![Imaxe da investidura Imaxe da investidura](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/honoris-causa/image/2020-11/30-eduardo-garcia-de-enterria-dereito.jpg?itok=bWUYS4GT)
Eduardo García de Enterría
Considerado un dos xuristas máis notables do século XX en España, é un punto de referencia na elaboración de doutrina e investigación sobre dereito público. Foi Letrado do Consello de Estado e obtivo as cátedras de Dereito Administrativo nas Universidades de Valladolid e na Complutense de Madrid. Tamén son notables as súas aportacións á Constitución española de 1978.