Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo básico da materia “Traxectorias da literatura europea” é familiarizar ao estudante dos graos en linguas e literaturas con algúns dos principais problemas asociados á noción de literatura europea. Non se trata de ofrecer unha sinopse dos “clásicos europeos”, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras que susciten unha reflexión sobre o sentido da fórmula “literatura europea” baixo enfoque comparatista. A materia presta especial atención tanto á propia traxectoria histórica da idea de literatura europea coma á súa redefinición actual no marco do proceso de integración europea e ao papel da literatura nas novas identidades.
1. Introdución. Europa e Literatura comparada.
Tendo en conta os precedentes da noción de literatura europea, examinarase a interacción entre tal noción e a disciplina da Literatura comparada. Isto implica revisar, por exemplo, as conexións entre os conceptos de literatura nacional e de cosmopolitismo e, de maneira máis concreta, algunhas propostas históricas sobre a noción de literatura europea xurdidas no ámbito do comparatismo.
2. Historiografía da idea de literatura europea.
A idea de literatura europea constituíuse modernamente en relación estreita co desenvolvemento da historia literaria. Neste sentido, proponse a análise dalgúns dos modelos historiográficos máis relevantes seguindo unha traxectoria cronolóxica.
3. Caso de estudo.
Como modelo de análise, abordarase unha selección de obras para, partindo dela, desenvolver un proxecto de análise, que permita identificar na práctica algunhas tramas relevantes da literatura e cultura europeas.
Anselmi, Gian Mario, ed. Mapas de la literatura europea y mediterránea. Barcelona: Crítica, 2000.
Backès, Jean-Louis. La Littérature européenne. Paris: Belin, 1996.
Bemong, N., M. Truwant e P. Vermeulen, eds. Re-Thinking Europe. Literature and (Trans)National Identity. Amsterdam: Rodopi, 2008.
Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine. Histoire de la littérature européenne. Paris: Hachette, 1992.
Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine, eds. Lettres européennes. Manuel universitaire d'histoire de la littérature européenne. Bruxelles: De Boeck, 2007.
Cabo Aseguinolaza, Fernando. El lugar de la literatura española. Barcelona: Crítica, 2012.
Curtius, Ernst Robert. Ensayos críticos sobre la literatura europea. Barcelona: Seix Barral, 1972.
Dainotto, Robert M. Europe (In Theory). Durham: Duke UP, 2007.
D'haen, Theo e Iannis Goerlandt, eds. Literature for Europe? Amsterdam: Rodopi, 2009.
Didier, Béatrice, ed. Précis de littérature européenne. Paris: PUF, 1998.
Domínguez, César, ed. Literatura europea comparada. Madrid: Arco/Libros, 2013.
Fendler, Susan e Ruth Wittlinger, eds. The Idea of Europe in Literature. London: MacMillan, 1999.
Fumaroli, Marc et al. Identité littéraire de l'Europe. Paris: Presses Universitaires de France, 2000.
García Picazo, Paloma. La idea de Europa: historia, cultura, política. Madrid: Tecnos, 2008.
Gnisci, Armando e Dionyz Durisin, eds. Il Mediterraneo: Una rete interletteraria. Roma: Bulzoni, 2000.
Leerssen, J. T. e K. U. Syndram, eds. Europa Provincia Mundi: Essays in Comparative Literature and European Studies Offered to Hugo Dyserinck on the Occasion of His Sixty-Fifth Birthday. Amsteram: Rodopi,l 1992.
Lützeler, Paul Michael. Europäische Identität und Multikultur: Fallstudien zur deutschsprachigen Literatur seit der Romantik. Tübingen: Stauffenburg, 1997.
Marino, Adrian. The Biography of the "Idea of Literature". From Antiquity to Baroque. New York: State U of New York P, 1996.
Montandon, A., ed. Moeurs et images: études d'imagologie européenne. Clermont-Ferrand: Université Blaise Pascal, 1997.
Moretti, Franco. Atlas de la novela europea, 1800-1900. Madrid: Trama, 1997.
Moura, Jean-Marc, L’Europe litteraire et l’ailleurs, Parías: PUF, 1998.
Sinopoli, Franca. Il mito della letteratura europea. Roma: Meltemi, 1999.
Sinopoli, Franca. La letteratura europea vista dagli altri. Roma: Meltemi, 2003.
Sinopoli, Franca. La dimensione europea nello studio letterario. Milano: Bruno Mondadori, 2009.
Steiner, Geoger. La idea de Europa. Madrid: Siruela, 2005.
• Coñecer as aplicacións da Literatura Comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura europea.
• Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de supranacionalidade literaria.
• Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
• Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
1.- A materia implica unha importante dimensión teórica e conceptual que no se desatenderá no desenvolvemento do programa. Porén, a docencia orientarase cara unha dimensión fundamentalmente analítica e crítica nun sentido interliterario, interartístico e interdiscursivo. Con este propósito, buscarase conciliar equilibradamente a exposición dos marcos de análise e a presentación das ferramentas metodolóxicas oportunas co labor máis práctico e concreto, concentrado sobre todo nas sesións expositivas.
2.- Parte destacada da función dos profesores será proporcionar materiais de traballo axeitados aos obxectivos da materia e manter un seguimento do traballo dos alumnos, que é en último termo o elemento central na planificación da materia. A estes efectos, a aula virtual será un instrumento do que se procurará tirar o mellor partido posíbel.
3.- Os alumnos deberán desenvolver un traballo persoal constante e sostido ao longo do cuadrimestre. Unha primeira dimensión deste traballo se fundamentará na preparación da materia, seguindo as indicacións dos profesores e as liñas de indagación presentadas nas sesións expositivas. Unha segunda dimensión será a elaboración de traballos e a preparación consistente de debates e exposicións, cuxo marco preferente serán as sesións interactivas. A asistencia puntual as sesións expositivas e interactivas, así como as titorías colectivas, e fundamental e inescusable.
4.- En función de diversas variábeis (número de estudantes, método de traballo, etc.), pode valorarse o recurso a unha metodoloxía de ensinanza de tipo seminario.
1. CONSIDERACIÓNS XERAIS
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementariamente acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
2. ELEMENTOS QUE SE VALORARÁN
* Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.
* Participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se convoquen.
* Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.
* Asistencia regular e puntualidade.
* Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación de traballos en grupo.
* Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade.
* Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de traballos realizados en grupo.
A asistencia, salvo as excepcións que se indican máis abaixo, considérase imprescindible. Un 50% da cualificación final procederá da realización dun exame ou doutra proba alternativa acordada entre o equipo docente e o alumnado. O outro 50% procederá da participación crítica e informada nas clases e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes, entre as que destaca o desevolvemento en grupos de traballo do caso de estudo proposto. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas e o desenvolvemento do proxecto proposto durante o período de docencia. Neste sentido, a superación dun mínimo de faltas de asistencia pode implicar a imposibilidade de realizar estas probas e traballos. A proporción indicada manterase no caso de que o alumno non aprobe tras o primeiro exame e recorra á segunda oportunidade. Por tanto, só é recuperable o 50% vinculado ao exame.
Para o alumnado con dispensa de docencia ou que teña problemas acreditados de incompatibilidade horaria (o que deberá ser comunicado antes do final do mes de setembro), o exame final suporá o 100% da cualificación da materia. Independientemente desta posibilidade, recórdase que a materia é presencial a todos os efectos e que a opción de realizar só o exame final non exime da necesidade de atender ao seu desenvolvemento e de manter o contacto co profesorado.
Resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de valoración (até un 5% da nota final) a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo), que sexan programadas ao longo do período lectivo.
* Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación máis baixa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluída a práctica de plaxio, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión de cualificacións.
3. AVALIACIÓN DAS SEGUINTES OPORTUNIDADES
Nas seguintes oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira polo que se refire ao dominio de contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. En concreto, o 50% da nota que corresponde á participación crítica e informada nas clases e realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes (particularmente, a análise do caso de estudo) non será obxecto de recuperación ou revisión na segunda oportunidade.
OBSERVACIÓN IMPORTANTE
O profesorado resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
Esta materia ten oficialmente 6 créditos ECTS. Como xa se indicou, as horas presenciais divídense en 25 horas de sesións expositivas e 15 horas de sesións prácticas interactivas. Engádense a estas sesións as dedicadas as titorías colectivas (tres horas). Como no ensino reglado polos créditos ECTS é protagonista a aprendizaxe do alumno e o seu labor persoal, multiplícase por factores variábeis a presencialidade en horas de traballo asignado aos alumnos. En concreto, aplícase un factor 2 ás sesións expositivas e 1,5 ás interactivas, o que implica que se atribúe ao alumno un traballo adicional de 50 horas en relación ás expositivas e de 30 en relación ás interactivas.
Lectura atenta dos materiais indicados de maneira acompasada co desenvolvemento da materia.
Esforzo permanente de constextualización e de afondamento persoal relativos ás cuestións abordadas.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Fernando Cabo Aseguinolaza
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D11 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |