Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos principais da materia son os seguintes:
–Presentar o contexto histórico e cultural en que saen á luz os primeiros textos das linguas románicas.
- Amosar a distribución xeográfica e cronolóxica dos primeiros textos romances.
–Analizar a diversidade tipolóxica do corpus obxecto de estudo.
–Caracterizar desde o punto de vista lingüístico e literario as primeiras manifestacións escritas en romance.
–Mostrar os soportes que conteñen os primitivos textos das linguas romances e definir as súas características materiais.
1.- As orixes das linguas romances e a súa problemática. As dicotomías latín / romance e oral / escrito.
2.- O contexto histórico-cultural da aparición das primeiras manifestacións escritas en lingua romance.
3.- Delimitación espazo-temporal. Tipoloxía dos primeiros textos románicos. Propostas de clasificación.
4.- Análise externa dos primeiros textos romances e dos seus soportes de escritura.
4.1.- Elementos romances en textos latinos. Selección: Catacumba de Commodilla. O Indovinello veronese. As Glosas emilianenses e as Glosas silenses.
4.2.- Textos romances non literarios. Selección: Xuramentos de Estrasburgo. Privilexio logudorés. Condaghe. Placiti capuani. Inscripción da Basílica de San Clemente. Noticia de kesos. Pacto dos irmáns Pais. Notícia de fiadores. Testamento de Afonso II. Noticia de torto. Homilies de Organyà. Cartas zaratinas. Carta de Neacsu de Cîmpulung.
4.3.- Os primeiros textos das tradicións literarias romances. Selección: Cantilène de Sainte Eulalie. Sermon de Valenciennes. Vie de Saint Léger. Alba bilingüe. Vie de Saint Alexis. Boecis. Sermón pseudoagustiniano. As jarchas. Representación de los Reyes Magos. Fragmento Roman d’Alexandre. Ritmo laurenziano.
As obras citadas a continuación ocúpanse, na súa maior parte, de aspectos xerais das linguas románicas e das súas literaturas. Para aspectos particulares referidos aos primeiros textos de cada área lingüística, a profesora facilitará na aula os títulos bibliográficos máis significativos.
- Bibliografía básica
Asperti, S. (2007), Origini romanze, Roma: Viella.
Meneghetti, Mª. L. (2012), Le origini delle letterature medievali romanze, Bari: Laterza.
Renzi, L. (1985), Nuova introduzione alla filologia romanza, Bologna: Il Mulino.
Tagliavini, C. (1973), Orígenes de las lenguas neolatinas, México: Fondo de Cultura Económica.
- Bibliografía complementaria
Banniard, M. (2002), Du latin aux langues romances, Paris: Nathan.
Curtius, E. R. (1955), Literatura europea y Edad Media latina, México: Fondo de Cultura Económica.
Fradejas Rueda, J. M. (2010), Las lenguas románicas, Madrid: Arco Libros.
Franck, B.-Hartmann, J. (1997), Inventaire systématique des premiers documents des langues romanes, Tübingen: Gunter Narr.
Gargallo Gil, J.-Reina Bastardas, M. (coords.) (2007), Manual de lingüística románica, Barcelona: Ariel.
Holtus, G.-Metzeltin, M.-Schmitt, Ch. (1995), Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer, vol. II/2.
Monteverdi, A. (1952), Manuale di avviamento agli studi romanzi. Le lingue romanze, Milano: Francesco Vallardi.
Selig, M. et alii (1993), Le passage à l’écrit des langues romanes, Tübingen: Gunter Narr.
Vàrvaro, A. (2004), Identità linguistiche e letterarie nell'Europa romanza, Roma: Salerno editrice.
Vàrvaro, A. (1983), Literatura románica de la Edad Media, Barcelona: Ariel.
VV.AA. (1972), Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, vol. I (Généralités), Heidelberg: C. Winter.
VV.AA. (2008), Latin écrit-roman oral?: de la dichotomisation à la continuité, Turnhout: Brepols.
Wright, R. (1989), Latín tardío y romance temprano (en España y la Francia carolingia), Madrid: Gredos.
a) Capacidade para recoñecer o impacto que os fenómenos históricos e culturais tiveron no nacemento das linguas romances.
b) Capacidade para diferenciar e localizar nos textos aqueles elementos do protorromance que se afastan da gramática latina, ou aqueloutros que poidan asimilarse claramente a fenómenos propiamente romances.
c) Capacidade para distinguir as características definitorias das linguas románicas.
d) Capacidade para recoñecer diferentes graos de complexidade nos primeiros textos escritos nas linguas neolatinas.
e) Capacidade para entender a produción cultural románica e os seus vínculos coa produción latina.
f) Capacidade para identificar as particularidades dos primeiros textos literarios romances.
Fundamentalmente, as clases terán unha orientación teórico-práctica, xa que a exposición dos temas que configuran a programación basearase na análise dos textos e na correspondente selección de imaxes. Así mesmo, a profesora facilitará lecturas adicionais, para que os estudantes completen as explicacións ofrecidas durante as clases e dean conta nas sesións interactivas e na preparación dos traballos individuais dos contidos asimilados. Por este motivo, as intervencións na aula terán un peso significativo no proceso de avaliación.
Ademais, cada estudante deberá preparar individualmente e expoñer na aula o comentario de un texto, do que deberá entregar unha versión escrita, completa e coidada, seguindo as pautas marcadas pola profesora. A este propósito, advírtese que a preparación deste traballo esixe un considerable grao de dedicación individual non presencial.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas a resolver tanto as dúbidas que levanten as explicacións das sesións presenciais como a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto que poida resultar de interese para o/a alumno/a.
1ª oportunidade: Para superar a materia os estudantes deben participar activamente nas clases presenciais e nas actividades prácticas programadas, que se conciben como complemento dos contidos teóricos das sesión expositivas. Dado que a materia prevé un sistema de avaliación continua, a asistencia a clase é obrigatoria (mínimo 80%).
Para acadar os obxectivos didácticos marcados na programación, os estudantes prepararán as seguintes actividades:
a) Comentario oral de 1 texto seleccionado polo estudante de acordo coa profesora. O alumno aplicará ao comentario tanto os contidos teóricos recibidos na aula como aqueles datos procedentes da lectura da bibliografía especializada (40% cualificación).
b) Elaboración de 1 traballo monográfico en que o estudante deberá dar conta da súa capacidade na asimilación de información, da organización razoada dos contidos e da súa argumentación crítica na exposición (60% nota final). DATA DE ENTREGA: 10 de xaneiro de 2025.
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutivos.
En calquera caso, os estudantes que non poidan seguir con regularidade as clases, non realicen as actividades programadas ou non obteñan unha nota mínima de 5 puntos durante a avaliación continua terán que presentarse ao exame final da materia (1 pregunta teórica e 2 comentarios de texto de calquera das obras do temario). A proba terá lugar nas datas oficiais establecidas pola Secretaría da Facultade de Filoloxía.
* Na primeira oportunidade, os ESTUDANTES REPETIDORES que opten pola avaliación continua obterán o 40% da cualificación a través da realización das actividades prácticas programadas, mentres que o 60% restante corresponderá a un exame escrito, que versará sobre os contidos teóricos e prácticos das sesións expositivas.
2ª oportunidade (XUÑO): A avaliación efectuarase exclusivamente a través dun exame escrito, que incluirá preguntas teóricas e prácticas (2 comentarios de textos incluídos na programación): 100% da cualificación.
Alumnado con dispensa de asistencia ás clases
Todos aqueles estudantes que conten con dispensa de asistencia acreditada serán avaliados unicamente a través dun exame escrito en ambas as dúas oportunidades.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 48
Sesións de titorías: 3 horas.
Sesións de avaliación: 3 horas.
Total: 54 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo):
Sobre as sesións presenciais (inclúen todas as actividades establecidas pola profesora): 84 horas.
Total de horas de traballo do estudante: 150 (25 horas/crédito)
As horas non presenciais corresponden a traballo autónomo do alumno e, polo tanto, responden a unha orientación puramente teórica, desde o momento en que cada estudante é o responsable da planificación do seu traballo.
-Asistir ás clases con interese, realizar as lecturas indicadas pola profesora e levar ao día o estudo dos textos.
–Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida relativos aos contidos da materia ou aos exercicios que se deberán realizar para superala.
A profesora porá a disposición dos estudantes un dossier de materiais de traballo para algúns dos temas do programa (en particular, para os relativos á descrición dos primeiros textos escritos en linguas románicas). Eses materiais, que é conveniente que sexan consultados polos alumnos antes da exposición do tema correspondente, estarán ao seu dispor na aula virtual.
Maria Pilar Lorenzo Gradin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811826
- Correo electrónico
- pilar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C02 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |