Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 22 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é que o alumnado realice unha serie de prácticas experimentais onde van a utilizar tanto os coñecementos adquiridos na titulación, así como adquirir novos coñecementos durante a elaboración de diversas prácticas de laboratorio. Neste sentido esta materia persegue os seguintes resultados da aprendizaxe enfocados a coñecer os fundamentos dos tratamentos de augas residuais e gases, ser capaces de facer unha avaliación económica básica, elaborar informes e aplicar o pensamento crítico a todas estas actividades.
Co fin de acadar os obxectivos, a materia consta dunha serie de prácticas experimentais onde se operan plantas a escala piloto e laboratorio coas tecnoloxías de tratamento máis habituais de efluentes líquidos ou gases contaminados.
A materia ten os seguintes contidos xerais:
• Operación e control de plantas de tratamento de augas a escala laboratorio e piloto.
• Operacións fisico-químicas
• Monitorización de reactores biolóxicos.
• Tratamento de efluentes gasosos.
A continuación, indícanse as prácticas de laboratorio que se impartirán para axustarse ós contidos indicados:
1.‐ Coagulación‐floculación. Acondicionamento de lamas
2.‐ Flotación de lamas
3.‐ Proceso de oxidación Fenton
4.‐ Cinética de degradación de tinturas mediante ozono
5.‐ Planta de osmose inversa
6.‐ Reactor de lamas activas
7.‐ Reactor de biomasa granular
8.‐ Planta de tratamento de gases
9.‐ Sedimentación de lamas
Básica
Guións de prácticas de Experimentación en Enxeñaría Ambiental. Dpto. de Enxeñaría Química. Universidade de Santiago de Compostela.
DÍAZ, M. Ecuaciones y cálculos para el tratamiento de aguas. Madrid: Paraninfo, 2019. ISBN: 84‐283‐4152‐4 (on‐line)
Complementaria
COOPER, Charles David and F.C. ALLEY. Air pollution control: a design approach. 3ª ed. Illinois: Waveland press inc., 2002. ISBN: 0‐88133‐758‐7 (A 222 12A)
ECKENFELDER, W. Wesley. Industrial Water Pollution Control 3ª ed. Boston: Mc‐Graw Hill Book Company, 1999. ISBN: 0‐07‐116275‐5 (A213 39)
HENZE, M., VAN LOOSDRECHT, M.C.M., EKAMA, G.A. and BRDJANOVIC, D. Biological wastewater treatment: Principles, Modelling and Design. Londres. IWA Publishing, 2008. ISBN 978‐1‐84‐339188‐3
E‐book descargable no siguiente enlace:
https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento‐biologico‐de‐aguas‐r…
METCALF & EDDY Inc. Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización. 3ª ed. Madrid: Mc‐Graw Hill, D.L. 2000. ISBN: 84‐481‐1607‐0 (A213 13 A, B)
METCALF & EDDY Inc. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. 5ª ed. New York: McGraw‐Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978‐1‐259‐01079‐8 (A213 13 H1, H2, I1, I2, J1, J2, K1, K2)
O alumnado desarrollará as seguintes competencias que aparecen na memoria de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental:
Competencias xerais
CG1 ‐ Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG4 ‐ Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables económicamente a problemas técnicos.
CG7 ‐ Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sostibilidade e xestión medioambiental (boas prácticas).
Competencias Básicas
CB6 ‐ Ter e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 ‐ Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 ‐ Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 ‐ Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 ‐ Que o estudantado teña as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que deberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais:
CT 1. Desenvolver capacidades asociadas ó traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT 3. Adaptarse ós cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espíritu emprendedor.
CT 4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
CT 5. Elaborar, escribir e defender públicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
CT 7. Dominio da xestión do tempo e de situacións críticas.
CT 8. Habilidade para as relacións interpersoais.
Competencias específicas:
CE 8. Abordar un problema real de Enxeñaría Ambiental baixo unha perspectiva científico-técnica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE 9. Ter as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñaría Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
Realizaranse prácticas experimentais no laboratorio en equipos de 2 ‐ 3 membros.
Antes do inicio do curso facilitarase ó alumnado o documento guía das montaxes de laboratorio dispoñibles e a súa utilidade, coa información básica para a planificación das prácticas a realizar (guións de prácticas).
O alumnado recibirá os guións de todas as prácticas dispoñibles das cales realizará 2 prácticas.
Antes de comezar a realización de cada práctica, o alumnado disporá dun tempo de 15‐20 minutos para ler o guión. Unha vez transcorrido este período, o profesorado fará preguntas sobre os fundamentos do proceso. Según o nivel de coñecementos que presenten, recomendaráselles a lectura dunha determinada parte da bibliografía proposta ou daráselles autorización para que inicien a práctica.
O alumnado elaborará un caderno de laboratorio durante a realización no que se reflexará a información máis relevante das prácticas realizadas. Este caderno incluirá entre outra información unha análise de resultados, apoiándose no uso da bibliografía e de follas de cálculo se procede. Ademáis incluirá información sobre seguridade de unha das prácticas realizadas.
Farase uso do Campus Virtual (Moodle) como ferramenta de comunicación entre profesorado e alumnado, utilizando dita aplicación para poñer á disposición do alumnado os guións de laboratorio e materiais complementarios.
As competencias desenvolveranse ó longo de cada unha das actividades realizadas durante a materia, segundo a relación que se adxunta:
Prácticas experimentais de Laboratorio: CG1, CG4, CG7, CB6, CB7, CB8, CB10, CT1, CT3, CT4, CT7, CT8
Caderno de laboratorio e folla de cálculo: CG1, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1, CT3, CT4, CT5, CT7, CT8, CE8
Espérase que no período de prácticas se fagan 2 prácticas de laboratorio. Valorarase, preferentemente, a calidade do traballo feito. Para a calificación final, teranse en conta tres factores:
‐ Calidade do trabajo feito no laboratorio (20%) (CG1, CG4, CG7, CB6, CB7, CB8, CB10, CT1, CT3, CT4,CT7, CT8). Valorarase a participación activa, a capacidade de traballo individual e en equipo, así como o mantemento da orde e limpeza no laboratorio.
‐ Calidade do caderno presentado contendo a información das dúas prácticas feitas (45%) (CG1, CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1, CT3, CT4, CT5, CT7, CT8, CE8). O caderno entregarase unha semana despois de finalizar o período de prácticas.
‐ Exame (35%) (CG1; CB7, CB8, CE9): preguntaranse cuestións relativas ó laboratorio de prácticas experimentais, incluíndo cuestións relativas á seguridade no laboratorio de prácticas.
Para superar a materia resulta indispensable a asistencia ás sesións de laboratorio tal como se recolle na normativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Para superar a materia é preciso tamén obter, alomenos, o 40% da nota do Exame e obter unha cualificación global mínima de 5,0 puntos. No caso de non acadar o 40% da nota do exame a calificación global da materia corresponderá únicamente á do exame.
As calificacións obtidas nos apartados de caderno + traballo de laboratorio conservaranse para a segunda oportunidade no mesmo curso académico.
Considerarase non presentado o estudantado que non participara en ninguna das actividades propostas.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A memoria do Máster en Enxeñaría Ambiental asigna unha carga lectiva de 22 horas presenciais no laboratorio, 2 horas de titoría en grupo, 2 horas de exame e 49 horas de traballo persoal, que corresponden a 75 horas de traballo do alumnado (3 ECTS).
Recoméndase que o alumnado leve ó día a materia, e que elabore coa maior brevidade posible o caderno. Recoméndase que o alumnado curse previamente ou asista ás clases, respectivamente, das materias dos módulos 1 e 2.
A docencia da materia impartirase, preferentemente en castelán e alternativamente en galego ou inglés para o caso de alumnado extranxeiro.
Para as prácticas de laboratorio o alumnado debe traer bata de laboratorio e gafas de seguridade, así como dun caderno de laboratorio compartido para cada equipo de prácticas.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñeza e cumpra as normas indicadas no "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais" da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa web, á que se pode acceder do siguiente xeito:
1. https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
2. Acceder á intranet coas credenciais persoais.
3. Entrar en Comisións > Comisión Seguridade e Saúde > Formación
4. Premer en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
En relación á seguridade e prevención de riscos laborais, para cada unha das prácticas o alumnado disporá dun manual básico de funcionamento no que se recollen os aspectos máis relevantes en relación á seguridade e prevención de riscos laborais.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Anuska Mosquera Corral
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
Xoves | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
18.03.2025 16:00-18:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A7 |
18.03.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A7 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |