Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Facenda Pública: Ingresos e Gastos é unha materia obrigatoria do Grao en Economía, que se imparte no primeiro semestre do terceiro curso. O seu obxectivo principal é que o alumnado adquira un coñecemento sólido sobre a actividade financeira do sector público, abordando tanto os ingresos como os gastos públicos. A materia comeza cunha introdución teórica sobre os antecedentes históricos e os principios xerais que rexen estas dúas dimensións da facenda pública. A continuación, analízanse e clasifícanse os principais aspectos relacionados cos programas de gasto, o orzamento do sector público, os tipos de ingresos e a súa dimensión, os impostos, os requisitos dun bo sistema impositivo e a análise dos impostos, coa referencia específica á actividade financieira en España.
1. O sector público como axente económico e a súa organización
Definición, funcións e dimensión do sector público. Niveis de goberno e estrutura institucional.
2. O orzamento público
Concepto, funcións e ciclo orzamentario.
3. Intervención pública e toma de decisións
Fallos de mercado e xustificación da intervención pública. Criterios económicos e políticos na toma de decisións públicas.
4. O gasto público: eficiencia e equidade
Análise do gasto público. Avaliación da súa incidencia, eficiencia e impacto redistributivo.
5. O financiamento do sector público: sistema tributario e conceptos básicos
Fontes de financiamento público. Estrutura e principios dun sistema tributario.
6. Imposición: incidencia, eficiencia e equidade
Análise económica dos impostos. Incidencia legal e efectiva, efectos sobre a eficiencia e a equidade.
7. Déficit e débeda pública. Regras fiscais
Conceptos de déficit e débeda pública. Causas, consecuencias e marcos normativos de disciplina fiscal.
Bibliografía básica. Manual de referencia:
Ayala et al. (2024). Economía del Sector Publico, Aranzadi, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Albi et al. (última edición): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona.
Corona, J. y Díaz, A. (2000). Introducción a la Hacienda Pública, Ed. Ariel, Barcelona
Fuentes, E. (1990). Hacienda Pública. Introducción y Presupuesto, Ed. Rufino García Blanco, Madrid
Gruber, J. (2005): Public Finances and Public Policy, Worth Publishers
López, M. Utrilla, A. (1998). Introducción al Sector Público Español. Ed. Civitas. Madrid
Musgrave, R.; Musgrave, P. (1999). Hacienda Pública Teórica y Aplicada, McGraw Hill, Madrid.
Rosen, H. (2007): Hacienda Pública, Ed. McGraw-Hill, Madrid. (7ª edición)
Stiglitz, , J.E. (2006): La Economía del Sector Público, Ed. Antonio Bosch, Barcelona
Bibliografía complementaria puntual.
En cada tema, a través do campus virtual, proporcionaranse referencias a traballos “para saber mais”
Competencias básicas
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación de forma profesional, e que dispoña das competencias necesarias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos, así como a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes, normalmente no ámbito da súa área de estudo, co fin de emitir xuízos que inclúan unha reflexión crítica sobre aspectos sociais, científicos ou éticos.
CB4. Que o estudantado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado, empregando un rexistro adecuado a cada contexto.
CB5. Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a nivel xeral e resolver problemas sobre estas cuestión facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
CG5- Facerse cos coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía e técnicas propias de representación e presentación de datos da disciplina.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese, aplicada á comprensión e abordaxe de situacións complexas no ámbito da economía.
CT4. Habilidade para buscar, seleccionar, xestionar e utilizar de maneira eficaz a información relevante procedente de fontes diversas.
CT6. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de maneira eficaz, empregando metodoloxías e ferramentas adecuadas.
CT9. Desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe, asumindo a responsabilidade do propio proceso formativo e sendo capaz de autoorganizar o estudo e a adquisición de coñecementos.
Competencias Específicas:
CE1. Coñecer e comprender a natureza da economía e o funcionamento do entorno económico, facendo especial fincapé na economía do sector público.
CE2. Dominar os coñecementos e técnicas de análise e representación propias da economía do sector público.
CE3. Coñecer e aplicar ferramentas de análise do ingreso e gasto público.
A metodoloxía da ensinanza combina diversas estratexias didácticas co obxectivo de facilitar unha aprendizaxe. Emprégase a clase maxistral para presentar os conceptos fundamentais e ofrecer unha base teórica sólida. Compleméntase coas clases prácticas e interactivas, con actividades complementarias que permiten achegar o alumnado á realidade práctica e actual do sector público estatal, autonómico e local. Ademais, trabállase con estudos de caso que permiten analizar situacións reais e desenvolver a capacidade crítica. Finalmente, promóvese a aprendizaxe baseada en proxectos ou casos prácticos, fomentando o traballo en equipo, a resolución de problemas e a aplicación directa dos contidos teóricos.
O alumnado ha de manexar a aplicación do campus virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
O sistema de avaliación será continuo e combinará diferentes instrumentos para valorar o grao de adquisición das competencias por parte do alumnado. Realizarase un exame composto por distintos apartados, que incluirán preguntas obxectivas tipo test, cuestións de desenvolvemento, así como a resolución de problemas e exercicios prácticos. Terase tamén en conta a participación activa nos debates organizados e a observación sistemática do rendemento académico ao longo do curso, valorando a implicación, o pensamento crítico e a capacidade de análise do estudantado. O peso relativo das probas de avaliación continua será dun 30% e a proba final pondera un 70%.
TRABALLO presencial ou virtual Horas
Clases expositivas 30
Clases interactivas 18
Titorías en grupo reducido ou individual 12
Total horas traballo presencial na aula 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudio autónomo individual o en grupo 50
Escritura de eXercicios, conclusións ou outros traballos 25
Otros traballos no ordenador/laboratorio 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante 10
Total horas traballo persoal do alumno 90
Recoméndase que o alumnado realice un seguimento continuado das sesións presenciais, prestando especial atención ás explicacións do profesorado e participando activamente nas actividades propostas. É fundamental complementar o contido das clases coas lecturas recomendadas, que axudan a afondar nos conceptos clave e a contextualizar a teoría na práctica. Así mesmo, a asistencia ás actividades programadas, como conferencias ou seminarios, contribuirá a unha comprensión máis ampla e aplicada da materia. A elaboración rigorosa dos traballos, exercicios e tarefas propostas permitirá ao alumnado consolidar os coñecementos adquiridos, sendo este un elemento esencial no proceso de aprendizaxe e avaliación continua.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento da USC. Para a avaliación do rendemento académico do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoaquin Maria Fernandez Leiceaga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- xoaquin.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jaime Gaya Moreno
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- jaime.gaya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
Martes | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
15.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
15.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
15.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
15.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
15.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
22.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |