Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Ofrecer un panorama básico dos estudos de lexicoloxía e lexicografía ao longo da historia e os avances que supuxeron para o desenvolvemento desta disciplina.
2. Presentar a base fundamental do léxico das linguas románicas; léxico latino e variabilidade existente en latín; influencias no latín das linguas de sustrato, de adstrato e de superestrato no formación do léxico romance.
3. Procedementos para a creación de novo léxico.
4. Familiarizarse coas principais obras lexicográficas das linguas románicas. Recoñecer os distintos tipos de obras lexicográficas e a súa utilidade.
5. Coñecer as esixencias mínimas que debe reunir unha denifición lexicográfica.
6. Estudar, analizar e ser quen de desenvolver a amplitude dunha ou varias familias léxicas nas distintas linguas romances.
1. Cuestións preliminares. Léxico - Lexicografía – Lexicoloxía – Semántica – Onomasioloxía.
2. A formación do léxico románico.
3. O léxico latino nas linguas románicas. Vocábulos panrománicos. Innovacións léxicas no latín imperial: casos de perda e adquisición de palabras; casos de renovación semántica.
4. Innovacións léxicas motivadas pola diferenciación rexional. A influencia das linguas de substrato. A influencia das linguas de superestrato
5. Estudos de etimoloxía
6. A creación de novas palabras.Procedementos de formación de palabras nas linguas románicas: a derivación e a composición. Outros procedementos para a formación de palabras.
7. Onomástica e Toponimia.
8. Estudo dalgunhas familias léxicas
9. Elaboración dun proxecto lexicolóxico románico.
10. As principais obras lexicográficas na historia da lingüística románica. Os traballos terminolóxicos nas linguas románicas.
11. Os dicionarios. Tipos. Elaboración. A definición lexicográfica. O corpus con finalidade lexicográfica.
12. Elaboración dun proxecto lexicográfico
AHUMADA LARA, Ignacio: Cinco siglos de lexicografía del español : IV Seminario de Lexicografía Hispánica, Jaén, 1999, Universidad de Jaén, 2000.
AHUMADA LARA, Ignacio: Diccionario bibliográfico de la metalexicografía del español : (años 2001-2005; 2006-2010 ), Universidad de Jaén, 2009, 2014.
AHUMADA LARA, Ignacio: Metalexicografía variacional : diccionarios de regionalismos y diccionarios de especialidad, Universidad de Málaga, 2000.
ALVAR EZQUERRA, Manuel: Lexicología y Lexicografía (Guía bibliográfica), Salamanca: Almar, 1983.
BÉJOINT, Henri & THOIRON, Philippe (eds.): Les dictionnaires bilingues, Louvain-la-Neuve: Duculot, 1996.
CABRÉ, M. Teresa: A l’entorn de la paraula (I). Lexicologia general, Valencia: Universitat de València, 1994.
CABRÉ, M. Teresa: La terminologia. La teoría, els mètodes, les aplicacions, Barcelona: Empúries, 1992.
CAMPOS SOUTO, M. et alii: Historia de la lexicografía española, A Coruña, Universidade, 2007.
COLLINOT, André & MAZIÈRE, Francine: Un prêt à parler: le dictionnaire, Paris: PUF, 1997.
COLON, G.: El léxico catalán en la Romania. Madrid: Gredos, 1974.
COSERIU, E.: Principios de semántica estructural, Madrid, 1981.
DALLA VALLE, Valeria: Lezioni di lessicografia : storie e cronache di vocabolari, Roma, Carocci, 2016.
DUBOIS, Jean e Claude: Introuduction à la lexicographie: le dictionnaire. Paris: Larousse, 1971.
GILBERT, L.: La créativité lexicale. Paris, 1975.
HAENSCH, G (e outros): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica, Madrid: Gredos, 1982.
HERNÁNDEZ, H.: Los diccionarios de orientación escolar, Niemeyer, Tübingen, 1989.
IORDAN, I.: Lingüística Románica. Evolución, corrientes, métodos. Madrid: Alcalá, 1967 (tr. M. Alvar).
IORGU Iordan & Maria MANOLIU: Manual de lingüística románica. Madrid: Gredos (1ª ed.: 1972). Tradución de Manuel Alvar
LOIS, Elida: “Tipos de diccionarios”, en Limen, nº 58, 59, 1977, pp. 104-108.
LÜDKE, H.; Historia del léxico románico. Madrid: Gredos, 1974.
MASSARIELLO MERZAGORA, G.: La lessicografia, Bologna: Zanichelli, 19831.
PORTO DAPENA, J. A.: Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco/Libros, 2002.
REY, Alain: “Typologie génétique des dictionnaires”, Langages, XIX, 1970, 48-68.
RODRÍGUEZ BARCIA, Susana: Introducción a la lexicografía, Madrid, Síntesis, 2016.
ROHLFS, G.: Estudios sobre el léxico románico. Madrid: Gredos, 1979.
SAGER, Juan C.: A Practical Course in Terminology Processing, Amsterdam / Philadelphia: John Bejamins Publishing Company, 1990.
VÄÄNAÄNEN, Veiko: Introducción al latín vulgar. Madrid: Gredos, 2003 [1968].
WOTJAK, Gerd (ed.): Estudios de lexicología y metalexicografía del español actual, Tübingen: Niemeyer, 1992.
1. O/A estudante debe saber distinguir o léxico latino do herdado das linguas de substrato e de superestrato.
2. O/A estudante debe ser capaz de exemplificar casos de diferenciación léxica nas linguas románicas que respondan á diversidade dialectal existente no propio latín.
3. O/A estudante deberá saber identificar e interpretar os casos de derivación e composición no léxico románico.
4. O/A estudante debe adquirir a destreza para saber distinguir a primeira vista na información lexicográfica, o que é información lingüística do que é información enciclopédica.
5. O/A estudante debe ser capaz de detectar unha definición lexicográfica incorrectamente formulada.
6. O/A estudante debe ser capaz de explotar e valorar toda a información que aparece nunha obra lexicográfica, non só a definición das acepcións, senón tamén a información gramatical, tecnolectal, sociolectal, etc.
7. O/A estudante debe adquirir a destreza suficiente para acodir aos distintos corpora lexicos a través de Internet, e ser capaz de construír un artigo lexicográfico a partir da información extraída deles.
8. O/A estudante debe adquirir a destreza suficiente para elaborar un breve estudo lexicográfico.
As clases expositivas permitirán que a profesora aclare os contidos centrais do programa, pero os/as estudantes deberán manter un ritmo constante de lecturas complementarias, que completarán as explicacións da profesora. Nas sesións interactivas realizaranse exercicios prácticos (de complexidade progresiva) que permitan que os/as estudantes vaian asimilando o contido do programa.
A profesora proporcionará o material bibliográfico necesario para o correcto desenvolvemento da materia.
En calquera caso, a profesora promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación do alumno levarase a cabo mediante un proceso de avaliación continua e a realización dun traballo final.
1. A asistencia diaria, a participación activa nas clases e a realización dos exercicios prácticos requiridos suporán o 50% da cualificación final.
2. O 50% restante da cualificación final virá dado pola valoración dun traballo escrito, de carácter práctico, cuxo tema será proposto por a profesora.
A DATA DE ENTREGA DO TRABALLO FINAL coincidirá ca data de examen final fixada oficialmente.
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia terán a obriga de presentar un traballo escrito de carácter práctico, que lle será asignado pola profesora, que será valorado de 0 a 7 puntos, e realizarán unha recensión crítica de algunha ou algunhas lecturas obrigatorias propostas pola profesora. Esta recensión será valorada de 0 a 3 puntos.
A DATA DE ENTREGA DE ÁMBOLOS DOUS TRABALLOS coincidirá ca data de examen final fixada oficialmente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Exame escrito, con cuestións relativas ao temario da materia, e algún exercicio práctico. A valoración irá de 0 a 10 puntos.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase que o alumno dedique unhas seis horas de traballo semanais á preparación desta materia.
É unha materia fácil de entender nos seus contidos, pero que esixe unha preparación continuada, polo que se recomenda ao/á estudante que non deixe a súa preparación para os días anteriores á data do exame. É conveniente, así mesmo, que sexa quen de ler bibliografía en distintas linguas.
É moi importante a asistencia a clase, por canto se trata dunha materia eminentemente práctica e cómpre certa disciplina de traballo por parte dos/as alumnos/as, así como a capacidade para ler bibliografía en distintas linguas románicas.
Elvira Fidalgo Francisco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811825
- Correo electrónico
- elvira.fidalgo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D14 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B10 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
09.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
09.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |