Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6.75 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 21 Total: 48.75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Área externa M.U en Internet de las Cosas - IoT
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Entender a importancia da ciberseguridade nun ecosistema IoT.
Coñecer o modelo de seguridade e as superficies de ataque nun ecosistema IoT.
Aprender a analizar, avaliar e clasificar os riscos e vulnerabilidades dun sistema IoT.
Coñecer a normativa vixente en ciberseguridade en IoT
Introdución:
* Contextualización.
* Fundamentos da ciberseguridade.
Seguridade en IoT:
* Modelo de Seguridade IoT e superficies de ataque.
* I+D+i en Seguridade en IoT.
Normativa:
* Aspectos legais.
* Análisis de vulnerabilidades.
* Avaliación de riscos.
Bibliografía básica:
* Brian Russell, Drew Van Duren (2016). Practical internet of things security. Packt Publishing Ltd
* Dykstra, Josiah (2016). Essential Cybersecurity Science: Build, Test, and Evaluate Secure Systems. O'Reilly Media
* Christina Skouloudi, Apostolos Malatras. ENISA IoT Security team (2018). Introduction to IoT security. ENISA-FORTH NIS Summer
Bibliografía complementaria:
* Boeckl, Katie et al. (2019). Considerations for Managing Internet of Things (IoT) Cybersecurity and Privacy Risks. NISTIR 8228
* CCN-CERT (2017). CCN-CERT BP-05: Informe de Buenas Prácticas en Internet de las Cosas. CCN
CNC03 - Identificar os conceptos básicos de ciberseguridade para IoT. TIPO: Coñecementos ou contidos.
HBL03 - Analizar os riscos de ciberseguridade dun sistema IoT. TIPO: Habilidades ou destrezas.
HBL12 - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e mulitidisciplinares, sendo capaces de integrar coñecementos. TIPO: Habilidades ou destrezas.
CMP07 - Garantir a seguridade da información xerada por dispositivos IoT. TIPO: Competencias.
Clases de teoría/Clase maxistral.
A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión de todo o material necesario para o seguemento das sesións maxistrais. Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos da materia, necesarios para poder entender a lóxica e o funcionamento dos diferentes protocolos e sistemas, así como para realizar as prácticas de laboratorio.
Clases prácticas de laboratorio.
A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión do material necesario para a realización das prácticas da materia. Nas prácticas de laboratorio o alumnado debe profundar en determinados aspectos teóricos da materia.
Realización de traballos tutelados/Traballo autónomo
A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión do material necesario para a realización do traballo tutelado por parte do alumnado.
Neste traballo, o alumnado afronta a realización dunha tarefa de carácter práctico na que ten que resolver unha serie de problemáticas de forma axeitada. Debe elaborar unha memoria técnicamente ben detallada, ben estruturada e ben redactada na que expoña o procedemento seguido para resolvelas.
* Seguemento continuado nas prácticas de laboratorio (20%)
Correspóndense co seguimento continuado do traballo do alumnado para a realización tanto da proba práctica como dos traballos tutelados. O seguemento lévase a cabo durante as horas de prácticas e, de ser o caso, por medio dunha defensa co profesorado de prácticas ou unha presentación oral.
* Avaliación de traballos prácticos (20%)
Un exame sobre o contido dos casos prácticos vistos na materia. Este exame avalía a capacidade do alumnado de levar os contidos teóricos á práctica.
* Avaliación de traballos tutelados (20%)
Relacionados co contido teórico-práctico da materia, estes traballos permiten ao alumnado afianzar os coñecementos obtidos tanto nas clases teóricas como nas prácticas. A realización dos traballos require da entrega dunha memoria en tempo e forma, onde se ten en conta a calidade tanto da redacción como do contido presentado.
* Exame Final (40%)
Ao final do bimestre realízase un exame onde o alumnado debe amosar o seu coñecemento sobre a materia. Pode conter preguntas tanto teóricas como prácticas. Esta parte é obrigatoria e débese obter un mínimo dun 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia.
OBSERVACIÓNS:
Para superar a materia, débese obter como mínimo un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia e obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba obxectiva. No caso de non obter o mínimo nesta proba, a materia considérase como suspensa e a nota final é a obtida nesta proba obxectiva.
Segunda oportunidade: O alumnado terá que realizar a proba obxectiva e poderá optar por manter a nota de prácticas obtida durante o período de docencia da materia, ou descartar esta nota e avaliarse da parte práctica mediante unha proba práctica e/ou a entrega de prácticas.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexerase de acordo coa normativa académica vixente das tres universidades do SUG.
Tempo total: 112,5 horas
Carga lectiva: 4,5 ECTS
Tempo de traballo (distribuido en horas presenciais + horas de traballo autónomo)
Sesión maxistral: 16 horas + 16 horas
Prácticas de laboratorio: 14 horas + 28 horas
Traballos tutelados: 1 hora + 9 horas
Proba práctica: 1 hora + 7 horas
Proba obxectiva (exame final): 3 horas + 15 horas
Atención personalizada: 2,5 horas
A atención personalizada é fundamental para un correcto desenvolvemento na materia por parte do alumnado. Ademáis, recomendase a asistencia a titorías do alumnado como método de apoio. Desde o punto de vista do profesor, a atención personalizada permite detectar posibles desaxustes na metodoloxía da materia e mellorar a calidade de forma continuada. Na aula virtual da materia indicarase a información relativa ó horario de titorías do profesorado.
Recoméndase ter cursado as materias:
Protocolos de Comunicacions para IoT/614557006
Dispositivos IoT/614557001
Redes de Comunicacións en IoT/614557002
Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia está escrita en inglés, recoméndase coñecer esta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos.
Esta materia segue os valores e directrices vixentes establecidos polas universidades do SUG, avogando polo respeto e a igualdade.
Maria Purificacion Cariñena Amigo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881813563
- Correo electrónico
- puri.carinena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula A10 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula A10 |