Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Percibir as características particulares da produción literaria na Idade Media, atendendo a todos os elementos que interveñen na mesma.
-Adquirir coñecementos sólidos e claros do nacemento, consolidación e evolución da literatura románica medieval.
-Dominar as características propias dos xéneros literarios máis importantes e coñecer as súas principais manifestacións.
-Recoñecer a produción literaria medieval como unha rede intertextual na que os xéneros e as áreas se relacionan, debendo estudarse as súas diversas manifestacións sempre no seu espazo contextual, non de forma aillada atendendo ás súas características propias.
1. INTRODUCIÓN: A XÉNESE E O DESENVOLVEMENTO DA LITERATURA MEDIEVAL NAS LINGUAS ROMÁNICAS.
2. A PRODUCIÓN LITERARIA MEDIEVAL: CARACTERÍSTICAS.
3. A OBRA LITERARIA. Clausura e apertura do texto medieval. Do verso á prosa. A difusión das obras literarias: o proceso de copia. A imprenta.
4. A CONFIGURACIÓN DO SISTEMA DE XÉNEROS NA IDADE MEDIA. AS 'ARTES POETRIAE'.
5. OS XÉNEROS NAS ÁREAS LITERARIAS ROMÁNICAS E A SÚA EVOLUCIÓN.
5.1. A épica: a súa xénese e difusión
5.2. A lírica: a fin'amor e a súa extensión románica.
5.3. A narrativa: o nacemento do 'roman', tipoloxías da narrativa breve
5.4. O teatro.
5.5. A historiografía.
5.6. Outros xéneros da literatura románica: o enciclopedismo e os libros de viaxes.
A presente bibliografía ten carácter meramente orientativo. Na clase facilitaranse bibliografías especificas sobre os temas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Auerbach, E., Mimesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Bataillon, L. J., et alii (eds.), La production du livre universitaire au Moyen Âge: exemplar et pecia, Paris, 1988.
Beltrami, P., A che serve un'edizione critica? leggere i testi della letteratura romanza medievale, Bologna, 2010.
Beltrami, P., La filologia romanza: profilo linguistico e letterario, Bologna, 2017.
Boitani, P. et alii (coords.), Lo spazio letterario del Medioevo. t. I: Il medioevo volgare, Roma, 1999.
Brugnolo, F. - R. Capelli, Profilo della letterature romanze medievali, Roma, 2011.
Cavallo, G. - R. Chartier, Histoire de la lecture dans le monde occidental, Paris, 1997.
Cirlot, V., La novela artúrica : orígenes de la ficción en la cultura europea, Barcelona, Montesinos, 1995.
Chaytor, H.J., Dal manoscritto alla stampa. La letteratura volgare del Medioevo, trad. W Meliga, Roma, 2008.
Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media Latina, Madrid, 1976 (2ª reimpr.)
Di Girolamo, C., La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
Escolar Sobrino, H., Historia universal del libro, Madrid, 1988 (2ª ed.).
Faral, E., Les arts poétiques du XIIe et XIIIe siècles. Recherches sur la technique littéraire du Moyen Âge, Paris, 1971 (1ª ed. 1924).
Folena, G., Volgarizzare e tradurre, Torino, 1991.
Glenisson, J. (dir.), Le livre au Mouyen Age, Turnhout, 1988.
Gómez Redondo, F., Artes poéticas medievales, Madrid, 2000, pp. 9-49.
Gresti, P. Antologia delle letterature romanze del medioevo, Bologna, 2006.
Jauss, H. R. - Köhler, E., Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, vol. I, (Généralités), Heidelberg, 1972.
Le Goff, J., ¿Nació Europa en la Edad Media?, Barcelona, 2003.
Meneghetti, M. L., “La nascita delle letterature romanze”, en E. Malato (coord.), Storia della letteratura italiana, t. I: Dalle origini a Dante, Salerno Editrice, Roma, 1995, pp. 32-55.
Meneghetti, M.L., Il pubblico dei trovatori: rizcezione e riuso dei testi lirici cortesi fino al XIV secolo, Modena, 1988.
Pérez Priego, M. A., La edición de textos, Madrid, 1997.
Riquer, M. de., Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, 1989-92, 3 vols.
Vàrvaro, A., Literatura románica de la Edad Media: estructura y formas, Barcelona, 1983.
Zumthor, P., Essai de poétique médiévale, Paris, 1972.
-Visión transversal e globalizadora da familia lingüística románica e da xénese e desenvolvemento das literaturas que se expresan mediante esas linguas.
-Coñecemento do papel que desempeña a literatura románica medieval no contexto europeo e da súa pervivencia na cultura actual.
-Coñecemento da configuración da produción literaria medieval, das súas características particulares.
-Percepción da importancia que ten o período da Idade Media no panorama literario europeo, en tanto que se prefiguran os principais xéneros literarios modernos.
-Adopción dun método de análise comparativista que supere a fragmentación dos estudos especializados.
A profesora impartirá as sesións presenciais nas que se expoñeran os contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar coa súa participación activa na clase. Está prevista a realización de lecturas a partir de textos seleccionados, que poderán consistir en textos medievais (traducidos), fragmentos escollidos deles, ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa asignatura, e a realización de comentarios de textos. Ademais, utilizaranse recursos electrónicos en rede, cando estean dispoñibles e sexan de interese para o tema.
Poderán realizarse probas orais ou escritas para comprobar a comprensión do contido das leituras. Tamén está prevista a realización de traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo dos devanditos traballos poderá cambiar en función do número dos estudiantes e das incidencias na marcha do curso.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas pola profesora ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto de interese para o alumno.
Como corresponde a este método de traballo, os alumnos deben levar ao día o estudo da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo. Consecuentemente, a asistencia a clase é obrigatoria. A falta de participación nalgunha das actividades previstas, xustificada, de acordo co previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida por traballos substitutorios.
Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán avaliados pola docente de forma continua a través da asistencia e da súa participación (20 % do total da nota final). Ademais, durante o semestre deberán entregar diferentes actividades e tarefas (lecturas, comentarios, recensións...). Este segundo apartado terá unha valoración do 80 % sobre a calificación total.
Para superar a materia os estudantes que a cursen en réxime de non presencialidade (ou aqueles que renuncien ao sistema de avaliación continua ou non aproben) deberán realizar un exame final da mesma, que consistirá nunha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de texto.
A avaliación para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia realizarase a través dun exame fixado pola profesora (e de acordo cos alumnos) e, como no caso anterior, con cuestións teóricas e prácticas.
O exame de segunda opotunidade será tamén unha proba escrita con preguntas teóricas e un comentario de textos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS DE TRABALLO PERSOAL
Sesións presenciais: 48 horas (24 sesións expositivas + 24 sesións interactivas)
Sesións de titorías: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Total: 54 horas
HORAS DE TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO:
Sobre as sesións presenciais: 84 horas (48 sesións exposiivas + 36 sesións interactivas)
Sesións de titorías: 3 horas
Sesións de avaliación: 9 horas
Total: 96 horas
TOTAL: 54 horas + 96 horas = 150 horas
-Asistencia regular a clase.
-Boa disposición para a lectura e análise dos textos e obras seleccionados en clase.
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B05 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B03-Sala de videoconferencia |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B03-Sala de videoconferencia |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |