Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Coñecer as principais correntes e matrices disciplinares dos Estudos literarios na actualidade, así como a súa diversidade e pluralidade internas.
2) Recoñecer os parámetros metodolóxicos e epistemolóxicos que fundamentan as distintas posibilidades de análise teórico-literaria.
3) Distinguir as diversas posibilidades de análise crítica dos textos en relación cos criterios formal-estrutural, xenérico-sexual, étnico e/ou (post-)colonial ou sociolóxico-cultural.
4) Aprender a proxectar con rigor os instrumentos de análise vinculados ás distintas teorías expostas en textos literarios específicos.
5) Aprofundar nas habilidades de lectura crítica dos textos teórico-literarios.
6) Facilitar a análise das interaccións entre os discursos teórico-críticos e as principais tendencias da literatura e da cultura contemporáneas no ámbito global.
I) Teorías estruturais e semióticas
1.Do formalismo ao estruturalismo. A Escola de Praga
2.Mikhaíl Bakhtín. A Escola de Tartu-Moscova
3.O estruturalismo francés. A Nouvelle Critique
II) Teorías da interpretación literaria
1. Fenomenoloxía e hermenéutica
2. Postestruturalismo e deconstrucción
3. A crítica ao deconstrutivismo
III) Teorías sociolóxicas e culturais
1. A Escola de Frankfurt e a Escola de Birmingham
2. Teorías empírico-sistémicas
3. Teorías da historia. Da Escola de Constanza ao Novo Historicismo
IV) Teorías do xénero
1. As orixes da teoría feminista. Virginia Woolf e Simone de Beauvoir
2. A Escola francesa e a Escola americana
3. Performatividade e teoría queer. O feminismo da cuarta vaga
V) Teorías poscoloniais
1. Oriente/Occidente. Os estudos poscoloniais na actualidade
2. Estudos poscoloniais, literatura comparada e estudos de tradución
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguiar e Silva, Vítor Manuel Teoria da literatura. Coimbra: Livraria Almedina, 1988.
Asensi, Manuel. Historia de la teoría de la literatura (del siglo XX hasta los años setenta). Valencia: Tirant lo Blanch, 2003.
Barthes, Roland. [1974]. La aventura semiológica. Barcelona: Planeta-Agostini, 1994.
Bhabha, Homi K. The Location of Culture. Londres: Routledge, 1994.
Bourdieu, Pierre. Las reglas del arte. Génesis y estructura del campo literario, Barcelona, Anagrama, 1983.
Bradbury, M. e D. Palmer (eds.). Crítica contemporánea. Madrid: Cátedra, 1974.
Butler, Judith. Cuerpos que importan. Buenos Aires: Paidós, 2002.
Cabo Aseguinolaza, Fernando e María do Cebreiro Rábade Villar. Manual de teoría de la Literatura. Madrid: Castalia, 2005.
Carbonell, Neus e Meri Torras, M.(eds.). Feminismos Literarios. Madrid, Arco Libros, 1999.
Casas, Arturo (ed.). Elementos de crítica literaria. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2004.
Cohen, Ralph (ed.). The Future of Literary Theory. New York: Routledge, 1989.
Colaizzi, Giulia (ed.). Feminismo y teoría del discurso, Madrid, Cátedra, 1990.
Culler, Jonathan [1982]. Sobre la desconstrucción. Teoría y crítica después del estructuralismo, Madrid, Cátedra, 1984.
Cuesta Abad, José María e Julián Jiménez Heffernan (eds.). Teorías literarias del siglo XX. Una antología. Madrid: Akal, 2005.
Domínguez Caparrós, José (ed.). Hermenéutica. Madrid: Arco Libros, 1997.
During, Simon (ed.) The Cultural Studies Reader. Londres: Routledge, 1993.
Eagleton, Terry [1983]. Una introducción a la teoría literaria. México: Fondo de Cultura Económica, 1988.
Equipo Glifo (dir.). DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2006. Accesible en http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI.
Escarpit, R. Sociología de la literatura. Madrid: Oikos-Tau, 1971.
Even-Zohar, Itamar. Polisistemas de cultura (Un libro electrónico provisional). Tel-Aviv: Universidade de Tel-Aviv, 2007. Accesible na páxina web do autor: http://www.tau.ac.il/~itamarez/works/papers/trabajos/polisistemas_de_cu….
Fokkema, D. W. e Ibsch, E. [1981]. Teorías de la literatura del siglo XX. Madrid: Cátedra, 1988.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Asensi, Manuel. Los años salvajes de la teoría: Philipe Sollers, Tel Quel y la génesis del pensamiento post-estructuralista, Valencia, Tirant lo Blanch, 2006.
Aullón de Haro, Pedro. “La crítica literaria actual: delimitación y definición. La construcción del pensamiento crítico-literario moderno”. En Aullón de Haro (ed.). Introducción a la crítica literaria actual. Madrid: Playor, 1983, pp. 9-82.
Casas, Arturo. “La Teoría de la literatura y la Literatura comparada en Internet”. Boletín de la Asociación Internacional de Hispanistas, 10 (2003), 262-263. Accesible en http://www.dartmouth.edu/~aih/pdf/teoria.pdf.
De Man, Paul. [1971]. Blindess and Insight: Essays in the Rhetoric of Contemporary Criticism. 1971. Minneapolis: University of Minnesota Press, 1983.
De Man, Paul [1979]. Alegorías de la lectura. Barcelona: Lumen, 1995.
Deleuze, Gilles e Felix Guattari [1972]. El Anti-Edipo. Capitalismo y esquizofrenia. Barcelona: Paidós, 1985.
Deleuze, Gilles e Felix Guattari [1977]. Mil Mesetas. Pre-textos: Valencia, 2002.
Derrida, Jacques. La diseminación. Madrid: Fundamentos, 1975.
Derrida, Jacques. Márgenes de la filosofía, Madrid, Cátedra, 1989.
1) Recoñecer a incidencia, rendibilidade metodolóxica e posibles limitacións dos paradigmas formalista, estrutural e semiolóxico nos Estudos literarios.
2) Aprofundar nos marcos de análise empírico-sistémico e sociolóxico-literario: teoría empírica, teoría dos campos literarios, teoría dos polisistemas, socioloxía da literatura, materialismo cultural...
3) Aprender a avaliar as achegas da teoría da literatura na crise dos estudos históricos, a través de correntes como a estética da recepción, a microhistoria e o novo historicismo.
4) Recoñecer o papel da teoría na conformación de novas subxectividades e identidades híbridas, mediante matrices teóricas como a teoría postcolonial, a teoría feminista ou a teoría queer.
5) Poñer en relación o proceso de globalización cultural cos novos modelos da literatura comparada, analizando os procesos de postnacionalidade e nacionalización emerxente.
A axeitada distribución dos contidos da materia verase favorecida polo equilibrio entre as sesión expositivas e as interactivas. Á vocación eminentemente teórica dos contidos cómpre sumar o seu carácter procedimental, que será propiciado de xeito eminente polas sesións de seminario, onde o alumnado aprenderá a aplicar por medio de actividades prácticas os conceptos e teorías presentados nas clases expositivas.
Neste sentido, mentres as sesións expositivas consistirán fundamentalmente en leccións sobre os cinco paradigmas de análise teórico-crítica recoñecidos no programa, as sesións interactivas implicarán a iniciación a actividades de pesquisa (lectura de bibliografía específica, elaboración dun póster e dun paper inserido nun panel, que gardará relación co tema do traballo final de cada alumno) relacionadas con cadanseu paradigma de referencia. O obxectivo das sesións de seminario é reforzar a interactividade na asimilación dos contidos e os momentos de intercambio de ideas. Os materiais de apoio —fundamentalmente, textos teóricos e críticos relacionados cos temas do programa— están destinados a incentivar una comunicación posta ao servizo dos obxectivos e competencias expostos. A distribución no tempo das sesións interactivas será correlativa da marcada para as sesións expositivas.
1. CONSIDERACIÓNS XERAIS
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posibles probas complementariamente acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
2. ELEMENTOS QUE SE VALORARÁN
* Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.
* Participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se convoquen.
* Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.
* Asistencia regular e puntualidade.
* Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación de traballos en grupo.
* Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade.
* Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de traballos realizados en grupo.
A asistencia, salvo as excepcións que se indican máis abaixo, considerase imprescindible. Un 30% da cualificación final procederá da realización do exame final na data fixada polo Decanato. Un 20% procederá da participación crítica e informada nas clases e da realización doutras tarefas asignadas polos docentes, como presentacións ou preparación de materias específicos. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas. Por último, un 50% dependerá da presentación dun traballo final segundo as instrucións indicadas polo profesorado e que estará ligado as actividades desenvoltas previamente na aula. A proporción indicada manterase no caso de que a/o alumna/o non aprobe tras o primeiro exame e recorra á segunda oportunidade. Por tanto, só é recuperable o 30% vinculado ao exame e o 50% relativo ao traballo final.
Para o alumnado con dispensa de docencia ou que teña problemas acreditados de incompatibilidade horaria (o que deberá ser comunicado antes do final do mes de setembro), o exame final suporá o 100% da cualificación da materia. Independientemente desta posibilidade, recórdase que a materia é presencial a todos os efectos e que a opción de realizar só o exame final non exime da necesidade de atender ao seu desenvolvemento e de manter o contacto co profesorado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluída a práctica de plaxio, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión de cualificacións.
OBSERVACIÓN IMPORTANTE
O profesorado resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
Ás horas presenciais, repartidas entre sesións expositivas e interactivas, cómpre sumar aproximadamente setenta e cinco horas non presenciais relacionadas coas seguintes tarefas: lectura da bibliografía recomendada, estudo e reflexión sobre as sesións expositivas e interactivas, previo ao exame e, no seu caso, preparación do traballo final.
Para tirar o máximo proveito da materia considérase requisito a asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura crítica dos textos de traballo e o bo aproveitamento dos materiais e recursos fixados para a aprendizaxe.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Fernando Cabo Aseguinolaza
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | D09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | D09 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |