Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 24 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de Experimentación en Planta Piloto é unha disciplina obrigatoria experimental do Máster Interuniversitario en Xestión Sostenible da Auga, integrada no módulo 3 de Enxeñaría de Procesos.
O obxectivo da materia é que o alumnado realice unha serie de prácticas experimentais onde vai utilizar tanto os coñecementos adquiridos na titulación, así como adquirir novos coñecementos durante a elaboración de diversas prácticas de laboratorio. Neste sentido esta materia persigue os seguintes resultados do aprendizaxe enfocados para coñecer os procesos aplicados en potabilización e tratamento de augas residuais (físicos, químicos e biolóxicos), ser capaces de facer unha avaliación económica básica, elaborar informes e aplicar o pensamento crítico a todas estas actividades.
Co obxecto de conseguir os obxectivos, a materia consta dunha serie de prácticas experimentais onde, por exemplo, poden ver os seguintes procesos: flotación, coagulación-floculación, reactores de lodos activos, dixestor anaerobio, axitación e mestura, ozonización, procesos de oxidación Fenton, adsorción por carbón activo, determinación de coeficientes de transferencia de osíxeno, ósmose inversa, determinación de actividade de lodos aerobios, respirometría, reactores granulares aerobios, proceso SIAM anaerobio-aerobio, etc.
A materia ten os seguintes contidos xerais:
• Operación e control de procesos de tratamento e potabilización de augas a escala laboratorio e/o piloto.
• Operacións fisicoquímicas
• Monitorización de reactores biolóxicos.
A continuación, indícanse as prácticas de laboratorio que se impartirán para axustar os contidos indicados:
1.- Coagulación-floculación.
2.- Proceso de oxidación Fenton
3.- Cinética de degradación mediante ozono
4.- Planta de ósmose inversa
5.- Adsorción por carbón activo
6.- Flotación de lodos
7.- Reactor de lodos activos
8.- Reactor de biomasa granular
9.- Sedimentación de lodos
10.- Dixestión anaerobia
Básica
Guións de prácticas de Experimentación en Planta Piloto. Dpto. de Enxeñaría Química. Universidade de Santiago de Compostela.
DÍAZ, M. Ecuaciones y cálculos para el tratamiento de aguas. Madrid: Paraninfo, 2019. ISBN: 84-283-4152-4 (on-line)
Complementaria
ECKENFELDER, W. Wesley. Industrial Water Pollution Control 3ª ed. Boston: Mc-Graw Hill Book Company, 1999. ISBN: 0-07-116275-5
HENZE, M., VAN LOOSDRECHT, M.C.M., EKAMA, G.A. and BRDJANOVIC, D. Biological wastewater treatment: Principles, Modelling and Design. Londres. IWA Publishing, 2008. ISBN 978-1-84-339188-3
E-book descargable en el siguiente link:
https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento-biologico-de-aguas-r…
METCALF & EDDY Inc. Wastewater engineering: treatment and resource recovery. 5ª ed. New York: McGraw-Hill Higher Education, 2014. ISBN: 978-1-259-01079-8
PARSONS, S., JEFFERSON, B. Introduction to Potable Water Treatment Processes. Williston: Wiley, 2006. ISBN: 1405127961. E-book.
O alumnado desenvolverá os seguintes resultados da aprendizaxe que aparecen na memoria de estudios do Máster Interuniversitario en Xestión Sostenible da Auga.
Coñecementos:
CON4 Enumerar os sistemas de tratamento de auga, tanto para o abastecemento a poboacións ou industrias, como para a depuración e a posterior restitución dos medios naturais e reutilización da auga rexenerada. Identificar e describir os retos emerxentes no tratamento da auga.
Habilidades:
HAB3 Seleccionar e operar sistemas de tratamento innovadores adaptados a distintas realidades, entornas xeográficos e requirimentos de calidade, incluíndo os retos emerxentes e a aplicación de tratamentos verdes ou baseados na natureza. Experimentar con sistemas piloto de tratamento de auga.
Competencias:
COM3 Xulgar o rendemento e a idoneidade de diversas propostas de tratamento da auga. Comparar distintas alternativas. Integrar criterio experto na planificación de sistemas de tratamento de auga, considerando os retos emerxentes e as solucións verdes.
Realizaranse prácticas experimentais no laboratorio.
Cada grupo de 2-3 membros recibirá os guións de todas as prácticas dispoñibles das que farán 2 prácticas. Antes de comezar cada práctica, o alumnado disporá de 15-20 minutos para ler o guión, transcorrido este período, a profesora formulará preguntas sobre os fundamentos do proceso, tendo en conta o nivel de coñecementos que presentan. Recomendarase a lectura dunha determinada parte da bibliografía proposta ou se lle dará autorización para iniciar a práctica. Ao final da parte experimental, o alumnado realizará unha análise dos resultados, apoiándose no uso da bibliografía e no uso de follas de cálculo. En la realización das prácticas desenvolveranse as competencias CON4, HAB3 e COM3.
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) como ferramenta de comunicación entre profesora e alumnado, utilizando a devandita aplicación para poñer a disposición do alumnado guións de laboratorio e materiais complementarios.
Está previsto que no período de prácticas se realicen polo menos 2 prácticas de laboratorio. Valorarase, preferentemente, a calidade do traballo realizado. Para a cualificación final teranse en conta tres factores:
- Calidade do traballo realizado no laboratorio (20%). Valorarase a participación activa, a capacidade de traballo individual e en equipo, así como o mantemento da orde e limpeza no laboratorio. CON4, HAB3 e COM3
- Calidade do caderno e informe presentado (45%). O caderno e informe entregarase unha semana despois da finalización do período de prácticas. CON4, HAB3 e COM3
- Exame (35%) que se realizará na data prevista e no que se formularán cuestións relacionadas co laboratorio de prácticas experimentais, incluíndo cuestións relacionadas coa seguridade no laboratorio de prácticas. CON4, HAB3 e COM3
Para superar a materia é imprescindible a asistencia ás clases de laboratorio segundo o establecido na normativa da Universidade.
Para a segunda oportunidade do mesmo curso, conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados Caderno e informe + traballo de laboratorio. No caso de suspender o caderno e/ou informe o alumnado terá que facer un novo informe de prácticas antes da data de exame da segunda oportunidade.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións.
A memoria do Máster Interuniversitario en Xestión Sostible da Auga asigna unha carga de estudo de 24 horas presenciais no laboratorio, 2 horas de titoría grupal, 2 horas de exame e 47 horas de traballo persoal, que corresponden a 75 horas de traballo do alumnado ( 3 ECTS).
Recoméndase que o alumnado manteña actualizada a materia, e que prepare o caderno no laboratorio durante o período de prácticas.
A materia impartirase preferentemente en castelán e alternativamente en galego ou inglés no caso de alumnado estranxeiro.
É obrigatorio que o alumnado traia bata de laboratorio e un caderno por cada equipo de traballo.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñeza e cumpra as normas indicadas no "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais" da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da súa web, á que se pode acceder do siguiente xeito:
1. https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
2. Acceder á intranet coas credenciais persoais.
3. Entrar en Comisións > Comisión Seguridade e Saúde > Formación
4. Premer en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
Así mesmo, o alumnado disporá de información básica de funcionamento para cada unha das prácticas (guión), que incluirá os aspectos máis relevantes en relación coa seguridade e a prevención de riscos laborais.
O Campus Virtual utilizarase como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Anuska Mosquera Corral
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816779
- Correo electrónico
- anuska.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
15:00-18:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
Martes | |||
12:00-13:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
15:00-18:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
Mércores | |||
12:00-13:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
15:00-18:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
Xoves | |||
12:00-13:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
15:00-18:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
Venres | |||
12:00-13:50 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Planta Piloto |
15.01.2025 15:00-18:50 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
30.06.2025 15:00-16:50 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |