Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é comprender, analizar a lingua escrita e a lingua oral, concibidas coma dúas modalidades só relativamente interdependentes, para entender a súa relevancia na nosa sociedade, así como a natureza e as características dos procesos de estandarización, tanto no plano escrito coma no oral.
Obxectivos específicos:
• Coñecer as características e as implicacións da cultura oral e da cultura escrita
• Recoñecer e analizar as características diferenciadoras da lingua oral e da lingua.
• Recoñecer e analizar as ideoloxías lingüísticas.
• Recoñecer e analizar a discriminación das variedades lingüísticas non estándar.
• Analizar o papel da lingua escrita na sociedade posindustrial.
• Analizar e coñecer as características da lingua oral na comunicación pública e nos medios de comunicación.
• Coñecer o proceso de estandarización da lingua, os criterios aplicados e os fundamentos ideolóxicos que subxacen neles.
1. Introdución.
1.1. Oralidade e escritura.
1.2. Cultura oral e cultura escrita.
1.3. Lingua oral e linguas escrita: características.
2. Lingua escrita.
2.1. Lingua e cultura escrita. A galaxia Gutenberg.
2.2. Variación. Xéneros e tradicións discursivas.
2.3. A lingua escrita na sociedades posindustriais. A paisaxe lingüística.
2.4. A escrita electrónica. A lingua das redes sociais.
3. Lingua oral.
3.1. Oralidade primaria e oralidade secundaria.
3.2. A lingua oral na esfera pública e nos medios de comunicación.
4. A lingua estándar e as ideoloxías lingüísticas
4.1. As ideoloxías lingüísticas e a ideoloxía do estándar.
4.1.1. Variedades estándar e non estándar. A discriminación lingüística.
4.1.2. A formación das linguas estándar. Institucións e poder.
4.2. A estandarización dunha lingua minorizada: o caso do galego.
4.2.1. O galego escrito e a construción dunha lingua literaria.
4.2.2. A estandarización e a normativización do galego (1971-2003).
4.3. O estándar oral.
4.3.1. Estándar e variación na lingua do espazo público.
4.3.2. Contacto de linguas e contacto de variedades.
4.4. Ideoloxías lingüísticas en Galicia: debates.
4.4.1. Reintegracionismo e contraesfera pública.
4.4.2. Purismos: a calidade e a autenticidade da lingua.
4.4.3. A linguaxe non discriminatoria e a linguaxe inclusiva.
4.4.4. “Neofalantes” e “paleofalantes”.
4.4.5. As novas ruralidades
Bibliografía básica:
Coulmas, Florian (2013): Writing and society: an introduction. Cambridge: CUP.
Halliday, M. A. K. (1985): Spoken and written language. Oxford: OUP.
Herrero Valeiro, Mário (2011): Guerra de grafias e conflito de elites na Galiza contemporânea. Santiago de Compostela: Através.
Monteagudo, Henrique (ed.) (2024): A estandarización das linguas da Península Ibérica: problemas, procesos e novos horizontes. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Regueira, Xosé L. (2005): “O estándar oral”, en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: ILG / CCG, 69-96.
Regueira, Xosé Luís (2019): Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística e a política. Revista Galega de Filoloxía 20, 119-147.
Bibliografía complementaria:
Alonso Pintos, Serafín (2006): O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). Santiago de Compostela: ILG. Crystal, D. (2007): Language and the internet. 2nd ed. Cambridge: CUP.
Fernández Salgado, Benigno (2003): “Pureza e contaminación na estandarización da lingua”, en M. Álvarez de la Granja & E. X. González Seoane (eds.): A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: ILG / CCG, 93-127.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2009): Lingua de calidade. Vigo: Xerais.
Lorenzo-Neus, Nuria (2009): Television discourse. Analysing language in the media. Houndsmill, UK / New York: Palgrave – Macmillan.
Llamas, Carmen & Dominic Watt (eds.) (2010): Language and identities. Edinburg: Edinburg University Press.
McLuhan, Marshall (1994 [1964]): Understanding media. The extensions of man. Cambridge, Ma. / London: MIT Press.
McLuhan, Marshall (2010 [1962]): A galaxia Gutenberg. A creación do home tipográfico. Santiago de Compostela: Universidade. Milroy, James & Lesley Milroy (1999 [1985]): Authority in language. Investigating Standard English. London / New York: Routledge. Monteagudo, Henrique (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
Mosquera Castro, Estefanía (2013): “O discurso electrónico: a interacción comunicativa no contexto virtual”, Revista Galega de Filoloxía 14, 85-115. Ong, Walter J. (2002 [1982]): Orality and literacy. New York / London: Routledge.
O'Rourke, Bernadette & Fernando Ramallo (2013): "Competing ideologies of linguistic authority amongst new speakers in contemporary Galicia", Language in Society 42, 287–305.
Regueira, Xosé Luís (2003): “Lingua falada e estándar escrito: o galego desde o Rexurdimento á modificacion ortografica do 2003”, Galicia desde Salamanca 4. Salamanca: Universidade, 185-220.
Regueira, Xosé Luis (2012): "Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual", Estudos de Lingüística Galega 4, 187-201.
Regueira, Xosé Luís, Miguel López Docampo & Matthew Wellings (2013): “El paisaje lingüistico en Galicia”, Revsita Internacional de Lingüística Iberoamericana 21, 39-62.
Vázquez Corredoira, Fernando (1998): A construção da língua portuguesa frente ao castelhano. O galego como exemplo a contrario. Santiago de Compostela: Laiovento.
• Percibir, analizar e comprender as diferenzas entre a comunicación oral e a comunicación escrita.
• Saber recoñecer as características lingüísticas de textos orais e escritos.
• Saber analizar os trazos caracterizadores da lingua utilizada na comunicación pública.
• Saber analizar a lingua escrita en espazos públicos, recoñecer as súas características e as súas implicacións.
• Saber utilizar a lingua oral e a lingua escrita en diferentes rexistros adecuados á situación comunicativa.
• Coñecer o proceso de estandarización da lingua galega no contexto das linguas europeas.
• Saber analizar textos de diferentes épocas e situalos no proceso de formación da lingua literaria ou de estandarización.
• Recoñecer e saber analizar as ideoloxías lingüísticas implicadas nas diferentes propostas de estandarización.
• Saber utilizar o material bibliográfico adecuado para analizar textos orais e escritos.
Nas aulas teóricas exporanse os conceptos básicos que serán aplicados na análise de textos e na elaboración de actividades e traballos. A partir deses conceptos, a metodoloxía será interactiva, e os contidos impartiranse maioritariamente a través de textos seleccionados, en diferentes linguas, que deberán ser lidos polo alumnado para realizar exposicións, discusións e debates. Sobre algúns dos textos propostos o alumnado realizará comentarios escritos.
Nas clases prácticas o alumnado realizará comentarios de textos escritos e orais nos que deberán recoñecer, analizar e comentar as características destes dous tipos de variación; tamén se realizarán debates, exposicións orais e outras actividades. Así mesmo, farase un seguimento da historia do estándar escrito moderno, e traballarase con textos de diferentes épocas e estadios da lingua escrita. Analizaranse textos sobre a construción do estándar e exploraranse algunhas das ideoloxías que a sustentan.
A maioría dos textos e outros materiais necesarios para a marcha das aulas estarán ao dispor do alumnado na aula virtual. Outros textos deberán ser consultados na biblioteca da Facultade.
A avaliación desta materia realizarase determinando o grao de consecución dos obxectivos mediante o seguimento do traballo feito nas clases teóricas e prácticas e a entrega de comentarios e traballos. Tratarase, por tanto, de avaliación continua sen proba final, e constará das seguintes compoñentes:
a) Asistencia e participación: participación activa nas clases, debates e comentarios (orais e escritos), seguimento comprensivo da materia (determinado por medio da observación, notas do profesor e cuestionarios específicos), tarefas e presentacións realizadas nas clases: 30%
b) Realización dun traballo, en grupos de tres persoas, sobre algún aspecto relacionado coa lingua escrita, que será exposto na clase: 30%
c) Realización dun traballo escrito individual sobre algún aspecto da lingua oral: 40%
Os temas dos traballos das compoñentes b) e c) serán acordados co profesor e estarán directamente relacionados cos contidos desenvolvidos nas clases.
Tendo en conta que esta materia ten un sistema de avaliación continua, a asistencia activa ás clases teóricas e prácticas é un elemento relevante para a obtención dos resultados académicos desexados. Para poder optar ao 30% da cualificación pola compoñente (a), será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 75% das clases programadas.
O alumnado que alcance unha asistencia situada entre o 50% e o 75% das clases, ademais da realización dos traballos indicados en b) e c), deberá presentar traballos e actividades adicionais relacionadas coas lecturas das clases, segundo lle indique o profesor, para poder obter o 30% da nota final correspondente ao ítem a) da avaliación. Unha asistencia menor a un 50% das clases programadas non dará dereito a cualificación por este concepto. En casos xustificados poderá compensarse coa realización de comentarios e traballos curtos escritos. Esta situación deberá xustificarse documentalmente e deberá concertarse co profesor o procedemento a seguir.
Persoas con dispensa oficial de asistencia:
A avaliación das persoas que teñan dispensa oficial das aulas ou que non cumprisen os requisitos de asistencia indicados no parágrafo anterior realizarase por medio da presentación de dous traballos individuais, un sobre un tema relacionado coa lingua escrita e outro sobre lingua oral, que representarán o 80% da nota (40% cada un dos traballos), e mais por comentarios de lecturas indicadas polo profesor, que computará o 20% restante da nota final.
Avaliación da segunda oportunidade:
Na segunda oportunidade, o alumnado que tivese unha asistencia regular de máis do 50% das aulas poderá manter a cualificación obtida na primeira oportunidade, e poderá achegar versións melloradas dos traballos ou entregar traballos complementarios, se así o acordase previamente co profesor.
O alumnado que non reúna os requisitos de asistencia indicados previamente será avaliado da mesma maneira ca na primeira oportunidade, é dicir, para o alumnado que conte cunha asistencia de entre o 50% e o 75% das clases deberá presentar os traballos e actividades nas mesmas condicións da primeira oportunidade; o alumnado cunha asistencia menor do 50% non poderá ter a puntuación prevista en (a) e deberá presentar dous traballos (que poderán ser versións melloradas dos presentados na primeira oportunidade).
A corrección lingüística é un requisito imprescindible, tanto no que se refire á lingua escrita (corrección ortográfica e gramatical, adecuación expresiva) como á lingua oral (corrección e adecuación fónica). As cualificacións das prácticas e exames escritos e das exposicións e intervencións orais poderán verse reducidas se este requisito non se cumpre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais (docencia teórica e práctica): 48
Horas de traballo autónomo do alumnado (lectura de bibliografía, estudo e elaboración de materiais): 102
Xose Luis Regueira Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811984
- Correo electrónico
- xoseluis.regueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | D08 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |
17.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
17.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |