













Investidura como Doutora Honoris Causa de Dna. María Emilia Casas Baamonde (03/12/2021)
Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social pola Universidade Complutense de Madrid, esta maxistrada galega foi a primeira muller á fronte do Tribunal Constitucional entre os anos 2004 e 2011.
A institución compostelá recoñece o compromiso desta xurista e “gran humanista” coa universidade e coa sociedade a través da defensa dos valores da xustiza e da igualdade entre homes e mulleres, tal e como explicou na súa 'Laudatio' o padriño e catedrático da USC Javier Gárate Castro
Ler máis