Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 14 Total: 27
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquisición de destrezas na identificación dos líquidos iónicos: formulación e nomenclatura.
- Análise crítica das súas vantaxosas propiedades respecto a disolventes tradicionais.
- Coñecemento dos principais procesos baseados en líquidos iónicos e o seu grao de desenvolvemento.
- Capacitación para o uso de coñecementos, algúns xa adquiridos e outros novos, no deseño e simulación de procesos (mediante ferramentas informáticas) baseados no uso de líquidos iónicos.
Tema 1. Introdución.
Química verde e enxeñaría verde. Sostibilidade: obxectivos de desenvolvemento sostible. Líquidos iónicos: definición, atractivo, orixes, evolución histórica.
Tema 2. Líquidos iónicos: tipos, propiedades e produción.
Catións e anións en líquidos iónicos. Tipos de líquidos iónicos. 'Disolventes de deseño'. Propiedades físicas, químicas e biolóxicas. Bases de datos. Produción de líquidos iónicos.
Tema 3. Electroquímica con líquidos iónicos.
Almacenamento de enerxía. Electroquímica e baterías.
Tema 4. Líquidos iónicos como disolventes (e catalizadores) en reaccións.
Reaccións orgánicas con líquidos iónicos. Catálise e biocatálise.
Tema 5. Líquidos iónicos en procesos de separación.
Destilación. Absorción. Extracción. Sistemas acuosos bifásicos. Membranas líquidas. Disolución e fraccionamento de biomasa.
Tema 6. Materiais baseados en tecnoloxía de líquido iónico.
Síntese de materiais. Nanotecnoloxía. Tecnoloxía de superficies.
Tema 7. Bio-líquidos iónicos.
Líquidos iónicos deseñados en función da propiedade biolóxica. Actividade antimicrobiana. Compostos farmacéuticos e outros.
Bibliografía básica:
- M. Freemantle. An Introduction to Ionic Liquids. RCS Publishing, Cambridge (Reino Unido), 2010. ISBN 978-1-84755-161-0.
- M. B. Shiflett (Ed.). Commercial Applications of Ionic Liquids. Springer, Cham (Suíza), 2020. ISBN 978-3-030-35244-8.
Bibliografía complementaria (recursos electrónicos):
- S. T. Handy (Ed.). Ionic Liquids-Classes and Properties. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-634-8.
- S. T. Handy (Ed.). Applications of Ionic Liquids in Science and Technology. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-605-8.
- J. I. Kadokawa (Ed.). Ionic Liquids-New Aspects for the Future. InTech, Croacia, 2013. ISBN 978-953-51-0937-2.
- A. Kokorin (Ed.). Ionic Liquids: Applications and Perspectives. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-248-7.
- A. Kokorin (Ed.). Ionic Liquids: Theory, Properties, New Approaches. InTech, Croacia, 2011. ISBN 978-953-307-349-1.
Coñecemento
(CN01) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencia
(CP02) Conceptualizar modelos de enxeñería, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
(CP03) Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización de outros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñería química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñería das reacciones químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
Habilidade
(HD01) Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
(HD02) Adaptarse ós cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de tipo económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sostibilidade.
Durante o desenvolvemento da materia utilizaranse distintas metodoloxías didácticas, buscando o logro do maior rendemento no proceso de ensino-aprendizaxe. Existirán exposicións orais nas que se presentarán os contidos básicos do programa proposto (CN01). A pesar de seguir a estrutura dunha clase maxistral, preténdese que o alumno se implique continuamente, para o que se intentará incentivar a súa participación activa na clase. Estas exposicións complementaranse mediante seminarios con participación interactiva entre alumno e profesor para a discusión de temas logo da súa lectura (HD01, HD02), presentación de comunicación tipo póster (CN01, CP03), desenvolvemento de actividades con ferramentas informáticas (CP02, CP03, HD01), etc. Realizarase ademais un traballo en grupos reducidos, consistente na exposición oral dun proceso baseado en líquidos iónicos e a súa simulación.
As horas de laboratorio desenvolveranse na aula de informática co uso do simulador Aspen-Hysys.
Utilizarase o Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia.
Desenvolvemento temporal de actividades nos seminarios de aula:
- Sesión 1. Introdución. Líquidos iónicos: tipos.
- Sesións 2 e 3. Líquidos iónicos: propiedades e produción.
- Sesión 4. Electroquímica con líquidos iónicos.
- Sesións 5 e 6. Líquidos iónicos como disolventes (e catalizadores) en reaccións. Preparación e presentación de un póster sobre líquidos iónicos e reaccións.
- Sesións 7 e 8. Líquidos iónicos en procesos de separación. Percorrido guiado polas instalacións dos laboratorios do grupo de investigación GI-1616 da USC.
- Sesións 9 e 10. Materiais baseados en tecnoloxía de líquido iónico. Bio-líquidos iónicos.
Desenvolvemento temporal de actividades nas aulas de informática:
- Sesión 1. Simulación con Aspen-Hysys dunha columna de extracción con líquido iónico.
- Sesión 2. Simulación con Aspen-Hysys dunha columna de destilación extractiva (líquido iónico como entrainer).
- Sesión 3. Simulación con Aspen-Hysys dun ciclo de refrixeración por absorción (líquido iónico como absorbente).
Conexión entre competencias e avaliación de actividades:
- Exame: CN01
- Simulación e presentación dun proceso baseado en líquidos iónicos:CP02, CP03, HD01
- Realización e presentación dun póster. Actividades na aula: CN01, CP03, HD01, HD02
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes mediante a realización de actividades, traballos ou resolución de problemas de forma individual ou por grupo. Así mesmo, os estudantes realizarán un exame con cuestións teórico-prácticas que permitirá individualizar a cualificación final.
Avaliación:
1. Exame: 30%
2. Traballos:
- Actividades: 30%
- Simulación e presentación: 30%
- Titoría/Informe do profesor: 10%
O sistema de avaliación é o mesmo para as dúas oportunidades (mantéñense as notas das actividades para a segunda oportunidade).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Estímase un total de 75 h (3 ECTS), que se reparten entre 29 h presenciais e 46 h de traballo autónomo do alumno. A distribución das horas presenciais segundo a tipoloxía da actividade será a seguinte:
- Clases expositivas: 12 h
- Docencia interactiva de seminario / visita técnica: 8 h
- Docencia interactiva de laboratorio / aula de informática: 6 h
- Titorización en grupo reducido: 1 h
- Exame e revisión: 2 h
A lingua de dispensación da materia será o castelán.
Ana Maria Soto Campos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816760
- Correo electrónico
- ana.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hector Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |