Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Impartiranse as clases en galego e castelán.
Estabelecer dende un punto de vista teórico e crítico as condicións que determinan o desenvolvemento da literatura, o cinema, a televisión, a narrativa, a poesía, o teatro e a arte na denominada “era das Humanidades dixitais”, dende unha perspectiva pedagóxica.
O programa prestará unha atención especial a algúns produtos culturais cuxas estratexias de produción e recepción foron transformadas como resultado do seu contacto coas novas tecnoloxías:formas actuais de textualidade e representación editorial, hipertextualidade e hipermedia, arte dixital, teatro dixital, cinema, videoxogos, música, novela gráfica, plataformas, redes sociais e performance, entre outros.
Este programa presenta un espazo onde se dará cabida á parte non-canónica e antixerárquica da literatura e da cultura, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro, nun marcado carácter multimedia.
A materia tenta ser unha resposta ás necesidades da sociedade. Veremos, polo tanto, a importancia do que se denomina "Literatura e cultura aplicadas", poñendo en execución os elementos promovidos pola UNESCO en canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): http://es.unesco.org/sdgs> con estratexias APS (aprendizaxe e servizo)
1. Proposta dunha educación para un Desenvolvemento sostible. O impacto dos novos medios na cultura, na sociedade e no medio ambiente.
2. Humanidades dixitais. Cibercultura e ciberliteratura. Conceptos básicos.
3. A narrativa na era dixital: O hipertexto e o transmedia.
4. Imaxe e artes visuais no século XXI. A nova Estética e as súas relacións cos Estudos literarios.
5. Educomunicación 3.0. Activismo, videoxogos, redes sociais, televisión, cine, poesía, danza, teatro, Realidade virtual.
Para unha bibliografía básica, vid. http://proxectole.es/bibliografia/ e Narrativas cruzadas https://narrativascruzadas.wordpress.com/>
Lecturas de carácter obrigatorio:
APARICI, R. (2010). Educomunicación. Más allá del 2.0. Gedisa.
APARICI, R. e D. García Marín (2018). Comunicar y educar en el mundo que viene. Gedisa.
MARTÍN PRADA, J. (2023). Teoría del arte y cultura digital. Akal.
AARSETH, Espen J. (1997), Cybertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore: The John Hopkins U. P.
ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.
BOLTER, J. D. (1991). Writing Space: The Computer, Hypertext, and the History of Writing,. Lawrence Erlbaum: Hillsdale.
BORRÀS CASTANYER, L. (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.
DOUGLAS, J. Yellowlees (2000). The End of Books-or Books without End? Reading Interactive Narratives. Michigan: The University of Michigan Press.
JENKINS, HENRY (2006). Convergence Culture. Where Old and New Media Collide. New York and LonDon: New York University Press.
JOYCE, M., (1995). Of two minds: Hypertext Pedagogy and Poetics. Michigan: Ann Arbor: The University of Michigan Press.
LANDOW, G. P. (1992). Hypertext: The Convergence of Contemporary Critical Theory and Technology. Baltimore e Londres: The John Hopkins University Press. Trad. AO castelán de Patrick Ducher, Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y el hipertexto. Paidós: Barcelona, 1995.
---------------- (comp.) (1994). Hyper/Text/Theory. The Johns Hopkins University Press: Baltimore. Trad. ó cast. por P. Ducher, Teoría del hipertexto. Barcelona: Paidós, 1997.
---------------- (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of Globalization. The John Hopkins University Press.
MARTÍN PRADA, JUAN (2015). Prácticas artísticas en Internet en la era de las redes sociales. Akal.
URRAY, J. H. (1997). Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace. The Free Press: Nueva York. Trad.ó cast. de <http://www.jamillan.com/hamlet.htm>
NELSON, TH. H. (1981). Literary Machines. Swarthmore, Pa, Publicación propia.
PAJARES TOSCA, Susana (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres: Universidad de Extremadura.
RYAN, M.-L. (2001). Narrative as Virtual Reality: Immersion and Interactivity in Literature and Electronic Media. Baltimore: Johns Hopkins University Press, series Parallax.
RYAN, M.-L. (2006). Avatars of Story University of Minnesota Press, series Electronic Mediations Sample.
ROMERA CASTILLO et Al. (eds.) (1997). Literatura y multimedia. Actas del VI Seminario Internacional del Instituto de Semiótica Literaria, Teatral y de Nuevas Tecnologías de la UNED. Madrid: Visor.
SÁNCHEZ MESA-MARTÍNEZ, D. (COMP.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros.
VEGA, Mª. José (ed.) (2003). Literatura hipertextual y Teoría literaria. Madrid: Mare Nostrum.
VILARIÑO PICOS, Mª. T. y Abuín González, A. (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros.
VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2011). Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital. Boletín Galego de Literatura, vol 46.
VILARIÑO PICOS, Mª-T. (2017). Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo.
-Tranversais:
-CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudios Literarios e culturais.
-CT2: Que os estudantes poidan profundizar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
-CT3: Que os estudantes posúan os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espíritu crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a distintos fenómenos culturais.
-CT4: Que os estudantes aprendan a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre os sexos e á inclusión, así como a diversidade cultural.
-CT5: Que os estudantes adquiran as ferramentas para unha educación á cidadanía para o desenvolvemento sostible.
Específicas:
-CE1: Que os estudantes poidan aproximarse, de maneira rigurosa, ao que nos últimos anos se denominou "postliteratura", reflexionando e cuestionando a concepción máis tradicional do termo e concepto Literatura.
-CE2: Que os estudantes sexan capaces de ampliar a noción de literatura a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, a televisión, o videoxogo, a banda deseñada e as artes, así como a diversidade xenérica, social, cultural, en definitiva.
-CE3: Que os estudantes aborden o concepto de texto e textualidade dun modo aberto, dando cabida a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a distintas artes e á irrupción dos novos medios.
As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse cunha grande participación nas clases dos alumnos/as, mediante intervencións individuais, que demanden aclarar dúbidas ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo.
Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico, senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
As sesións de seminario reforzarán o traballo persoal e directo dos estudantes verbo do corpus de textos literarios, visuais, audiovisuais, dixitais e culturais sobre os que gravitarán os conceptos das sesións expositivas.
No fundamental, as liñas de traballo que os alumnos desenvolverán ao longo do curso, de forma individual ou en grupo, consistirán na aplicación dos conceptos e ferramentas metodolóxicas, a análise, crítica e interpretación dos textos e a súa aplicación práctica no entorno máis próximo, orientado claramente a un compromiso social.
Titorías obrigatorias: A profesora convocará a titoría obrigatoria ao alumnado a finais de setembro e decembro.
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
Un 30% da cualificación final dependerá dunha exposición grupal. Os grupos non superarán as catro persoas. Será preciso aportar un guión, facer unha presentación virtual e aportar material práctico. Esta exposición grupal relacionarase co último tema do programa. A exposición farase no mes de decembro.
Un 30% dependerá da realización dun exame final, de carácter individual, na data fixada polo Decanato da Facultade.
Un 40% corresponderá á participación crítica e informada nas clases expositivas, de maneira presencial ou por foros, e ás tarefas programadas nas sesións interactivas da materia. Estas tarefas programadas serán catro:
1) Traballo de tres persoas. Tema 1.
2. Traballo en grupos de até cinco persoas. Tema 2.
3) Traballo en grupo de até cinco persoas. Tema 3.
4) Traballo en grupo de até cinco persoas. Tema 4.
Cada apartado xeral puntuarase sobre 10 puntos. Estarase moi atenta ao traballo efectivo de cada membro do grupo. O uso de Chat GPT está permitido, pero terase que citar a fonte de xeito apropiado.
A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica a obrigatoriedade de ir á avaliación final, que consistirá nun exame da totalidade da materia nas datas fixadas polo Decanato (100 por cen)
Avaliación da segunda oportunidade e convocatorias seguintes.
Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios da primeira para as persoas que asistiron a clase, polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. Todas as cualificacións acadadas na realización dos traballos resérvase o curso académico e son válidas para a segunda oportunidade.
Os casos de dispensa académica estarán obrigados a facer o seguimento do curso unicamente mediante a realización do exame final (100 por cen). Para os/as alumnos/as que teñen coincidencia horaria farase a salvedade de obligatoriedade de asistencia a clase e o sistema de avaliación será igual aos alumnos/as con avaliación ordinaria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións.
As horas non presenciais poderán distribuirse do seguinte modo, que son os mínimos requeridos.
-Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais; estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas.
-Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 37 horas.
-Lectura de textos literarios, acceso ás redes: 37 horas.
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serena e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co/a profesor/a e coas fontes de aprendizaxe.
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.
Fomentarase o uso e acceso a certos MOOCs da UNED, como complemento da materia, como o impartido por Juan Martín Prada.
Fomentarase e valorarase dunha maneira moi especial a creatividade, a empatía, a tolerancia e o respecto cos demais compañeiros, coa profesora e coa contorna social.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá contactar cos docentes dos grupos aos que está adscrito pola distribución decanal de apelidos coa maior antelación posíbel co obxecto de proceder a unha traslación a un sistema individualizado de titorías (presenciais/virtuais).
Maria Teresa Vilariño Picos
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811771
- Correo electrónico
- mteresa.vilarino [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Tamames Gala
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- cristina.tamames.gala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D08 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D03 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C07 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C07 |