Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 2 Clase Interactiva: 50 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é que o alumnado adquira as competencias asociadas ó deseño conceptual de procesos, para o que se levará a cabo o desenvolvemento dun proxecto grupal de deseño conceptual dun proceso produtivo. Propóñense os seguintes obxectivos parciais:
- Integrar os coñecementos adquiridos no grao para deseñar conceptualmente un proceso.
- Desenvolver as etapas necesarias para chegar ó deseño conceptual dun proceso produtivo novo ou a mellora dun existente, incluíndo aspectos relacionados coa seguridade e o medio ambiente.
- Entender a utilidade de realizar traballo experimental no laboratorio, ou de operar unha planta piloto previamente á construción da planta a escala real, para obter datos experimentais e poder así seleccionar correctamente e optimizar as unidades dun proceso.
- Utilizar metodoloxías de enxeñería de procesos, criterios de deseño heurísticos e programas computacionais para crear diagramas de fluxo e realizar simulacións de procesos produtivos novos ou mellorar os existentes.
- Utilizar metodoloxías de integración de enerxía e deseñar sistemas de separación para a síntese de procesos produtivos.
- Avaliar aspectos relacionados coa viabilidade económica do proceso deseñado.
O deseño conceptual de procesos (DCP) consiste nunha actividade creativa para a definición de novos esquemas de procesos de produción industrial. Nun proxecto de enxeñería conceptual débese realizar un conxunto de actividades para xerar un diagrama de fluxo do proceso, o cal serve para realizar a avaliación preliminar dun posible novo proceso ou acadar a mellora dun proceso existente.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia: “Desenvolvemento práctico de un proxecto de deseño conceptual, por equipos de estudantes, no que se considerarán aspectos tales como: (i) concepción e etapas no deseño de procesos, (ii) identificación e interrelación das principais unidades, (iii) obtención de datos de proceso no laboratorio e interpretación dos mesmos, (iv) simulación e estratexias de operación, (v) viabilidade económica e (vi) aspectos de seguridade e medio ambiente.”
Bibliografía básica:
* SEIDER, W.D., SEADER, J.D. e LEWIN, D.R. Product and Process Design Principles - Synthesis, Analysis and Evaluation, 3ª ed. John Wiley and Sons, EE.UU., 2010. ISBN 978-0470-04895-5. SINATURA ETSE: A150 10 C
Bibliografía complementaria:
* TURTON, R., BAILIE, R.C., WHITING, W.B. e SHAEIWITZ, J.A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 4ª ed. Prentice Hall, Upper Saddle, NJ, EE.UU., 2013 (e anteriores). ISBN 978-0-13-261812-0. SINATURA ETSE: A151 9
* PERRY, R.H. e GREEN, D.W. Perry's Chemical Engineers' Handbook, 7ª ed. McGraw Hill, EE.UU., 1998. ISBN 9780071422949. SINATURA ETSE: 100-3
* SINNOTT, R. e TOWLER, G. Chemical Engineering Design, 2ª ed. Elsevier, Oxford, Reino Unido, 2009. ISBN 9780080966595. SINATURA ETSE: A140 11 , A140 16
* SMITH, R. Chemical Process, Design and Integration. Wiley & Sons, New York, 2010. ISBN 9780471486817. SINATURA ETSE: A151 13
Coñecemento:
(CN04) Adquirir coñecementos avanzados para o deseño e a comprensión holística dos procesos químicos, desde unha perspectiva tanto fundamental como práctica.
Competencia:
(CP01) Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
(CP03) Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización de outros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñería química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñería das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
Habilidade:
(HD01) Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
(HD02) Adaptarse ós cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de tipo económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sostibilidade.
(HD03) Comunicar conclusións, xunto con coñecementos e razóns que as sustenten, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Os alumnos que cursen esta materia deberán realizar o deseño conceptual dun proceso industrial. Para iso, traballarán en equipos de 3-5 alumnos. Os alumnos realizarán o traballo sobre o proceso proposto ó longo de todo o semestre.
A docencia baseada en seminarios estrutúrase arredor de actividades que constitúen as partes do deseño conceptual dun proceso. Diferentes actividades ó longo do desenvolvemento da materia levarán asociada a entrega de documentos escritos no Campus Virtual ou a realización de sesións orais, avaliables en ambos casos. Como colofón realizarase unha memoria final, que será presentada e defendida oralmente ante o profesorado da materia.
O alumno será o actor principal no desenvolvemento da materia no laboratorio e na aula de informática. O alumno será o responsable de propoñer ideas e definir as tarefas a realizar en cada etapa do deseño conceptual. Os labores específicos desenvolvidos dependerán en gran medida do proceso seleccionado.
O profesorado adoptará un papel de supervisión e asesoramento continuado, non será o promotor das decisións relacionadas co progreso do deseño conceptual.
Proponse como titoría de grupo unha sesión de xustificación do progreso realizado, a mediados do semestre, ante o profesorado da materia, previa entrega dunha versión preliminar da memoria do proxecto (pre-memoria).
Empregarase o Campus Virtual (Moodle) como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Realizarase unha visita a unha empresa relacionada cos contidos da materia, en función dos recursos económicos dispoñibles, e buscando no posible unha integración cos contidos de outras materias do Módulo. O obxectivo da visita é conectar os contidos da materia coa realidade industrial. No caso de non poder levarse a cabo a devandita visita, substituirase por unha actividade de achegamento ó mundo industrial, por exemplo un seminario a cargo de un especialista do sector industrial.
Descrición das actividades a realizar:
* CLASES EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS DE SEMINARIO (10 sesións):
- Presentación da materia, que inclúe a descrición detallada da guía docente e a filosofía de traballo na materia. Elaboración de grupos de traballo.
- Concreción dos proxectos de deseño conceptual.
- Etapas para o deseño dun diagrama de fluxo preliminar.
- Heurísticas aplicadas a deseño de procesos.
- Medio ambiente e seguridade nun proxecto de DCP
- Aspectos de integración enerxética
- Análise dos proxectos no contexto dos obxectivos de desenvolvemento sostible
- Avaliación económica do proceso
* CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO (6 sesións)
- Laboratorio - Normas de seguridade e equipo dispoñible
- Planificación de experimentos
- Traballo experimental de laboratorio
- Tratamento de datos e discusión de resultados
* CLASES INTERACTIVAS DE AULA DE INFORMÁTICA (4 sesións)
- Simulación e optimización de unidades de proceso, empregando os simuladores comerciais Aspen Hysys, Aspen Plus ou SuperPro Designer.
* TITORÍA DE GRUPO
- Presentación de pre-memoria e debate dos avances co profesorado
Actividades realizadas e competencias a acadar:
- Clases expositivas e interactivas de seminario: CN04, CP03, HD02, HD03
- Clases interactivas de laboratorio: CP01, HD01
- Clases interactivas de aula de informática: CP03, HD01
- Titoría de grupo: CP01, CP03, HD03
A avaliación do alumno realizarase en función das distintas actividades avaliables realizadas ó longo do curso, da memoria final e da presentación e defensa oral por parte de cada equipo. A cualificación complementarase cun informe do profesorado relativo á actitude e aptitude desenvolvidas na materia que permitirá a diferenciación da nota de cada alumno.
Distribución da cualificación:
- Actividades propostas, visita técnica, traballo de laboratorio e aula de informática: 35 % da nota final
- Titoría de grupo (pre-memoria e o seu debate): 15 % da nota final
- Memoria final de deseño conceptual: 25 % da nota final
- Exame final: 25 % da nota final. Este exame constará de dúas partes: unha proba de coñecemento sobre aspectos do deseño conceptual de procesos (10 % da nota final) e a presentación e defensa do desenvolvemento do deseño conceptual (15 % da nota final).
Requirirase un mínimo de 3 sobre 10 en cada un dos apartados anteriores, así como en cada unha das partes do exame final, para facer media e poder superar a materia. Se se alcanzan os 5 puntos na nota final sen cumprir algún dos mínimos parciais, a nota final pasará a ser a daquel apartado no que non se teña alcanzado o devandito mínimo.
Relación de avaliación de actividades e competencias:
- Actividade 1 (Actividades propostas): CN04, CP03, HD02, HD03
- Actividade 2 (Titoría de grupo): CP01, CP03, HD03
- Actividade 3 (Traballo en aula de informática e laboratorio): CP01, CP03, HD01
- Actividade 4 (Memoria): CP01, CP03, HD03
- Actividade 5 (Exame): CN04, CP01, HD03
A asistencia ás clases interactivas de laboratorio e de aula de informática será obrigatoria.
Así mesmo, recoméndase encarecidamente a asistencia á primeira sesión de clases expositivas, segundo o calendario da materia, por considerarse crítica para o axeitado desenvolvemento do resto do curso.
A participación na visita á empresa (ou actividade que a substitúa) será obrigatoria e avaliarase cun cuestionario, e será unha nota máis dentro da avaliación continua.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e segunda oportunidade, conservándose de unha oportunidade para a outra as notas dos apartados que superasen o mínimo indicado. Non se conservará ningunha nota entre convocatorias.
Consideraranse non presentados os estudantes que non participasen en polo menos o 25 % das actividades propostas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Estímase un total de 150 h (6 ECTS), que se reparten entre 55 h presenciais e 95 h de traballo autónomo do alumno. A distribución das horas presenciais segundo a tipoloxía da actividade será a seguinte:
- Clases expositivas: 2 h
- Docencia interactiva de seminario / visita técnica: 18 h
- Docencia interactiva de laboratorio / aula de informática: 32 h
- Titorización en grupo reducido: 1 h
- Exame e revisión: 2 h
Para superar a materia recoméndase ós alumnos realizar un traballo continuado durante o período de impartición da mesma.
Para o laboratorio o alumno ha de vir provisto de bata de laboratorio e gafas de seguridade. A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñeza e cumpra as normas incluídas no “Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa páxina web, ó que se pode acceder do seguinte xeito:
1. https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
2. Acceder á intranet coas credenciais personais
3. Entrar en Comisións > Seguridade e Saúde > Formación
4. Pulsar en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais"
A materia será impartida en castelán.
Aqueles alumnos que desexen obter información adicional sobre cuestións relacionadas coa organización docente e de investigación do centro poden consultar as seguintes páxinas web:
- Departamento de Enxeñería Química (correo electrónico, despachos e teléfonos do profesorado do departamento, así como actividades de investigación realizadas).
- Escola Técnica Superior de Enxeñería (descrición da titulación, organización do centro, horarios de clases de teoría e laboratorio, organización de grupos de prácticas, calendario de exames e formularios administrativos).
Eva Rodil Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816796
- Correo electrónico
- eva.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anuska Mosquera Corral
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hector Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A6 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A6 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo/CLIL_02 | Aula A6 |