Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Que o alumnado comprenda as vantaxes que as chamadas ‘novas tecnoloxías’ supoñen para o estudo e a investigación da literatura e da lingüística románicas.
2. Que o alumnado poida reflexionar sobre o avance da cultura dixital aplicada aos estudos da literatura románica e tamén ser consciente dos seus límites actuais.
3. Que o alumno teña información sobre as principais etapas de desenvolvemento da chamada ‘cultura dixital’ aplicada aos estudos lingüísticos e literarios.
4. Que o alumno teña información dos corpora das linguas e literaturas románicas e das súas posibilidades de explotación.
5. Que o alumno coñeza as bases de datos máis importantes dos distintos ámbitos da lingüística e literatura románicas, así como os principios a partir do seu funcionamento.
6. Que o alumno coñeza os principais recursos bibliográficos existentes na rede para o estudo e a investigación das linguas e literaturas románicas.
7. Que o alumno tome conciencia do avance que supuxo a introdución das novas tecnoloxías na práctica de edición dos textos en lingua románica, coa aparición das chamadas ‘edicións dixitais’, de novos métodos de representación dos textos, da elaboración de datos atendendo ás necesidades particulares do investigador, e na análise dos datos.
8. Que o alumno coñeza as bases das principais linguaxes de marcado, sobre todo XML, con etiquetas ou marcas útiles para a análise e a presentación de textos literarios en lingua románica.
9. Que o alumno se decate da importancia da política do Open Access na nova era dixital e o que iso supón para a presentación e a explotación dos datos, así como das novas ferramentas para a xestión bibliográfica e das outras posibilidades permitidas polas ‘redes sociais’.
10. Que o alumno sexa capaz de demostrar e elaborar os coñecementos adquiridos nas clases interactivas e sobre todo no suposto práctico que ten que realizar.
1. As novas tecnoloxías e a Filoloxía Románica. Evolución histórica e contextos de aplicación das novas tecnoloxías. O ordenador como auxiliar da literatura e da lingüística románicas.
2. As bases de datos e os corpora: panorámica xeral. Bases de datos de textos literarios e de datos bibliográficos; bases de datos lexicográficas; corpora dixitalizados, corpora virtuais e metarquivos. Adquisición, representación e xestión dos datos.
3. Novas tecnoloxías e edición crítica. Edicións dixitais, hipertextos, sistema de etiquetado útil para a creación de novas edicións e para a explotación dos textos (elementos básicos de XML).
4. Instrumentos de presentación e de organización de datos. A política do Open Access. A ‘Rede Semántica’. Citación bibliográfica na era dixital e ferramentas útiles para a xestión da bibliografía.
Bibliografía básica
CANDELA, L. et al. (2011): “History, Evolution and Impact of Digital Libraries”, en E-Publishing and Digital Libraries: Legal and Organizational Issues [https://www.researchgate.net/publication/229422428_History_Evolution_an…].
DISCROLL, M. J.-PIERAZZO, E. (2016): Digital Scholarly Editing: Theories and Practices. Cambridge.
LUCÍA MEGÍAS, J. M. (2012): Elogio del texto digital, Madrid.
PIERAZZO, E. (2015): Digital scholarly editing: theories, models and methods. Farnham, Surrey.
PONS, A. (2013): El desorden digital: guía para historiadores y humanistas. Tres Cantos (Madrid).
RIDLEY, J. (2017): Understanding metadata: what is metadata and what is it for?. Baltimore [en liña, https://groups.niso.org/apps/group_public/download.php/17446/Understand].
SCHREIBMAN, S. et al. (2015): A New Companion to Digital Humanities. Malden.
SAHLE, P. (2016): Criterios para la reseña de ediciones digitales académicas (EDA), versión 1.1 [https://www.i-d-e.de/publikationen/weitereschriften/criterios-version-1…].
TORRUELLA CASAÑAS, J. (2017): Lingüística de corpus: génesis y bases metodológicas de los corpus (históricos) para la investigación en lingüística. New York.
TTHUB = Text Technologies Hub. Recursos sobre tecnologías del texto y edición digital. Leccións 1 e 2 (TEI e XML) [https://tthub.io/acerca-de-tthub/].
UNSWORTH, J. (2002): “What is Humanities Computing and What is not?”, Jahrbuch für Computerphilologie 4, pp. 71-84.
Bibliografía complementaria (igualmente recomendable)
BIRNBAUM, D. et al (2017): “The Digital Middle Ages: An Introduction”, Speculum 92/1, pp. 1-38.
FRADEJAS RUEDA, J. M. (2009-2010): “La codificación XML/TEI de textos medievales”, Memorabilia 12, pp. 219-247.
ROJAS CASTRO, A. (2018): “La edición académica digital. De las teorías del texto a la visualización de la información”, en Humanidades Digitales: Edición, Literatura y Arte. CDMX.
Recursos en liña
BDM = Biblioteca Digital Mundial [https://www.wdl.org/es/].
CODOLGA = Corpus Documentale Latinum Gallaeciae [http://corpus.cirp.gal/codolga].
CollateX [http://collatex.net/].
CdT = Corpus des Troubadours [http://trobadors.iec.cat].
CH = Clásicos Hispánicos [www.clasicoshispanicos.com].
CSMS = Cantigas de Santa Maria for Singers [http://www.cantigasdesantamaria.com/].
EpiDoc = Epigraphic Documents in TEI XML [https://epidoc.stoa.org].
Frantext [https://www.frantext.fr/].
GALLICA [gallica.bnf.fr].
imanis = (Biblioteca de manuscritos indexados) [https://himanis.org].
MedDB 3 = Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa [http://bernal.cirp.gal/ords/f?p=MEDDB3:2].
PalMed = Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa [http://www.cirp.gal/palmed].
PhiloBiblon = Base de datos bibliográfica de la literatura hispánica medieval [http://bancroft.berkeley.edu/philobiblon/index_es.html].
TACT [http://www.indiana.edu/~letrs/help-services/QuickGuides/about-tact.html].
TEICAT = TEI Critical Apparatus Toolbox [http://teicat.huma-num.index.php].
TEITOK = a Tokenized TEI environment [http://www.teitok.org].
TextGrid [https://textgrid.de/en].
ThEMA = Thesaurus exemplorum medii aevi [http://thema.huma-num.fr/].
TMILG = Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega [http://ilg.usc.gal/tmilg/index.php].
TUSTEP = Tubingen System of Text Processing Tools [http://www.tustep.uni-tuebingen.de/tustep_eng.html].
UniversoCantigas = Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa [https://universocantigas.gal/].
Zotero [https://zotero.org]
1. Tomar conciencia da utilidade das ‘novas tecnoloxías’, así como dos seus límites.
2. Coñecer as principais etapas do desenvolvemento da cultura dixital no ámbito das linguas e das literaturas románicas.
3. Capacidade de contextualizar o estado presente do proceso de desenvolvemento da ‘cultura dixital’ no ámbito da lingüística e da literatura románica e o que queda por facer.
4. Coñecer e familiarizarse cos grandes proxectos de bases de datos e edicións dixitais de textos románicos.
5. Coñecer os principais recursos bibliográficos en rede para o estudo das linguas e literaturas románicas.
6. Decatarse da importancia dalgunhas ferramentas dixitais para o traballo de edición de textos.
7. Coñecer os elementos básicos necesarios para a etiquetación dun corpus textual dunha lingua románica, en función da súa explotación.
8. Coñecer os principios básicos do XML para poder levar a cabo un etiquetado dun texto en prosa ou en verso de xeito autónomo.
9. Coñecer as principais ferramentas para a xestión bibliográfica e usalas para mellorar a calidade dun traballo de recompilación ou investigación.
10. Elaborar un suposto práctico a partir dun problema ou dunha necesidade cuxa solución poida beneficiarse do uso das chamadas ‘novas tecnoloxías’.
As clases expositivas presentarán os contidos esenciais do programa, co obxectivo de ter un cadro canto máis amplo posible sobre os tipos de tecnoloxías ao servizo do estudo e da investigación da lingua e da literatura románica, de introducir ao alumnado no seu uso e de fomentar a autoaprendizaxe e a reflexión continua por parte deste último.
As clases interactivas terán lugar sempre con auxilio do ordenador, e terán carácter eminentemente práctico, mediante a proposta de simulacións, problemas e probas que se tratarán de resolver mediante a discusión e participación activa de alumnos e alumnas. As cuestións prácticas que se van tratar en cada clase serán anunciadas previamente, e indicaráselle ao alumnado unha bibliografía básica na que poderán informarse e obter unha reflexión previa.
En compatibilidade coas posibilidades organizativas, algunhas clases pódense modular como seminarios organizados por investigadores relacionados con proxectos asentados nas “novas tecnoloxías”, chamados a dialogar na aula co profesor e, sobre todo, cos estudantes.
As titorías serán de dous tipos: a) titorías conxuntas, grupais, que serán unha especie de complemento das clases prácticas, e nas que o alumnado será orientado na realización das distintas actividades que se programen para realizar en grupo; b) individuais, nas que se fará un seguimento particularizado da evolución de cada estudante.
Avaliación continua. O procedemento de avaliación continua esixe a asistencia obrigatoria ás clases, tanto ás teóricas e de carácter expositivo, como ás prácticas, nas que a participación do alumno será máis directa, e practicamente imprescindible.
Todos os alumnos deberán realizar un suposto práctico, que terán que expor e defender na clase, que será valorado cunha cualificación de 0 a 3 puntos.
O 70% restante da cualificación final virá dado pola asistencia, participación e realización dos labores asignados para cada día de clase.
Os estudantes que por motivos excepcionais non poidan seguir con regularidade o curso ou non obteñan unha nota mínima de 5, terán a opción de presentarse a un exame final na data oficial que se estableza, na que terán que dar conta de calquera parte dos contidos establecidos no programa.
Os alumnos que tomen parte nas convocatorias de segunda oportunidade ou extraordinarias, deberán realizar un único exame que será valorado de 0 a 10 puntos.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 58 de actividades formativas presenciais e 27 de actividades dirixidas non presenciais.
Calcúlase que o alumno debe dedicar aproximadamente unhas 6 horas semanais ao estudo da materia: lecturas, realización de actividades, preparación de clases teóricas e prácticas, etc.
Recoméndase aos alumnos unha atención continuada á materia, xa que a diversidade de contidos esixe unha maduración que dificilmente se pode obter mediante a dedicación intensiva nun espazo curto de tempo. Outro elemento que debe terse en conta son os contidos prácticos, que necesitan dunha atención continuada.
Manuel Negri
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- m.negri [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | B06 |