Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central desta materia responde a esta cuestión: Como podemos ensinar Bioloxía e Xeoloxía involucrando ao alumnado no desempeño de practicas científicas e no desenvolvemento de pensamento crítico?
Este obxectivo pode concretarse nos seguintes obxectivos específicos:
O1. Definir e seleccionar contextos sociocientíficos que sexan idóneos para o desempeño de práctica científicas e de pensamento crítico en Bioloxía e Xeoloxía.
O2. Identificar dificultades de ensino e aprendizaxe en Bioloxía e Xeoloxía en situacións reais ou simuladas e estratexias didácticas para poder superalas.
O3. Deseñar e analizar situacións de aprendizaxe variadas que involucren ao alumnado na argumentación, modelización e indagación científica e na practica de pensamento crítico.
O4. Usar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais da contorna próxima como recurso didáctico para a idear e deseñar saídas didácticas.
Os contidos das expositivas e interactivas están relacionados e estruturados en tres bloques temáticos:
BLOQUE 1. ASPECTOS XERAIS NO ENSINO E APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E DA XEOLOXÍA
- Innovación e investigación no ensino e aprendizaxe de Bioloxía e Xeoloxía.
- A perspectiva Histórica no ensino e aprendizaxe de Bioloxía e Xeoloxía
- O pensamento crítico e científico na materia de Bioloxía e Xeoloxía.
BLOQUE 2. APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E XEOLOXÍA MEDIANTE PRACTICAS CIENTÍFICAS
- A argumentación na construción e avaliación de fenómenos e controversias en Biolocía e Xeoloxía.
- Os proxectos de investigación na aula de Bioloxía e Xeoloxía en secundaria.
- Os modelos e a modelización científica: uso, construción e avaliación de modelos en Bioloxía e Xeoloxía.
BLOQUE 3. ENSINO E APRENDIZAXE DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA EN CONTEXTO
- Ambientes de aprendizaxe para o fomento do pensamento crítico e sistémico en Bioloxía e Xeoloxía.
- Cuestións sociocientíficas na materia de Bioloxía e Xeoloxía relacionadas con desafíos sociais e ambientais presentes e futuros.
- Factores que interveñen no ensino e aprendizaxe de Bioloxía e Xeoloxía: o desenvolvemento de actitudes e valores; a motivación e as emocións.
Nas sesións interactivas de laboratorio levaranse a cabo actividades de aplicación sobre os temas abordados nas expositivas e que consistirán, principalmente, na realización e análise de actividades de aplicación directa nas aulas de secundaria. Estas actividades comprenden saídas didácticas á contorna, experiencias e prácticas experimentais de laboratorio e saídas didácticas.
Bibliografía básica:
Cañal, P., de Pro Bueno, A., del Carmen Martín, L. M., Barros, S. G., Jiménez , M. P. J., Bargalló, C. M., .& Samartí, N. (2011). Didáctica de la Biología y la Geología (Vol. 22). Graó.
Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). “10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas”. Graó.
Puig, B.; Crujeiras-Pérez y Blanco-Anaya, P. (2023). Pensar científicamente. Problemas sistémicos y acción crítica. Graó.
Bibliografía complementaria
Ageitos, N.; Puig, B. y Calvo Peña, X. (2017). Trabajar genética y enfermedades en secundaria integrando la modelización y argumentación científica. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 14 (1) - pp. 86-97.
García, A.; Puig, B.; Uskola, A. (2023). La resistencia a antibióticos, ¿la próxima pandemia? Alambique: Didáctica de las ciencias Experimentales, 112, 14-19.
Jiménez, M. P. , Gallástegui, J. R. G., Eirexas, F.., & Mauriz, Puig B. (2009). Actividades para trabajar el uso de pruebas y la argumentación en ciencias. Danú.
Jiménez, M. P., & Puig, B. (2013). El papel de la argumentación en la clase de ciencias. Alambique: Didáctica de las ciencias experimentales, (75), 85-90.
Puig, B. y Gómez Prado, B. (2021) Una propuesta didáctica para la enseñanza-aprendizaje de insectos, plantas y el problema de la pérdida de polinizadores. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 18 (3).
Competencias
Que as e os estudantes sexan capaces de:
Xerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Desenvolver estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver destrezas de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G1. Coñecer as características do alumnado, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións nos que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidad.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte da profesora. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no alumnado e baseada no estudio de casos, a análise de proxectos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos docentes, tanto na aula como nas sesións de titoría.
Ao empregarse una metodoloxía práctica e activa é indispensable a asistencia a clase.
Ademais da aula e do laboratorio, empregarase o campus virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada na aula virtual. Tamén cabe a posibilidade de organizar algunha saída relacionada coa materia.
As titorías realizaranse de forma presencial ou virtual a través da plataforma Teams.
Atendendo Regulamento de asistencia a clase nas ensinazas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (artigo 1), a asistencia ás sesións é preceptiva para superar a materia, sendo obrigatorio asistir ao 80% das sesións interactivas e expositivas para cumprir este requisito.
Esta materia comprende sesións interactivas de laboratorio de carácter práctico, as cales non poden compensarse con actividades non presenciais, polo tanto non se contempla a dispensa de asistencia a clase, en cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias e da normativa da Facultade de Ciencias da Educación.
Combinarase a avaliación continua coa realización dunha proba final.
Parte I: Avaliación continua (contribución á cualificación final 40%)
a. Participación activa nas actividades desenvolvidas na aula (10%).
b. Entrega de informes das actividades realizadas na aula e no laboratorio, así como nas saídas didácticas que se organicen, de ser o caso (20%)
c. Presentación oral sobre cómo transferir a unha aula de secundaria un tema, seleccionado pola docente, abordado nas sesións interactivas (10%).
Segundo a normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
O uso de ferramentas de intelixencia artificial para a elaboración das actividades de aula deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas poderá substituir ou suplantar os coñecementos obxecto de avaliación. De ser o caso suporía un suspenso na materia.
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 60%)
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica (60%)
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 50% (5 sobre 10) na parte II (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I. O estudantado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 60% do total non será superior a 6. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
O estudantado con necesidades educativas especiais deberá poñerse en contacto co SEPIU coa fin de que este emita unha resolución coas adaptacións que procedan realizarse dentro das dúas primeiras semanas do semestre.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 18 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 6 horas de titorías.
Considérase que as 102 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, pescudas bibliográficas: 17 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
A maiores o tempo dedicado para a realización do exame será de 3 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Xa que logo, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións de aula.
Dado que se trata dunha materia de carácter práctico, recoméndase asistir ás sesións con papel e bolígrafo para poder resolver as tarefas que se propoñan e, no seu caso, entregalas.
O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
As titorías atenderanse no despacho dos profesores na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte e a través da plataforma Microsoft Teams.
Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web correspondente da USC.
Os contidos abordados nas sesións da materia estarán dispoñibles na aula virtual, para que cada estudante poida elaborar os seus materiais de estudo.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.;Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Blanca Puig Mauriz
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812112
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
25.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |