Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS
Coñecer criticamente os discursos producidos sobre a relación entre Galiza e os países de LínguaPoirtuguesa.
Comprender e analisar a actividade cultural como un fenómeno social e, en consecuencia, ser capaz de analisar programas e produtos culturais desde uma perspectiva sociológica.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Ter unha perspectiva histórica da expansión mundial da lingua portuguesa e da (s) cultura (s) que esta lingua veicula na actualidade.
Apreciar o papel da Galiza na configuración deste espazo.
Analisar o relacionamento galego-portugués, galego-brasileiro, etc., no pasado e no presente, así como focalizar os elemento en que se sustenta.
Coñecer e estudar os procesos de conformación da visión na dupla dirección Galiza-Lusofonía e Lusofonía-Galiza e das súas posibilidades / imposibilidades, oportunidades e barreiras.
Saber analisar os fenómenos de transferencia no cuadro relacional galego-lusófono e vinculalo a intereses e melloras culturais e sociais dos axentes e populazóns envolvidas.
Aproximarse ao coñecemento dos mecanismos de difusión e lexitimación cultural no intersistema lusófono do ponto de vista galego.
Comprender fenómenos recentes como a internacionalización dos mercados culturais, os fenómenos mediáticos, etc.
1. Conceito de lusofonía; problemas do termo. Lusofonía e outras fonías: francofonía, hispanofonía, anglofonía ..., e respectivas organizacións. Institucións alicerces da lusofonía.
2. Galiza e Portugal na historia: percursos, proxectos, problemas.
3. Historia e Literatura nas relacións Galiza-Lusofonía.
4. Elementos identificadores: a questión da lingua.
5. O relacionamento galego-portugués: os precursores. A importancia de Portugal no discurso rexionalista e nacionalista galegos.
6. O relacionamento galego-portugués do após-guerra á actualidade.
7. Mediadores: autores e entidades até á actualidade.
8. Factores actuais de dinamización: a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Eixo Atlántico, encontros de escritores, revistas, festivais musicais, etc.
9. A relación actual co Brasil e a África de lingua portuguesa (PALOP).
10. O cuadro relacional actual Galiza-Lusofonía. Cultura e economía.
(*O CAMPUS VIRTUAL faculta alguns recortes destas referencias bibliográficas e ainda doutras suplementares)
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
ARAÚJO, José David dos Santos (2004). Portugal e a Galiza: Encontros e Encantos. Santiago de Compostela: Laiovento.
CASTELAO, Afonso Daniel R. (1961). Sempre en Galiza. Buenos Aires: As Burgas [Ed. facsimilada da Libraria Couceiro sobre a 2ª ed., Compostela, 1986].
CRISTÓVÃO, Fernando (2008). Da Lusitanidade à Lusofonia. Coimbra: Almedina.
DE NIEVES, Arturo e TAIBO, Carlos (2013). Galego, português, galego-português. Compostela: Através Editora.
Dicionário Temático da Lusofonia (2005). Dir. e Coord. de Fernando Cristóvão. Lisboa: Texto Editores.
LAPA, Manuel Rodrigues (1979). Estudos Galego-Portugueses. Lisboa: Sá da Costa.
LOURENÇO, Eduardo (1999, 2ªed). A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. Lisboa: Gradiva.
NEVES, Marco (2016). Doze segredos da língua portuguesa. Lisboa: Guerra & Paz.
NEVES, Marco (2019). O galego e português são a mesma língua?. Compostela: Através Editora.
PICHEL, J. Ramom e FAGIM, Valentim (2012). O galego é uma oportunidade. Compostela: Através Editora.
RODRIGUES, José Luís (2010). "Para umha Galiza plena na lusofonia". Em Por um galego extenso e útil, Comissom de Lingüística da AGAL.
QUIROGA, Carlos (2016). A imagem de Portugal na Galiza. Compostela: Através editora.
TORRES FEIJÓ, Elias J. (1999). "Cultura portuguesa e legitimaçom do sistema galeguista: historiadores e filólogos (1880-1891)". Em Ler História, nº 36, 273-318.
VILA, Manuel César [coord] (2013). Falar a ganhar. O valor do galego. Compostela: Através Editora.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTAR
ALMEIDA, Onésimo Teotónio (2016). A Obsessão da Portugalidade. Lisboa: Quetzal.
Brasil: 500 anos depois (2002). Coord. de Alcides S. Caldas. A Coruña: Deputación Provincial.
CORREDOIRA, Fernando V. (2011). 101 Falares com Jeito. [Compostela]: Através Editora.
CRISTÓVÃO, Fernando (1985). Notícias e problemas da pátria da língua. Lisboa: ICALP.
Da Galiza a Timor. A lusofonia em foco (2009). Actas do VIII Congresso Internacional da Associação Internacional de Lusitanistas, reunidas e editadas por Carmen Villarino Pardo, Elias J. Torres Feijó e José Luís Rodríguez. Três volumes, I e II em 2008; vol. III em 2009. Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
FREYRE, Gilberto (1963). Novo mundo nos trópicos. Trad. de New world in the tropics. Lisboa: Livros do Brasil.
MATEUS, Maria Helena [coord.] (2002). Uma política de língua para o português. Lisboa: Edições Colibri.
RECLUS, Élisée (2016). As terras e as gentes da Galiza e Portugal na Nova Geografia Universal. [Compostela]: Através Editora.
SAMARTIM, Roberto (2017). Mudança política e sistemas culturais em transiçom. Literatura e construçom da (ideia da) Galiza entre 1974 e 1978. Compostela: Laiovento.
TORRES FEIJÓ, Elias J. (2019). Galeguismo precário e Portugal - Entre os Jogos Florais de Tui e a Academia Galega através das revistas culturais (1891-1906): os sistemas literários gtaleguista e português e o seu relacionamento. Santiago de Compostela: Andavira Editora.
Visión dos procesos culturais de forma crítica, atendendo, como profisionais, máis ás funcións que aos procesos estéticos.
Adquisición de coñecimentos básicos sobre teoría da cultura complementarios aos estudados en materias específicas.
Iniciación nos métodos de investigación (investigación indutiva e dedutiva, ferramentas empíricas).
Distinción entre o xuízo crítico e o xuízo de valor.
Elaboración de leituras e xuízos críticos.
Aplicación práctica dos coñecimentos teóricos ou do contido adquiridos na materia.
Iniciación ás ferramentas básicas de exposición e divulgación: elaboración de traballos proprios e orixinais e exposición pública dos traballos.
Desenvolver a consciencia do papel ecuménico da lingua portuguesa, unha das grandes linguas globais da actualidade e das oportunidades económicas e culturais para a actividade social, cultural e económica de Galiza.
Aproximarse aos posíbeis modos de configuración e de oportunidades de Galiza no marco lusófono.
Coñecer as características principais das culturas lusófonas, na procura até dunha "marca" ou "marcas" de identidade que as singularizan.
A metodoloxía escollida exixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa e a realización das leituras e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados através do seguimento do programa. Do mesmo modo, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relativas ao traballo cooperativo e en cada equipa, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, criatividade, iniciativa e tomada de decisións, solución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da cadeira serán pendurados na aula virtual ou, a non ser posíbel, será aí indicada a forma de os conseguir.
As aulas serán, salvo excepcións, interactivas, esperándose a participación activa do alunado.
No inicio da aula será presentado polo profesor un esquema do tema en cuestión para ter unha visión do conxunto; na continuación, afundamento nos aspectos centrais do mesmo por meio de leituras ad hoc que leven o / a estudante a reflexionar e a questionarse sobre o asunto.
Aproveitamento para desenvolver perspectivas transversais que liguen con aspectos vistos ou non vistos noutras materias do Grau.
Desenvolvimento de análises de caso que axuden o/a estudante a desenvolver familiaridade cos temas, perspicacia crítica e habilidades dialécticas, fundamentais nunha formatura en Cultura.
Interlocución, sempre que sexa posíbel, con persoas e entidades envolvidas no cuadro relacional Galiza-Lusofonía.
Avaliación continua. A calificación final será a media ponderada que corresponda à asistencia activa a clase, con realización das tarefas e actividades vinculadas ao desenvolvemento da materia (70%), así como a de un traballo escrito (30%).
Na prova da Primeira Oportunidade, a realizar na data oficialmente marcada, a/o estudante poderá recuperar ou mellorar, mediante prova oral e/ou escrita, todo ou a parte do programa que non conseguiu passr polo sistema de avaliación continua. Esta prova poderá desenvolver-se contendo a exposición de un tema suxerido ou con debate entre vari@s estudantes sobre algunhas vertentes do programa da cadeira.
A/O docente poderá dar a posibilidade de recuperar tarefas ou mellorar o traballo escrito, con un prazo determinado.
Nunha eventual 2ª Oportunidade o sistema é idéntico, recuperando pendentes por vía presencial ou telemática, e realizando probas on-line, modalidades Cuestionario e Ensaio, na plataforma Moodle.
Quen por causas legalmente xustificadas non poda asistir a clase, terá ao seu dispor un sistema alternativo de traballo e avaliación, consistente na realización remota de tarefas e un traballo nos moldes antes referidos, con asistencia obrigatoria à unha prova final da Primeira Oportunidade e, no seu caso, Segunda, tal como expostas anteriormente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicada a Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Variábel, segundo tipo de estudantes e a súa motivación. É máis importante, en todo caso, realizar as leituras e buscar a documentación indicados polo profesor e reflexionar sobre elas que aplicar acrítica a vía memorística.
Traballo diario no sentido indicado e asistencia indispensábel ás aulas.
Aconséllase tanto a consulta dos materiais de referencia disponibilizados na Aula Virtual da cadeira como manter o contato co profesor esclarecendo dúvidas.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventualmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas, sempre que oportuno.
Jose Carlos Quiroga Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811824
- Correo electrónico
- carlos.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B06 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |