Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dar arraigo a coñecementos e a técnicas da psicolingüística, que permitan:
(a) aproximarse ao procesamento neuropsicolóxico da actividade verbal;
(b) argumentar sobre o carácter mental-individual-diverso das habilidades comunicativas;
(c) abordar o estudo da fala peculiar en procesos de desenvolvemento (en nenos) e en situacións anómalas e de disfunción;
(d) describir e sistematizar patróns comunicativos sobre datos reais de fala peculiar;
(e) considerar con rigor os procesos de bilingüismo/polilingüismo no plano individual;
(f) solventar e/ou promover avances en situacións disfuncionais, ou en dinámicas de aprendizaxe de linguas.
TEMA 1. PSICOLINGÜÍSTICA E NEUROLINGÜÍSTICA. A LINGUAXE COMO FUNCIÓN NEUROPSICOLÓXICA
OBXECTIVOS: Proporcionar unha visión global da linguaxe como función cognitiva (mental) con asento no cerebro. Presentar e valorar distintos modelos de procesamento da linguaxe.
1.1. A natureza neuropsicolóxica da linguaxe. Bases cerebrais e psicolóxicas da lingua. A relación mente-cerebro e a linguaxe como función cognitiva.
1.2. Os modelos de procesamento da linguaxe: modelos conexionistas, modelos complexos, modelos neuropsicolóxicos. Procesamento e tareas de produción, de comprensión, de lectura e de escritura.
1.3. Psicolingüística e Neurolingüística como áreas da Lingüística. Implicacións teóricas e vertentes aplicadas dos estudos sobre o procesamento neuropsicolóxico da lingua.
TEMA 2. PSICOLINGÜÍSTICA EVOLUTIVA. A ADQUISICIÓN DA LINGUA
OBXECTIVOS: Subliñar o interese da aproximación teórico-descritiva ao desenvolvemento da lingua no neno. Destacar os indicadores relevantes na estimación do bilingüismo (o plurilingüismo) individual.
2.1. A adquisición da linguaxe. Concepcións innatista, condutista e construtivista. A lingua como función (cognitiva) emerxente do cerebro.
2.2. O desenvolvemento comunicativo na ontoxénese. A importancia de estudar a linguaxe peculiar en etapas evolutivas. As gramáticas infantís.
2.3. A competencia comunicativa en dúas ou más linguas. Tipos de bilingüismo. Bilingüismo e hemisferios cerebrais.
TEMA3. LINGÜÍSTICA APLICADA AOS TRASTORNOS DA COMUNICACIÓN E Á APRENDIZAXE DE LINGUAS
OBXECTIVOS: Constatar a relevancia lingüística da comunicación en casos de disfuncións da linguaxe. Destacar o papel da Lingüística Aplicada na consideración e avaliación das limitacións, e nos procesos de Aprendizaxe e Ensinanza de linguas.
3.1. As chamadas patoloxías da linguaxe como disfuncións da comunicación. Clasificación dos trastornos da comunicación e criterios lingüísticos.
3.2. Enfoques descritivos e avaliativos das disfuncións verbais. Medios lingüísticos estruturalmente limitados e estratexias verbais comunicativamente eficaces. Prismas e análises para a valoración da conduta comunicativa. Avaliación estandarizada mediante test e avaliación gradual a través de perfís.
3.3. Definición e ámbito da Lingüística clínica e a Logopedia. Aplicacións da Psicolingüística na Aprendizaxe e na Ensinanza de linguas.
Ambridge, B. e Lieven, E. (2011), Child Language Acquisition. Contrasting Theoretical Approaches, London:CUP.
Baggio, G. (2022), Neurolinguistics, Cambridge: The MIT Press.
Bhatia, T. K. e William C. R. (eds.) (2012), The Handbook of Bilingualism and Multilingualism, Oxford:Blackwel.
Blanken, G. (eds.) (1993), Linguistic Disorders and Pathologies. An International Handbook, Berlín:de Gruyter.
Bolognesi, M. (2020). Where words get their meaning. Cognitive processing and distributional modelling of word meaning in first and second language, Amsterdam: Benjamins.
Castro, J. A. (ed.) (2018). Introducción a la Lingüística clínica. Aproximaciones a los trastornos de la comunicación, Lima: Pontificia Univ. de Perú.
Clark, E. (2003), First Language Acquisition, Cambridge:CUP.
Clark, E. (2016), Language in Children, London: Routledge.
Codesido, A., C. Hernández e V. Marrero (eds.) (2023), Lingüística clínica en el ámbito hispánico: un panorama de estudios, Berlín:Peter Lang.
Crystal, D. (1980), Introduction to Language Pathology, London: Arnold.
De Zubicaray, G. e Niels O. Schiller (eds.) (2019). The Oxford Handbook of Neurolinguistics, Oxford: OUP.
Diéguez Vide, F. (2019), Neuroanatomía funcional del lenguaje, Madrid: Síntesis.
Diéguez Vide, F. e Peña Casanova, J. (2012), Cerebro y Lenguaje. Sintomatología neurolingüística, Madrid: Panamericana.
Eagleman, D. (2024).Una red viva. La historia interna de nuestro cerebro en cambio permanente,BCN:Anagrama.
Elman, J. et alii. (1999), Rethinking Innateness. A Connectionist Perspective on Development, Cambridge: The MIT Press.
Enríquez, I. (2017), Del discurso a la gramática en el habla infantil, Madrid: Arco.
Fernández Pérez, M. (coord.) (2014), Lingüística y déficit comunicativos. ¿Cómo abordar las disfunciones verbales?, Madrid: Síntesis.
Fernández Pérez, M. e Lorenzo Herrera, L. (2023). Datos y desarrollo de la lengua: las gramáticas emergentes. Madrid: Arco Libros.
Fuchs, T. (2017), Ecology of the Brain, Oxford: OUP.
Fuchs, T. (2021), In defense of the human being: foundational questions of an embodied anthropology, Oxford: OUP.
Hatchard, Rachel (2021), Cognitive Apahsiology. A Usage-Based Approach to Language in Aphasia, Amsterdam: Benjamins.
Horst, J. e J. von Koss (eds.) (2019), International Handbook of Language Acquisition. London:Routledge.
Lorenzo, Lara (2022), Dinamismo de procesos y desarrollo del habla infantil, Madrid: Arco.
Lorenzo, G. e V. Longa (2018), El innatismo. Origen, variaciones y vitalidad de una idea, Madrid:Cátedra.
López, Luis (2020). Bilingual grammar. Toward an integrated model. Cambridge.CUP.
Morris, D. (2005), Dictionary of Communication Disorders, London,Whurr.
Paul, R. (2007), Language Disorders from Infancy through Adolescence, St. Louis:Mosby Elsevier.
Rowland, C.F. et alii (eds.) (2020): Current Perspectives on Child Language Acquisition: How children use their environment to learn. Amsterdam: Benjamins.
Sedivy, J. (2019), Language and Mind. An Introduction to Psycholinguistics, Oxford:OUP.
Seung, S. (2012), Connectome. How the Brain’s Wiring Make Us How We Are, New York: Houghton Mifflin Harcourt.
Silva-Corvalán, C. (2014), Bilingual Language Acquisition: Spanish and English in the First Six Years, New York:CUP.
Smith, B. R. e Leinonen, E. (1992), Clinical Pragmatics. Unravelling the complexities of communicative failure, London:Chapman.
Schwieter, John (2019) (ed), The Handbook of Neuroscience of Multilingualism, Sussex: Wiley Blackwell.
(1) Adquirir conciencia reflexiva sobre diversos enfoques, métodos e modelos de aproximación a un mesmo fenómeno de interese (relación linguaxe-cognición, mente-cerebro), e como resultado de diferentes modos de concebir o obxecto de estudo e das distintas formas de fundamentar o coñecemento científico e os seus obxectivos.
(2) Comprender, comparar e aplicar algúns modelos de procesamento psicolingüístico das linguas (produción, comprensión, lectura e escritura).
(3) Exercitarse no manexo de métodos e técnicas de traballo empírico da Lingüística actual que permitan ao alumnado traballar con datos lingüísticos reais procedentes de grandes fontes e inventarios: corpus de fala infantil e corpus de datos de diferentes patoloxías lingüísticas.
(4) Coñecer teorías e tácticas para abordar o proceso de adquisición da linguaxe en contextos monolingües e multilingües.
(5) Dominar recursos lingüísticos básicos para analizar as habilidades comunicativas mermadas (en falantes con disfunción) e a súa incidencia nas relacións interpersonais.
(6) Aplicar coñecementos e principios da Psicolingüística nas esferas da Lingüística clínica e da Aprendizaxe e Ensino de linguas.
Sesións expositivas e interactivas que permitan a aprendizaxe continuada e faciliten o adestramento e as habilidades na materia. O ensino está distribuído por temas segundo se indica:
Tema 1: 10 sesións expositivas adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e 5 sesións interactivas destinadas a (1) análise crítica de material audiovisual (2) textos representativos de contidos teóricos, e (3) cuestionarios e resumos para canalizar a asimilación dos contidos teóricos.
Tema 2: 10 sesións expositivas adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e 5 sesións interactivas destinadas a exercicios prácticos nos que se traballará con mostras reais de linguaxe infantil co obxectivo de compoñer perfís lingüísticos. Tamén se fará un percorrido por diferentes corpus de linguaxe infantil e traballarase con textos representativos das nocións teóricas presentadas nas sesión expositivas. Elaborarase un traballo breve de deseño dun perfil lingüístico.
Tema 3: 10 sesións expositivas adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e 5 sesións interactivas destinadas a (1) analizar diferentes mostras de patoloxías da linguaxe dende o punto de vista lingüístico e a (2) valorar diferentes tests de avaliación de trastornos comunicativos atendendo aos ingredientes lingüísticos que conteñan. Deberase realizar un traballo escrito breve consistente na análise dun test de avaliación considerando os compoñentes lingüísticos que inclúe.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO):
A avaliación será continuada: o 50% da cualificación derivará das actividades e traballos realizados nas sesións presenciais. O 50% restante corresponderá ao exame realizado na data fixada segundo o calendario oficial (13/01/2025).
SEGUNDA OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO):
Exclusivamente a través do exame, que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). A proba terá lugar na data establecida segundo o calendario da Secretaría da Facultade (11/06/2025).
No caso de estudantes con DISPENSA ACADÉMICA de asistencia a clase, a avaliación consistirá nun exame de todo o programa da materia na data fixada (tanto para a 1.ª como para a 2.ª oportunidade) no calendario da Secretaría da Facultade.
INDICACIÓNS XERAIS PARA TODO O ESTUDANTADO:
1.- Debe terse moi en conta que para superar a materia, ademais de acadar o nivel requirido en canto a contidos e prácticas, será requisito indispensábel amosar na realización das diferentes probas –orais e/ou escritas– un nivel de dominio (exposición e argumentación, redacción e ortografía) conforme coa situación académica.
2.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
3.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), organismo da USC encargado de valorar e informar sobre estes casos:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social/inc…
Recoméndase adicar unha hora diaria á materia, distribuíndo o tempo para as lecturas seleccionadas e para a realización das tarefas e exercicios propostos. En xeral, e para unha situación habitual de estudiante con expectativas, proponse unha hora de traballo persoal por cada hora de sesión docente.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 30 (horas presenciais) + 42 (horas non presenciais) = Total 72 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 15 (horas presenciais) + 45 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
TOTAL: 51 (horas presenciais) + 99 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Asistencia mantida ás sesións expositivas e interactivas.
Aproveitamento comprensivo e relacional das lecturas recomendadas.
Realización das tarefas e exercicios propostos nas sesións interactivas.
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams, Prezi…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polas profesoras e para establecer un proceso paulatino de estudo.
(*) Para coñecer os horarios de atención a estudantes así como outros aspectos de natureza administrativa, remitimos á información que será proporcionada oportunamente por cada docente ao inicio do curso académico.
Ana Isabel Codesido García
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- ana.codesido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Milagros Fernandez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811799
- Correo electrónico
- magos.fernandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C05 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C06 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
13.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
11.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |