Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é introducir ó alumno na problemática ambiental, presentando a contaminación en distintos medios. Para iso facilitaranse uns coñecementos básicos (teóricos e prácticos) acerca da problemática existente coa contaminación ambiental de orixe antropoxénica. Estudarase a caracterización, xestión e tratamento das augas residuais, os residuos e os gases contaminados así como os fundamentos relacionados coa lexislación vixente. Ademais, presentaranse as principais políticas, ferramentas e indicadores desenvolvidos no marco da xestión ambiental para a prevención da contaminación. Son polo tanto obxectivos desta materia:
• Coñecer as principais tecnoloxías ambientais segundo o seu ámbito de aplicación.
• Ser capaz de dar resposta a un problema concreto de contaminación baseándose en criterios técnicos, legais e económicos.
• Ser capaz de avaliar o impacto ambiental de solucións técnicas propostas a un problema.
• Ser capaz de participar na implantación de ferramentas de xestión ambiental.
Desenvolveranse os contidos que figuran na memoria de Grao de Enxeñaría Química: "Contaminación. Caracterización de augas residuais. Pretratamentos e tratamentos de augas residuais. Caracterización, xestión e tratamento de residuos sólidos. Caracterización e tratamento de gases contaminados. Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC). Avaliación de Impacto Ambiental. Normativa vixente".
O desenvolvemento da materia estrutúrase en catro bloques:
Bloque I: Contaminación e Xestión Ambiental (7 h)
Tema 1. Panorámica xeral da problemática ambiental e cuestións éticas relacionadas. (2 h)
Impacto das actividades antropoxénicas. Tipos de contaminantes, orixe, caracterización e tratamento. Os límites do crecemento. Esgotamento de recursos non renovables. Concepto de desenvolvemento sostible e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Economía circular. Ética na enxeñaría ambiental.
Tema 2. Sistemas de xestión ambiental. (2 h)
ISO 14001 e EMAS. Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC). Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD). Documentos de referencia (BREF). Valores Límites de Emisión. Autorización Ambiental Integrada (AAI). Rexistro de Emisións e Transferencia de Contaminantes (PRTR). Ferramentas de xestión ambiental. Análise de Ciclo de Vida (ACV). Pegadas ambientais.
Tema 3. Avaliación do Impacto Ambiental. (3 h)
Marco conceptual, legal e institucional. Inventario ambiental. Valoración dos elementos ambientais. Identificación e valoración de impactos ambientais e cálculo do impacto final. Medidas para minimizar o impacto global. Programas de vixilancia ambiental. Estudios de casos.
Bloque II: Tratamento de augas residuais (14 h)
Tema 4. Introdución ao tratamento das augas residuais. (4 h)
Caracterización de augas residuais: parámetros físicos, químicos e biolóxicos. Caracterización de caudais e cargas contaminantes. Lexislación aplicable. Métodos de tratamento de augas residuais. Introdución á análise e selección de procesos de tratamento.
Tema 5. Pretratamentos e tratamentos físico-químicos. (4 h)
Separación de sólidos grosos, homoxeneización de caudais, decantación, sedimentación, flotación e filtración. Tratamentos químicos. Neutralización, precipitación química, coagulación-floculación, oxidación-redución, adsorción.
Tema 6. Fundamentos dos procesos de tratamento biolóxicos das augas residuais. (6 h)
Eliminación de materia orgánica e nitróxeno. Introdución e deseño do proceso de lamas activos. Problemas de explotación. Procesos de biomasa en suspensión. Reactores biolóxicos de biopelícula.
Bloque III: Caracterización e tratamento de residuos (8 h)
Tema 7. Caracterización dos residuos. (4 h)
Definición de residuo. Clasificación de residuos. Caracterización de residuos: propiedades físicas, químicas, térmicas e biolóxicas. Lexislación europea e estatal. Lista europea de residuos.
Tema 8. Tratamento de residuos (4 h)
Vertedoiros, tratamentos biolóxicos e procesos térmicos.
Bloque IV: Contaminación atmosférica e tratamento de gases contaminados (9 h)
Tema 9. Caracterización de contaminantes atmosféricos. (2 h)
Principais fontes e impactos dos contaminantes atmosféricos. Caracterización de correntes gasosas: partículas e gases. Emisión e inmisión. Cheiros. Lexislación.
Tema 10. Tecnoloxías de tratamento (I): eliminación de partículas en suspensión. (3 h)
Comportamento de partículas no seo dun fluído. Caracterización de correntes. Tecnoloxías de separación de partículas: cámaras de sedimentación, ciclóns, precipitadores electrostáticos, filtros de mangas e torres de lavado.
Tema 11. Tecnoloxías de tratamento (II): Contaminantes gaseosos e vapores (4 h).
Criterios para a definición dunha estratexia de tratamento. Principais procesos físico-químicos: i) incineración de COVs; ii) absorción; iii) Adsorción. Descontaminación de gases mediante reactores biolóxicos: biofiltración.
• Bibliografía básica
Kiely, G. Environmental Engineering. Boston: Mc-Graw Hill, 1998. ISBN: 0-07-709127-2. Sinatura ETSE: A200 1 C
Surampalli, R.Y., Zhang, T.C., Satinder, K.B., Krishnamoorthy, H., Rama, P. & Mausam, V. Handbook of Environmental Engineering. Boston: Mc-Graw Hill Education, 2018. ISBN: 9781259860225 (on-line)
• Bibliografía complementaria
• Tratamento de augas
Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery. 5ª Edición. New York: Mc-Graw Hill, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8. Sinatura ETSE: A213 13 H, I, K
• Tratamento de gases
Wark, K. & Warner, C.F. Contaminación del aire: origen y control. México: Limusa, 2001. ISBN: 978- 968-18-1954-5. Sinatura ETSE: A222 26 A,B,C
• Tratamento de residuos
Tchobanoglous, G. Gestión Integral de Residuos Sólidos. Madrid: Editorial Mc-Graw-Hill., 1998. ISBN: 84-481-1830-8. Sinatura ETSE: A233 9 B,C
• Xestión ambiental
Azapagic, A., Perdan, S. & Clift, R. Sustainable development in practice: case studies for engineers and scientists. Chichester (England): Wiley & Sons, cop., 2004. ISBN: 0-470-85609-2. Sinatura ETSE: A245 9, 9A
Claver Cortés, E., Molina Azorín, J.F. & Tarí Guilló, J.J. Gestión de la calidad y gestión medioambiental: fundamentos, herramientas, normas ISO y relaciones. 3ª Ed. Madrid: Pirámide, D.L. 2011. ISBN: 9788436824582. Sinatura USC: A EM 99 A.
Garmendia Salvador,A., et al. Evaluación de impacto ambiental. Madrid: Pearson/Prentice Hall, 2010. ISBN: 9788420543987. Sinatura USC: EMA 911.
Granero Castro, J. et al. Evaluación de Impacto Ambiental. FC Editorial. ISBN: 978-84-92735-51-8. Madrid, 2010. Sinatura ETSE: A242 33.
Competencias específicas
CI.10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sustentabilidade.
Competencias xerais
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
CG.10. Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar
CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese.
CT.5. Capacidade de xestión da información.
CT.7. Toma de decisións.
CT.8. Traballo en equipo.
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CT.16. Sensibilidade aos temas ambientais.
CT.19. Aprendizaxe autónoma.
CAMPUS VIRTUAL
A aula Virtual da USC utilizarase a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos estudantes, ofrecéndolles información sobre a programación docente ao longo do curso na clase e materiais complementarios para o estudo da materia (notas do profesor tamén como artigos científico-técnicos), promovendo o estudo autónomo do estudante e a xestión de fontes bibliográficas en inglés.
Ao comezo do curso facilitarase o seguinte material aos estudantes no campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia (galego, castelán, inglés).
• PLANIFICACIÓN DIARIA: unha guía onde se indicará a planificación detallada de actividades día a día.
• PRESENTACIÓNS: as presentacións-guía usadas polo profesor nas clases expositivas (formato pdf e videos mp4 xerados a partir das presentacións orixinais ppt).
• PROBLEMAS: fichero pdf coa relación de problemas así como suas resolucións (en algúns casos con videos demostrativos da súa resolución)
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: para cada tema como lexislación relevante, artigos científicos, enlaces a páxinas web con contido de interese (produtos, empresas, etc.)
• Clases expositivas e interactivas: Se usará a lección maxistral (clases expositivas) para desarrollar gran parte do temario. Os seminarios se dedicarán básicamente á realización de sesións de problemas (se entregarán boletines de exercicios) fomentando as clases interactivas coa participación dos alumnos na resolución dos mesmos.
• Visita técnica a unha instalación industrial: Contemplase a visita técnica a unha instalación de xestión de augas residuais ou ben de residuos urbanos e/ou industriais como complemento necesario aos temas indicados, sempre que sexa posible. Se pretende implicar aos alumnos na citada visita mediante a realización dunha evaluación a través dun cuestionario.
• Traballo en equipo: está planificado a realización dun traballo en equipo por parte dos alumnos, relacionado con algún tema do bloque I, que entregarán ao final da materia.
• Titorías Grupais: Se realizarán dúas tutorías grupais centradas en: a) as matrices de impacto nun EIA; b) modelización de reactores biolóxicos mediante a folla de cálculo Excel.
• Titorías individualizadas: se realizarán mediante a plataforma MS Teams a demanda do alumno.
AVALIACIÓN CONTINUA (AC)
Nesta materia usarase a seguinte ponderación:
- se se fan os cuestionarios curtos: EC: 70%, Exame final: 30%.
- se non se fan os cuestionarios curtos: EC: 35%, Exame final: 65%.
A cualificación do alumno é unha media ponderada do rendemento obtido nas partes avaliadas: exame, rendemento en aula (participación, traballo cooperativo) e visita técnica.
Actividades que comprende a Avaliación Continua
A Avaliación Continua comprende o seguemento das seguintes actividades:
• Cuestionarios de seguemento: 3-4 Cuestionarios cortos (aproximadamente 20 min) de Moodle a realizar tras cada bloque temático. A realizar de forma individual. Ponderación: 35%.
• As titorías grupais serán avaliadas por medio de un entregable (matriz de Leopold, Modelización en Excel). A realizar en equipos. Ponderación: 10% (5% cada una).
• O traballo en equipo consistirá nun entregable sobre un traballo temático do bloque I. Ponderación: 15%.
• A visita técnica será avaliada por medio dun cuestionario que será entregado aos alumnos o día da visita, que terán que cumprimentar durante a mesma e entregar ao finalizar a visita. A realizar de forma individual. Ponderación: 5%.
• Con “comportamento proactivo no aula” pretendese valorar a actitude diaria de cada alumno, en especial: a) mostra de que sigue ao día a materia e as discusións que se fan no aula; b) comentarios pertinentes sobre o tratado; c) motivación e actitude positiva en clase, entre outras. A realizar de forma individual. Ponderación: 5%.
Exame final
• O exame constará de dúas partes ben diferenciadas: preguntas de teoría (3,5 puntos) e problemas numéricos a resolver (3 puntos). É preciso que se obteña en cada unha das partes un mínimo de 3 sobre 10. A parte de teoría pode non facerse si se fixeron os cuestionarios de seguemento. Ponderación: 30 ou 65 %.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Distribución da cualificación
Evaluación Continua 3,5 7
- Cuestionarios - 3,5
- Tutorías Grupales 1 1
- Trabajo en equipo 1,5 1,5
- Visita técnica 0,5 0,5
- Proactividade 0,5 0,5
Examen final 6,5 3
- Teoría (mín. 30%) 3,5 -
- Problemas (mín. 30%) 3 3
TOTAL 10 10
A materia será superada cunha nota mínima final de 5, para o cal será necesario obter un 30% no exame (tanto en teoría como na práctica).
A consideración de “non presentado” terase si non se asiste a ningunha actividade avaliadora (exame, traballo en equipo ou visita técnica). Si non se asiste só a algunha delas, a calificación na primeira oportunidade será de “suspenso”.
Aos que teñan que teñan que acudir á segunda oportunidade conservaránselles as cualificacións obtidas no traballo en equipo, visita técnica e comportamento proactivo en aula. No caso de non ter participado en algunha actividad concreta terán preguntas adicionais:
- Si non participaron no traballo en equipo incluiránselles preguntas sobre tecnoloxías innovadoras.
- Si non participaron nas titorías grupais incluiránselles preguntas sobre os temas correspondentes.
- De non ter participado na visita técnica incluiránselles preguntas sobre a mesma.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
As competencias a avaliar son as siguintes:
Actividade……………………………Modalidad……………………………Competencias
Lección maxistral………………Expositiva…………………CI.10, CG.10, CG.11, CT.5, CT.16, CT.19
Realización de exercicios……Interactiva de Seminario……CI.10, CG.7, CT.1, CT.7, CT.13
Caso práctico……………………Titoría grupal……………………CI.10, CG.7, CG.11, CT.8, CT. 13
Visita técnica……………………Interactiva de Seminario…………… CI.10, CT.13, CT.16
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS que se reparten da forma que se sinala na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo computo do produto do factor polas horas correspondentes a cada actividades e as totais a carga de traballo que supón cada actividade. A carga total de traballo da materia é de 112,5 horas e implica que cada ECTS supoña 25 horas de traballo do alumno.
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS
Actividade................Horas aula...Horas alumno...ECTS
Clases maxistrais...........28,0.......34,0...............2,5
Seminarios......................9,0.......11,0...............0,8
Aula informática...............0,0........0,0................0,0
Prácticas laboratorio..........0,0........0,0................0,0
Titorías grupo..................1,0........4,0................0,2
Subtotal.........................38,0......49,0................3,5
Titorías individualizadas....1,0........2,0................0,1
Exame e revisión.............5,0......17,5................0,9
Total..............................44,0......68,5................4,5
Presuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter unha serie de coñecementos básicos que resultan de importancia para lograr superar a mesma, e que se dan ó longo dos 3 primeiros cursos da titulación de Grao en Enxeñería Química:
Química Fundamental, Química Inorgánica, Orgánica e Analítica.
Análise e Fundamentos de Procesos Químicos
Matemáticas, Informática e Física.
Enxeñaría da Reacción Química.
Transferencia de Materia.
Inglés técnico.
Asemade para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web). Recoméndase a asistencia a clase e participación activa do alumno nas mesmas, recoméndase tamén que se faga un estudio continuado da materia e que se faga uso da aplicación Moodle da materia de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
Recoméndase o emprego do Campus Virtual como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
A docencia será impartida en función dos dous grupos deseñados no PDA: (1) castelán/galego e (2) inglés. En todo caso, en ambos grupos poderanse manexar fontes de información que estén unicamente en lingua inglesa.
Francisco Omil Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816805
- Correo electrónico
- francisco.omil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anuska Mosquera Corral
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Inglés | Aula A8 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Inglés | Aula A8 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula Traballo |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula Traballo |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula Traballo |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A1 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A1 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02_inglés | Aula A2 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03_inglés | Aula A2 |