Ademais publícase o Boletín Criminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela, dedicado a analizar cuestións de actualidade e publícanse traballos de investigación realizados por alumnos.
O Instituto edita a revista anual Estudios Penales y Criminológicos, na que colaboraran recoñecidos profesores e investigadores de universidades españolas e estranxeiras.