Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de DESEÑO ECOLÓXICO DE PROCESOS E PRODUTOS ten unha vinculación directa con aquelas que compoñen as materias relacionadas coa XESTIÓN AMBIENTAL.
Materia: Deseño ecolóxico de procesos e produtos.
Tipo: Obrigatoria
Curso: 1º Curso do Máster en Enxeñaría Ambiental
Nº de créditos: 4,5 ECTS
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816776
correo-e: gumersindo.feijoo [at] usc.gal (gumersindo[dot]feijoo[at]usc[dot]gal)
María Teresa Moreira Vilar
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816792
correo-e: maite.moreira [at] usc.gal (maite[dot]moreira[at]usc[dot]gal)
O obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ao deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudo de diferentes ferramentas de análise e avaliación medioambiental.
Os contidos que se presentan son os contemplados no descritor da materia no plan de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental: “Análise de ciclo de vida. Aplicación de softwares específicos de avaliación do impacto do ciclo de vida. Indicadores ambientais e visualización de datos. Análise económico e social do ciclo de vida. Ecodeseño. Pegadas ambientais: pegada de carbono, hídrica e enerxética”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 5 temas básicos, que se indican a continuación:
Bloque I. Análise de Ciclo de vida
Tema 1. Datos, Indicadores e Auditorías Ambientais. Percepción e visualización de datos. Exemplos en Flourish. Definición de indicador.
Tema 2. Análise de ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenrolo. Aplicación na análise de procesos e produtos. Manexo de software específico. Estudo de casos prácticos
Tema 3. Análise económico e social. Análise de ciclo de costes. Aspectos sociais na perspectiva de ciclo de vida da análise de produtos.
Bloque II. Ferramentas de análise e avaliación
Tema 4. Ecodeseño. Definición de ecodeseño e ecoprodutos. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Ferramentas de ecodiseño. Estudio de casos prácticos
Tema 5. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. Pegadas: PC (ISO14067) e PH (ISO14046). Elaboración e implantación dunha ecoetiqueta: pescaenverde.
Obxectivos específicos (por bloques)
A continuación debúllanse os contidos detallados de cada bloque, describindo, así mesmo, os obxectivos que se pretenden alcanzar en cada un deles.
Bloque I. Análise de ciclo de vida
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce ata a cova”. Así, para una determinada actividade o problema non queda soamente circunscrito a “miña” instalación industrial, senón que tamén hai que definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o “meu” produto determina. Todo isto é posible mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos verquidos ao medio asociado. Desta forma, determinase o impacto producido polo emprego desta enerxía, das materias primas asociadas e das descargas ao medio. Sen embargo, o ACV non é soamente un instrumento para protexer o medio ambiente e conservar os recursos naturais, senón tamén un instrumento empresarial para reducir costes e mellorar posicións de mercado
Perséguese ademais outros obxectivos de tipo didáctico que se desexan desenvolver e que teñen que ver con habilidades de tipo social: traballo en grupo e capacidade de comunicación. Así mesmo se busca mellorar as capacidades de análise, iniciativa e negociación por parte do alumnado. Por outro lado, se desexa fornecer o manexo de diferentes fontes de información útiles para resolver casos reais (web, bibliografía, información directa…)
Neste bloque as actividades a facer son:
• Casos prácticos de visualización mediante o software Flourish. Actividade individual.
• Avaliación do impacto de ciclo de vida ao comparar dos envases (MS Excel). Actividade individual.
• Realización dun ACV mediante a aplicación dun software específico (SimaPro). Actividade en grupo
Bloque II. Ferramentas de Análise e Avaliación
A ACV é a técnica clave para aplicar outras ferramentas ou metodoloxías como ecodeseño, ecoetiquetado e pegadas ambientais que se analizan nos capítulos do bloque.
Neste bloque as actividades a facer son:
• Obradoiro de ecodeseño (actividade en grupo) mediante Gamestorming: A Publicación. Actividade en grupo
• Cálculo da pegada de carbono persoal (plataforma Web). Actividade individual.
• Cálculo da ecoeficiencia na xestión da perda de alimentos (MS de Excel). Actividade individual.
Bibliografía básica
Feijoo, G., Moreira, M.T. Análisis de ciclo de vida y huella de carbono. Casos prácticos. Research Gate, 2020. DOI: 10.13140/RG.2.2.11030.50240/1. Código: Acceso abierto
Bibliografía complementaria
Baumann, H., Tillman, A.M. The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application. Lund: Editorial Studentlitteratur, 2004. ISBN: 91-44-02364-2. Código BETSE: A244 15
Calow, P. Handbook of environmental risk assessment and management. London: Blackwell Science, 1998. ISBN: 0-86542-732-1. Código BUSC: EMA 889
Feijoo, G., Moreira, M.T. (2020). Contar una historia con datos: El arte de su visualización. Research Gate, DOI: 10.13140/RG.2.2.23093.63208. Código: acceso abierto.
McDonoug, W., Braungart, M. Cradle to Cradle (de la cuna a la cuna): Rediseñando la forma en que haemos las cosas. Barcelona: McGraw-Hill, 2005. ISBN: 84-481-4295-0. Código BETSE: A234 14
Muthu, S.S. Assessment of Carbon Footprint in Different Industrial Sectors. Volume 1 & 2. Berlin: Springer, 2014. ISBN: 978-981-4560-40-5 (Vol. 1) & 978-981-4585-74-3 (Vol. 2). Código BETSE: 244 10
Rosling, H., Rosling, O, Rosling, A. Factfulness: Diez razones por las que estamos equivocados sobre el mundo. Y por qué las cosas están mejor de los que piensas. Barcelona: Deusto, 2018. ISBN: 978-84-234-2996-7. Código BUSC: S3 396
Básicas
• CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7. Que o estudantado sexa capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8. Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• CB9. Que o estudantado sexa capaz de comunicar a súas conclusións e os coñecementos e as razóns que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
• CB10. Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Xerais
• CG1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
• CG2. Ser quen de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade.
• CG5. Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en contornas novas ou pouco coñecidos, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
• CG8. Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes
Transversais
• CT1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
• CT3. Adaptarse aos cambios, sendo quen de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor
• CT4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese
• CT5. Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
• CT6. Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco de compromiso co desenrolo sustentábel.
Específicas
• CE2. Coñecer a fondo as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campos da enxeñaría ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes.
• CE3. Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñaría Ambiental, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia del coñecemento.
• CE4. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servicios da industria de procesos, así como a optimización doutros xa desenrolados, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da Enxeñaría Ambiental.
• CE11. Identificar accións no ámbito da economía circular, definindo as opcións dentro dos novos modelos de negocio.
Os contidos teóricos da materia serán presentados sobre a base de clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán, xunto coa realización de diversas cuestións ao alumnado para fomentar a súa participación e facilitar a súa aprendizaxe e a asimilación dos conceptos. Utilizarase o software Mentimeter (válido para dispositivos móbiles e tabletas) como apoio para fomentar a participación. Nestas clases empregarase materiais audiovisuais coa utilización de ficheiros en PowerPoint e Excel (resolución de problemas e casos prácticos).
As clases teóricas complementaranse coas de seminario que consistirán na resolución de casos prácticos sobre a aplicación das diferentes ferramentas presentadas ao longo da materia. Un máximo do 10% das clases poderán impartirse vía telematicamente para facilitar a participación de profesorado doutras universidades como relatores. Algúns destes traballos faranse en grupos mediante unha aprendizaxe cooperativo, onde será o alumando os que “ensinan/aprendan” dunha maneira pro-activa ata a resolución dun problema específico.
Como reforzo ás titorías, farase uso do Campus Virtual da USC e de MS Teams, especialmente para a resolución dos casos prácticos, e como vehículo áxil no intercambio de información entre o profesor e o alumno.
Relación entre as metodoloxías docentes e o desenrolo das competencias:
• Clases maxistrais: CB6, CB7, CB8, CT4, CT6, CE4, CE11
• Seminarios: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CG5, CG8, CT1, CT3, CT4, CT5, CE2
• Titorías: CB6, CB9, CT1, CT3, CT6
Avaliación por actividades:
• Traballo de ACV (en equipo): 50%
• Traballo de Ecodeseño (en equipo): 20%
• Exame: 30%.
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame. O exame será un test de 20 preguntas cunha soa resposta verdadeira e por cada 3 contestadas de forma errónea restará 0,5 puntos.
No caso de non superar a materia na súa primeira oportunidade o alumnado deberá realizar de novo aquelas actividades que non tivese superado, isto é, entregar novamente os traballos ou ben realizar o exame. A calificación obtida naquelas actividades superadas na primeira oportunidade se manterán na segunda. A distribución das calificacións será a mesma que na primeira oportunidade.
Avaliación por competencias:
• Traballo ACV: CB6, CB7, CB8, CB10, CG1, CG2, CT1, CT3, CT4, CT5, CE2, CE4, CE11
• Traballo Ecodeseño: CB6, CB9, CG1, CG2, CG5, CG8, CT1, CT3, CT4, CT6
• Exame: CB7, CB8, CE11
No caso de exercicios ou probas fraudulentas, aplicarse o disposto no Regulamento de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión das Calificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Traballo persoal TOTAL
Teoría 14 20,5 34,5
Seminarios 18 36 54
Titorías obrigatorias 4 12 16
Exame 2 6 8
TOTAL 38 74,5 112,5
Para conseguir un óptimo rendemento na materia resulta aconsellable que o alumnado teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
Na materia usase de forma importante o ordenador portátil, pois moitos dos casos prácticos requiren de aplicacións informáticas como elemento de apoio.
O idioma da materia será o castelán en consonancia coa decisión estratéxica do Máster que definiu como caladoiro fundamental a captación de alumnado de fora da comunidade autónoma.
Gumersindo Feijoo Costa
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816776
- Correo electrónico
- gumersindo.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Moreira Vilar
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816792
- Correo electrónico
- maite.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A7 |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A7 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A7 |
13.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
13.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |