Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. O obxectivo principal da materia é acadar un coñecemento máis profundo dalgunhas obras e tradicións singulares da literatura medieval española, partíndo da base de que os estudantes matriculados deben ter xa un coñecemento xeral da época histórico-literaria en cuestión.
2. Desenvolvemento da capacidade crítico-filolóxica do alumno para a análise literaria aplicada a textos medievais.
3. Adquisición da terminoloxía básica para a realización de comentarios de textos literarios especialmente relevantes na literatura hispánica medieval.
4. Adquisición de conceptos fundamentais de Retórica e Estilística.
5. Estudo da continuidade e recepción da literatura medieval, das súas obras, os seus tópicos e estilemas.
Os contidos deste curso poden variar dun ano a outro. Está diseñado como un curso de especialización en literatura española da Idade Media, que sirva de ponte ou enlace cun posgrado investigador, polo que sus contados poden versar sobre algún dos seguintes aspectos:
-Autores e obras da literatura española propios di dito período, que pola súa relevancia para a formación do canon e o cabal entendimiento da historia da literatura requien unha atención monográfica.
-Análise da orixe e evolución de aqueles xéneros que neste período adquiren particular desarrollo e significado na formación de modelos que evolucionan ao longo da historia da literatura.
-Movimentos e correntes literarias, coa súa fundamentación teórica, con especial incidencia nos textos e autores que as exemplifican.
1. Introducción aos textos e á cultura da Idade Media
2. Texto do Cantar de Mío Cid
3. Texto do Libro de Buen Amor
4. Razón de Amor con los denuestos del agua y del vino
5. El Conde Lucanor
6. El Romancero
Bibliografía básica:
A meirande parte dos textos será entregada aos estudantes na clase ou mediante a Aula Virtual da asignatura. No caso de centrarse na análise global dunha obra completa ou dun fragmento máis extenso, indicaranse no seu momento as edicións recomendadas e a súa accesibilidade .
Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA SOBRE O COMENTARIO LITERARIO
Carrasco, I y G. Fernández Ariza, eds., El comentario de textos, Universidad de Málaga, 1998.
Díez Borque, José María, Comentario de textos literarios. Métodos y práctica, Madrid, Playor, 1977.
Domínguez Caparrós, José, Introducción al comentario de textos, Madrid, MEC, 1977.
Lázaro Carreter, F. y G. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 1974.
Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, 1995.
Paraíso, Isabel, el comentario de textos poéticos, Madrid, Júcar, 1988.
Villanueva, Darío, El comentario de textos narrativos: novela y cuento, Madrid, Mare Nostrum, 2006.
VV. AA., El comentario de textos, Madrid, Castalia, 4 vols., 1973-1983.
Manuais Literatura Medieval
Deyermond, Alan, Historia de la literatura española. Tomo I: La Edad Media, Barcelona: Ariel.
López Estrada, Francisco, Introducción a la literatura medieval española, Madrid: Gredos.
Alborg, Juan Luis, Historia de la literatura española. Edad Media, Madrid: Gredos.
Alvar, Carlos y José M. Lucía Megías, Diccionario filológico de literatura medieval española: textos y transmisión, Madrid: Castalia, 2002.
Corominas, Joan (1973), Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Madrid: Gredos.
Curtius, Ernst Robert (1948), Literatura europea y Edad Media latina, México: FCE.
Deyermond, Alan, ed., Historia y crítica de la literatura española. I Edad Media, dir. F. Rico, Barcelona: Crítica.
— Historia y crítica de la literatura española. I/1 Edad Media. Primer suplemento, dir. F. Rico, Barcelona: Crítica
García de Cortázar, José Angel, La época medieval, en Miguel Artola, dir., Historia de España Alfaguara II, Madrid: Alianza-Alfaguara.
Gargano, Antonio, La literatura en tiempos de los Reyes Católicos, Madrid, Gredos, 2012.
Gómez Redondo, Fernando, Historia de la prosa medieval castellana, Madrid: Cátedra,4 vols.
Lacarra, María Eugenia, ed., Evolución narrativa e ideológica de la literatura caballeresca, Bilbao: Universidad del País Vasco.
Pedraza Jiménez, Felipe B. / Milagros Rodríguez Cáceres, Manual de literatura española,I Edad Media, Navarra, Cenlit, 1980-2005.
Rodríguez Cacho, Lina, Manual de Historia de la Literatura Española, v. 1, Siglos XIII al XVII, Madrid, Castalia, 2009.
Viña Liste, José Mª, Cronología de la literatura española. I. Edad Media, Madrid: Cátedra.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Adquisición E comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. Poderase valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario, adicando a atención aos autores e obras que consideren máis axeitados.
Aínda que a meirande parte das sesións presenciais son expositivas, a naturaleza da asignatura aconsella dotala dun acusado carácter práctico: mesmo a explicación de contidos teóricos conlevará a devandita compoñente, isto é, irá acompañada da reflexión e o comentario a propósito dos textos literarios concretos.
Cómpre decir por iso que as explicacións tomarán como punto de partida os textos, para, a partir do comentario práctico dos mesmos, extraer as nocións teóricas que o alumno poderá aplicar despois a outros textos, no ámbito da aula ou fóra dela. En lóxica consecuencia, necesítase que o alumno adopte unha actitude participativa durante as sesións presenciais.
Algunhas tarefas serán de tipo non presencial aproveitando os recursos dixitais proporcionados pola Aula Virtual e as diferentes ferramentas dixitais que se usen.
A asistencia ás clases será obligatoria.
1ª oportunidade
A avaliación do alumno se realizará exclusivamente mediante avaliación continua ao longo do curso. Esta avaliación basearase nun 50% en pequenos traballos de comentarios literarios ou pescudas particulares sobre asuntos concretos, individuais ou en grupo. O 50% corresponderá á realización dun traballo sobre un tema /obra / aspecto da literatura medieval e a súa recepción, que se exporá e debatirá na clase. Ademáis, contará para a calificación final a participación activa nas sesións de actividades copresenciais.
En todos estes exercicios, o alumno deberá demostrar a súa capacidade de análise dacordo coas pautas explicadas nas sesións, a adquisición da terminoloxía, os conceptos básicos para o comentario literario e, de maneira especial, a súa madurez á hora de redactar e expoñer un texto en español e explicar o significado do texto analizado.
2º oportunidade
Dado que o sistema de avaliación continua valorará os exercicios e tarefas presentadas polos alumnos ao longo do curso, a segunda oportunidade será avaliada por medio da nova presentación de aqueles traballos que non tiveran superado o nivel de calidade eixixido para superar a materia. Polo tanto, proporase a estes alumnos un número concreto de tarefas para que sexan presentadas nun periodo razoable de tempo para a superación da segunda oportunidade.
No seu caso, os estudantes con dispensa oficial de asistencia e os afectados pola coincidencia horaria serán avaliados mediante un sistema equivalente aos alumnos que se presenten á segunda oportunidade.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
CAMPUS DE LUGO:
Dado que a materia, en extinción, non ten dereito a docencia no Campus de Lugo, a cualificación dependerá exclusivamente do exame, e a cualificación do mesmo será o 100 %.
Sesións expositivas 32 Presencialidade: 100
Sesións de seminario 16 Presencialidade: 100
Sesións de titoría programada 3 Presencialidade: 100
Sesións de avaliación 3 Presencialidade: 100
Traballo autónomo do alumno 96 Presencialidade 0
1. O alumno deberá realizar unha lectura moi detida, previa ás sesións expositivas e interactivas, de tódolos textos propostos para o traballo na aula para unha máis sinxela comprensión das explicacións e un máis eficaz traballo práctico sobre os mesmos.
2. É fundamental a consulta da bibliografía recomendada, especialmente para a adquisición de terminoloxía e conceptos básicos no comentario literario.
3. Dado o carácter eminentemente práctico da asignatura, recoméndase ao alumno que manteña unha actitude participativa nas clases, con posibles intervencións e exposicións orais durante as sesións.
Os contidos e a orientación da asignatura aconsellan que el alumno posúa unha boa competencia lingüística en español, pois so así poderá abordar a análise e a interpretación dos textos literarios.
Se houber unha presenza destacable de alumnos matriculados nesta materia que procederan de culturas nas que a lingua española non fose primeira lingua, se intentará efectuar as modificacións pertinentes para axustar o programa ás necesidades da docencia e a súa avaliación.
Se se tratara de alumnos de intercambio que non acadan un nivel de comprensión suficientemente adecuado á dificultade dos textos presentados, tratarse de axeitar o nivel de esixencia e de dificultade dos materiais de traballo.
De existiren grupos moi diferenciados no nivel de coñecemento da literatura española e no dominio da lingua, arbitrarase unha medida consensuada cos alumnos para o sistema de avaliación e para as actividades docentes descritas neste programa.
Santiago Fernandez Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811815
- Correo electrónico
- santiago.fernandez.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D04 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D05 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |