Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Federalismo Fiscal é unha materia de carácter obrigatorio que se imparte no primeiro semestre do cuarto curso do Grao en Economía. A súa ensinanza enmárcase na continuidade formativa das materias de Facenda Pública, abordadas previamente no terceiro curso. Unha vez adquiridos os fundamentos e os aspectos principais da actividade financeira do sector público, esta materia céntrase na análise das xustificacións e resultados da descentralización fiscal dende unha perspectiva económica.
A docencia comeza cos fundamentos teóricos e os instrumentos básicos do federalismo fiscal, combinando o marco conceptual co estudo de experiencias internacionais comparadas. Esta aproximación permite abordar con maior profundidade o caso específico de España, tanto no ámbito autonómico como no local, a través dunha análise que integra a evolución histórica, o funcionamento actual e os principais retos do modelo descentralizado.
Na parte final da materia, a descentralización fiscal enmárcase no proceso máis amplo de desenvolvemento do Estado Autonómico e o seu impacto sobre a xestión pública. A formación complétase cun enfoque práctico centrado na liquidación dos principais tributos autonómicos e locais, o que contribúe a reforzar o coñecemento aplicado e complementa o estudo realizado noutras materias sobre o sistema fiscal español incluídas no Grao.
1. A teoría do federalismo fiscal: fundamentos e instrumentos
Introdución aos principios económicos do federalismo fiscal. Funcións dos diferentes niveis de goberno. Deseño das competencias e asignación de recursos..
2. O federalismo fiscal no contexto internacional
Análise comparada de modelos de federalismo fiscal en distintos países. Experiencias de descentralización fiscal e os seus efectos económicos. Leccións relevantes para o caso español.
3. As Comunidades Autónomas e o sistema de financiamento autonómico
Estrutura e evolución do financiamento autonómico en España. Recursos tributarios e transferencias. Problemáticas actuais e propostas de reforma. Liquidación de impostos autonómicos.
4. As entidades locais e o sistema de financiamento local
Sistema de financiamento local. Recursos tributarios e transferencias. Problemáticas actuáis e propostas de reforma. Liquidación de impostos locais
5. O desenvolvemento do Estado Autonómico
Aspectos institucionais, Descentralización e cohesión territorial. Impacto na xestión e nos servizos públicos.
6. Recapitulación e extensión
Análise integrada dos desafíos actuais do federalismo fiscal en España.
Bibliografía básica
- Albi, E. et al. (última edición). Economía Pública I, Ed. Ariel
-Cadaval , M. (2011): “Sistema de financiamento local e autonómico en España.” Unidade didáctica 4, USC.
-Cadaval, M., Fernández Leiceaga, X., y Lago Peñas, S. (2024): “ Economía política del federalismo fiscal español. A la espera de una reforma de la financiación autonómica”, 10 años de gestión pública intergubernamental en Iberoamérica, IEF. https://www.ief.es/docs/destacados/publicaciones/libros/hp/2022_10AGest…
-De la Fuente, A. (2023): Financiación autonómica: Una breve introducción, https://documentos.fedea.net/pubs/eee/eee2019-07.pdf
-Lago Peñas, S. (2021): 40 años de descentralización en España (1978-2018): Balance y perspectivas, FUNCAS. https://www.funcas.es/wp-content/uploads/2021/02/Estudio-de-la-Fundaci%…
-Lago Peñas, S. (2023): “La deuda de las comunidades autónomas: evolución reciente y perspectivas”, Cuadernos de Información Económica, 293. https://www.funcas.es/wp-content/uploads/2023/03/Lago_Final.pdf
-Lago Peñas, S. y Vaquero, A. (2016): Descentralización y Sistema Tributario. Lecciones de la Experiencia Comparada, Fundación Impuestos y Competitividad, Madrid. https://static.fundacionic.com/2016/04/22115259/descentralizacion-y-sis…
-Ministerio de Hacienda (2017): Informe de la Comisión de Expertos para la Revisión del Modelo de Financiación Autonómica, Madrid. https://www.ief.es/docs/destacados/publicaciones/libros/lb/2018_Reforma…
Bibliografía complementaria
- Lago, M.E., Lago-Peñas, S. y Martinez-Vazquez, J. (2024): “Side Effects in Designing Intergovernmental Grants” OECD Background Paper, https://www.researchgate.net/profile/Santiago-Lago-Penas/publication/38…
- Martinez‐Vazquez, J., Lago‐Peñas, S. y Sacchi, A. (2017): “The Impact of Fiscal Decentralization: A survey”, Journal of Economic Surveys 31 (4), 1095-1129.
Competencias básicas
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación de forma profesional, e que dispoña das competencias necesarias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos, así como a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes, normalmente no ámbito da súa área de estudo, co fin de emitir xuízos que inclúan unha reflexión crítica sobre aspectos sociais, científicos ou éticos.
CB4. Que o estudantado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado, empregando un rexistro adecuado a cada contexto.
CB5. Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a nivel xeral e resolver problemas sobre estas cuestión facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
CG5- Facerse cos coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía e técnicas propias de representación e presentación de datos da disciplina.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese, aplicada á comprensión e abordaxe de situacións complexas no ámbito da economía.
CT4. Habilidade para buscar, seleccionar, xestionar e utilizar de maneira eficaz a información relevante procedente de fontes diversas.
CT6. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de maneira eficaz, empregando metodoloxías e ferramentas adecuadas.
CT9. Desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe, asumindo a responsabilidade do propio proceso formativo e sendo capaz de autoorganizar o estudo e a adquisición de coñecementos.
Competencias Específicas:
CE1. Coñecer e comprender a natureza da economía e o funcionamento do entorno económico, facendo especial fincapé na economía do sector público.
CE2. Dominar os coñecementos e técnicas de análise e representación propias da economía do sector público.
CE3. Coñecer e aplicar ferramentas de análise do ingreso e gasto público.
A metodoloxía da ensinanza combina diversas estratexias didácticas co obxectivo de facilitar unha aprendizaxe. Emprégase a clase maxistral para presentar os conceptos fundamentais e ofrecer unha base teórica sólida. Compleméntase coas clases prácticas e interactivas, con actividades complementarias que permiten achegar o alumnado á realidade práctica e actual do sector público estatal, autonómico e local. Nas interactivas trabállase coa normativa tributaria para a liquidación dos tributos autonómicos e locais.
Finalmente, promóvese a aprendizaxe baseada en proxectos ou casos prácticos, fomentando o traballo en equipo, a resolución de problemas e a aplicación directa dos contidos teóricos.
O alumnado ha de manexar a aplicación do campus virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
O sistema de avaliación será continuo e combinará diferentes instrumentos para valorar o grao de adquisición das competencias por parte do alumnado. Realizarase un exame composto por distintos apartados, que incluirán preguntas obxectivas tipo test, cuestións de desenvolvemento, así como a resolución de problemas e exercicios prácticos. Terase tamén en conta a participación activa nos debates organizados e a observación sistemática do rendemento académico ao longo do curso, valorando a implicación. O peso relativo das probas de avaliación continua será dun 30% e a proba final pondera un 70%.
TRABALLO PRESENCIAL e ou VIRTUAL
Clases expositivas 23
Clases de grupo reducido 13
Clases e titorías en grupo reducido ou individual 9
Total horas traballo presencial na aula 45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 7,5
Actividades en computador ou prácticos 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 5
Total horas de traballo persoal do alumno 67,5
Recoméndase que o alumnado realice un seguimento continuado das sesións presenciais, prestando especial atención ás explicacións do profesorado e participando activamente nas actividades propostas. É fundamental complementar o contido das clases coas lecturas recomendadas, que axudan a afondar nos conceptos clave e a contextualizar a teoría na práctica. Así mesmo, a asistencia ás actividades programadas, como conferencias ou seminarios, contribuirá a unha comprensión máis ampla e aplicada da materia. A elaboración rigorosa dos traballos, exercicios e tarefas propostas permitirá ao alumnado consolidar os coñecementos adquiridos, sendo este un elemento esencial no proceso de aprendizaxe e avaliación continua.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento da USC. Para a avaliación do rendemento académico do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Santiago Lago Peñas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
13.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |