Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 5 Clase Interactiva: 31.5 Total: 37.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Desenvolver habilidades directivas na organización dun grupo de estudantes de grao encargado da elaboración dun proxecto de enxeñaría.
Incentivar a realización dun liderado efectivo, cun compromiso ético, aplicando ferramentas básicas de xestión e dirección.
Capacitar ao alumnado na valorización do capital humano a través da comunicación eficaz, detección de debilidades e fortalezas, motivación profesional e resolución de conflitos.
Xerar aptitudes para a adquisición de responsabilidades, xestión do tempo, visión crítica e toma de decisións.
Mellorar a capacidade de transmisión de termos científico-técnicos.
Achegar ao alumnado ao manexo de ferramentas útiles no seguimento técnico e temporal de proxectos.
Métodos de xestión e seguimento de proxectos: elaboración de cronogramas, ferramentas informáticas aplicadas á dirección e xestión de proxetos. Aplicación dos conceptos teóricos introducidos nas restantes materias do módulo á dirección dun proxecto vinculado á enxeñaría química a realizar por equipos de estudiantes de grao
BÁSICA
• Project Management Institute. A Guide to the project management body of knowledge: PMBOK guide. PMI. Pennsylvania.
4ª edición (2008): Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Sala de Lectura A244 42
5ª edición (2013): Biblioteca Intercentros , Sala Agrarias ; IEP 130
COMPLEMENTARIA
· UNE-ISO 21500:2022 Gestión de proyectos, programas y carteras de proyectos. Contexto y conceptos.
· UNE-ISO 10006:2018 - Gestión de la calidad. Directrices para la gestión de la calidad en los proyectos.
Os coñecementos, competencias e habilidades/destrezas que deben ser desenvoltos, de acordo coa memoria do máster son:
CN04 – Adquirir coñecementos avanzados para o deseño e a comprensión holística dos procesos químicos, dende unha perspectiva tanto fundamental como práctica.
CN05 – Coñecer as bases do emprendemento e das habilidades directivas no marco da xestión empresarial
CP03 – Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reaccións químicas, nucleares, electroquímica e bioquímicas.
CP06 – Dirixir e organizar empresas así como sistemas de produción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, planificación e loxística, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos.
CP07 – Dirixir e xestionar a organización do traballo e dos recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade e xestión medioambiental.
CP08 – Dirixir e realizar a verificación, o control das instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
HD03 – Comunicar conclusións, xunto con coñecementos e razóns que as sustenten, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
HD05 – Desempeñar adecuadamente o establecemento e desenvolvemento de relacións interpersoais
HD10 – Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo (cooperación, liderado, escoita activa) e liderar e definir equipos multidisciplinares, capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais
HD11 – Dominar a xestión do tempo e das situacións críticas
Traballaranse con maior énfase os coñecementos CN04 e CN05, a competencia CP07 e as habilidades HD05, HD10 e HD11.
O alumnado matriculado nesta materia realizará a dirección dun proxecto levado a cabo por equipos de estudantes do grao en Enxeñaría Química (ou de titulacións con contidos afíns). Prestarase atención aos aspectos de dirección técnica, xestión e planificación.
A docencia expositiva da materia céntrase na formulación de obxectivos e exposición de conceptos, aplicados á dirección de proxectos de enxeñaría (CN04, CP03).
Así mesmo, daranse a coñecer en seminarios en aula informática os obxectivos a conseguir cos programas informáticos que se empregarán para levar a cabo a dirección do proxecto (CP06, HD11).
O alumnado da materia definirá un proceso de selección para formar os equipos dirixidos. Definirase o proceso a desenvolver e dirixirán a realización do proxecto (aplicación de balances de materia e enerxía a un proceso coa consideración de aspectos termodinámicos, reacción química, seguridade, económicos, ambiental…). Os seminarios realizaranse baixo a supervisión do profesorado da materia (corroboración da actuación dos directores de proxecto) ou sen ela (grupos de grao baixo a dirección do alumnado de máster (CN05, CP06, CP07, CP08, HD05, HD10, HD11). A titoría grupal ten como obxectivo a detección de fortalezas e corrección de debilidades dos directores de proxecto.
O alumnado poderá ademais facer as consultas que desexe en titorías individualizadas no horario establecido para ese efecto.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
- Descrición temporal das actividades:
Docencia teórica (5 h): Presentación da materia. Xestión de Proxectos. Funcións do director. Métodos de xestión e seguimento de proxectos: elaboración de cronogramas e ferramentas informáticas aplicadas á dirección e xestión de proxectos.
Docencia seminario interactivo (27,5 h): Aplicación dos conceptos teóricos introducidos nas restantes materias do módulo á dirección dun proxecto vinculado á enxeñaría química a realizar por equipos de estudantes de grao. Xestión eficaz do equipo de traballo.
Docencia aula de informática (4 h): Xestión de proxectos e métodos de seguimento: elaboración de cronogramas e ferramentas informáticas aplicadas á dirección e xestión de proxectos.
Titoría Grupal (1 h): A fixar entre a 3ª e a 4ª semana da materia
A entrega da memoria do proxecto realizado polo equipo de grao é requisito para poder presentarse a avaliación.
A avaliación na primeira oportunidade basearase en:
- Avaliación oral consistente na presentación das actividades realizadas e logros conseguidos: 40%.
- Traballos/actividades consistente na suma de varios elementos: 50 %
- Memoria do proxecto realizado polo equipo grao dirixido: 10% da nota.
- Documento de avaliación técnica da memoria do proxecto: 20 %
- Diagrama de Gantt final, revisado y comparado con la versión inicial: 20 %
- Informe do profesorado sobre a calidade da dirección en base ao desenvolvemento dos seminarios: 10 %
En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, na segunda solicitarase unha memoria adicional que incluirá polo menos un diagrama de actividades e de recursos do proxecto construído a partir da experiencia desenvolvida.
O alumnado repetidor terá que realizar integramente as actividades planificadas.
A avaliación dos coñecementos e das competencias realizarase principalmente a través do exame oral (CN04, CP06, CP07, CP08) e da avaliación do proxecto presentado (CP03, CP06, CP07, CP08). As habilidades/destrezas avaliaranse mediante a supervisión dos seminarios dos equipos de traballo e co apoio da valoración dos alumnos do grao a través dun cuestionario deseñado para tal fin (HD05, HD10, HD11).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As 112,5 horas asociadas a unha materia de 4,5 ECTS coma esta repártense en 39,5 horas de sesións co profesorado e 73 horas de traballo persoal do alumnado.
O idioma de impartición da materia é castelán.
No caso de discrepancias entre as diferentes versións desta guía, prevalecerá a versión en castelán.
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Mauricio Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816800
- Correo electrónico
- miguel.mauricio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A6 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
18.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
18.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
18.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |