticas e o Dereito para a protección ambiental. B. Evolución. C. A relación entre a protección ambiental, o desenvolvemento económico e o Dereito
2. FONTES DO DEREITO E AS POLÍTICAS AMBIENTAIS. A.O Dereito internacional: Convenios, tratados: valor e efectos. O papel dos Acordos comerciais e da OMC ante a sustentabilidade. B. Dº da UE. Primacía das normas europeas. C. As normas internas estatais e autonómicas: competencias. As normas locais. D. Soft law, normas técnicas, nudges e outras normas voluntarias para a protección ambiental.
3. PRINCIPIOS DAS POLÍTICAS AMBIENTAIS. Prevención, Precaución, Quen contamina paga, Non regresión, Transversalidade
4. AS TÉCNICAS E INSTRUMENTOS PARA A PROTECCIÓN AMBIENTAL. A. Os bens públicos. B. As medidas limitativas: Zonificación. Prohibicións. Valores límite de emisión e normas de calidade do medio. As avaliacións de impacto ambiental e estratéxica. Autorizacións e comunicacións previas. C. A fiscalidade e as técnicas de mercado: Fiscalidade, mercados de dereitos de emisión, auditorías ambientais, etiquetas ecolóxicas. D. Os mecanismos de responsabilidade e sanción: responsabilidade ambiental, restauración do dano e sancións. Os delitos ecolóxicos
Esteve Pardo, José, Derecho del medio ambiente, Madrid: Marcial Pons,última edición
Lozano Cutanda, Blanca, Administración y legislación ambiental: actualizado y adaptado al EEES, Madrid: Dykinson, última edición
Nogueira, Alba, Vence, Xavier (dirs.) (2021), Redondear la economía circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias, Aranzadi
Específicas
CE1 - Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do ámbito de estudo da Enxeñaría Ambiental para emitir xuízos baseados en información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa preciso e relevante, a reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada á solución proposta en cada caso
CE8 - Abordar un problema real da Enxeñaría Ambiental desde unha perspectiva científico-técnica, recoñecendo a importancia de procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable
CE9 - Posuír as habilidades de aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias da Enxeñaría
Ambientais que permitan o desenvolvemento continuo da profesión
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial.
Un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) as presentacións ou materiais relacionados coa docencia expositiva; ii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva; iii) as lectura para cada tema.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro do Campus Virtual e o correo electrónico institucional.
Exame 50
Traballos/Actividades individuais ou en grupo 30
Participación activa en clase e titorías 20
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ao alumnado que non concorra a ningunha das dúas oportunidades oficiais faráselle constar na acta a mención de "Non presentado".
O alumnado que teña concedida exención de docencia poderá suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coas tarefas indicadas, de acordo coas instruccións que lle imparta o profesorado responsable da materia nas correspondentes titorías.
Clases expositivas 10
Clases interactivas: 12
Titorías programadas (individuais ou grupais) 2
Estudo e traballo persoal 49
Exame 2
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
María Da Alba Nogueira López
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814683
- Correo electrónico
- alba.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
Martes | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |