-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito Público Especial e da EmpresaÁreas:
Dereito do Traballo e da Seguridade SocialCentro
Facultade de Relacións LaboraisConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Coñecemento dos conceptos básicos no campo da seguridade e saúde no traballo (factores de risco laboral, riscos laborais, efectos derivados dos riscos laborais).
Comprensión do marco normativo e da organización administrativa para a prevención de riscos laborais.De acordo cos contidos que figuran na Memoria do Título de Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC, o programa da materia é o seguinte:
LECCIÓN 1. INTRODUCIÓN
1. Saúde, traballo e ambiente de traballo.- 2. Relación entre saúde, traballo e ambiente de traballo.
LECCIÓN 2. RISCO LABORAL
1. Concepto: 1.1. O risco laboral grave e inminente; 1.2. Valoración dos riscos laborais.- 2. Factores de risco laboral: 2.1. Factores relacionados coas condicións de seguridade no traballo; 2.2. Factores relacionados co ambiente de traballo; 2.3. Factores psicosociais.-4. Técnicas de prevención e técnicas de protección dos riscos laborais.
LECCIÓN 3. OS DANOS DERIVADOS DO TRABALLO
1. Efectos derivados do risco laboral.- 2. Accidentes e enfermidades profesionais.- 3. Outros danos para a saúde.
LECCIÓN 4. MARCO NORMATIVO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (I): FONTES
1. Normativa internacional. A actividade normativa da OIT.- 2. A actividade normativa da Unión Europea.- 3. Referencias constitucionais: art. 40.2 da Constitución española.- 4. A Lei de prevención de riscos laborais.- 5. Disposicións de desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais.- 6. O papel da negociación colectiva.
Lección 5. MARCO NORMATIVO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (II): ÁMBITO SUBXECTIVO
1. Traballadores con contrato de traballo.- 2. Empregados públicos vinculados por unha relación administrativa ou estatutaria.- 3. Socios de cooperativas.- 4. Exclusións.- 5. Traballadores autónomos.- 6. Fabricantes, importadores e suministradores.
LECCIÓN 6. ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. Órganos da Unión Europea. A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo. Programas e estratexias de acción comunitarias no campo da seguridade e saúde no traballo.- 2. A política nacional de seguridade e saúde no traballo.- 3. Accións das administracións públicas competentes.- 4. Órganos administrativos de carácter especializado: Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no traballo; o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo; o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.- 5. O papel da Inspección de Traballo e Seguridade Social.Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
- María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
- Beatriz RODRÍGUEZ SANZ DE GALDEANO, Ana Belén MUÑOZ RUIZ (directoras): “Guía práctica de prevención de riesgos laborales”, editorial Cinca (última edición).
- José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
- Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Amanda MORENO SOLANA (directora) “Esquemas de Seguridad y Salud en el Trabajo”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.Xerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Traballar individualmente e en grupo.
Específicas:
- Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
-Comprender, definir e recoñecer o concepto de saúde laboral e os distintos factores que a determinan.
-Comprender e identificar os distintos factores de risco relacionados coas condicións de seguridade, coas condicións derivadas do medio de traballo e coas relacionadas coa organización e os factores de riscos psicosocial.
-Coñecer e distinguir os distintos danos profesionais, así como a distinción entre os distintos conceptos legais, técnicos e preventivos en relación co accidente de traballo, a enfermidade profesional e as enfermidades derivadas do traballo. Coñecer e distinguir a patoloxía específica do traballo e as patoloxías inespecíficas.
-Coñecer, distinguir e manexar as técnicas básicas de actuación fronte aos riscos profesionais.
-Coñecer a complexidade do marco normativo da prevención de riscos laborais. Coñecer e aplicar a normativa de prevención á empresa e ás distintas organizacións, así como valorar a normativa de prevención nos seus diferentes contextos.A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar ó estudantado a seguir a explicación, pero, en ningún caso, son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, o alumnado terá que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado polo docente.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente co estudantado.O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Traballo do alumnado durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas -non basta a mera asistencia-, resolución de casos prácticos, cuestionarios, exposicións orais, e demais actividades que se realicen): ata un máximo do 30% da nota. Esta puntuación só se terá en conta se o alumnado obtén, cando menos, un 5 no exame final escrito.
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia : sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter ata un máximo de 3 puntos, pola realización de actividades, traballos e supostos prácticos que se propoñan.Considérase necesario adicar un total de 99 horas de traballo persoal paar a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
-
Silvia Fernandez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Barbara Torres Garcia
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- barbara.torres.garcia@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Lidia De La Iglesia Aza
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- lidiadelaiglesia.aza@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Mércores 09:00-11:00 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Castelán Aula 6 Xoves 15:00-17:00 Grupo B - horario de tarde (A-L) Castelán Aula 6 Exames 14.01.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 3 14.01.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 3 14.01.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 5 14.01.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 5 14.01.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 6 14.01.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 6 19.06.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 3 19.06.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 3 19.06.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 5 19.06.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 5 19.06.2025 09:30-12:30 Grupo B - horario de tarde (A-L) Aula 6 19.06.2025 09:30-12:30 Grupo A - horario de mañá (M-Z) Aula 6