Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Conseguir que o alumnado adquira o axeitado coñecemento dos elementos constitutivos da linguaxe e práctica cinematográfica e audiovisual (desde o estadio da preprodución ata o da posprodución e difusión), así como o dominio do seu sentido.
- En segundo termo, reflexionar verbo das peculiaridades da gramática cinematográfica e como esta rematou por estenderse a outras expresións audiovisuais (ficción televisiva, videocreación, videoxogos...). A maiores, identificar a especificidade das expresións cinematográfica e audiovisual dentro do conxunto das manifestacións artísticas contemporáneas.
- Para rematar, avanzar propostas cara á análise do filme.
- Complementariamente, comprender o papel das filmotecas, museos e outras institucións culturais (así como os arquivos dos mass media) na conservación, promoción e difusión do cinema e outras artes audiovisuais.
TEMA 1. INTRODUCIÓN
1.1. O cinema. Orixe, trazos definidores e pluralidade de perspectivas no seu estudo.
1.2. Fontes e Metodoloxía.
TEMA 2. MUTACIÓNS
2.1. Un tema en cuestión e transformación: os soportes.
2.2. A hibridación dos discursos audiovisuais.
TEMA 3. A ELABORACIÓN DUN FILME.
3.1. O proceso de preparación: Produción e Guión.
3.2. A Rodaxe. Os elementos do plano cinematográfico: escala do encadramento, angulación, movementos de cámara e
iluminación. O traballo co Espazo e co Tempo.
3.3. A Montaxe e o proceso de Posprodución (sonorización; etalonaxe; efectos especiais).
3.4. A(s) difusión(s) do filme e das ficcións seriais.
TEMA 4. A ANÁLISE FINAL DO FILME.
4.1. A nosa proposta. Exercizos de análise.
Saída de Campo: Filmoteca de Galicia e MOP (A Coruña)
Lectura obrigatoria:
- SÁNCHEZ NORIEGA, J. L.: Historia del cine. Teorías, estéticas, géneros. Madrid, Alianza Editorial, 2018 (3ª edición, revisada e ampliada).
Básica:
- AMORÓS, Anna / NOGUEIRA, Xosé (eds.): Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións. Santiago de Compostela, USC, 2006.
- BORDWELL, D. / THOMPSON, K.: "El arte cinematográfico. Una introducción". Barcelona, Paidós, 1995.
- EDGAR-HUNT, Robert / MARLAND, John / RAWLE, Steven: El lenguaje cinematográfico. Badalona, Parramón, 2011.
- JOLY, M.: "Introduçao à análise da imagem". Ediçoes 70, 2004.
- KONIGSBERG, Ira: Diccionario Técnico de Cine. Madrid, Akal, 2004.
- MARTIN, M.: "El lenguaje del cine. Iniciación a la estética de la expresión cinematográfica a través del análisis sistemático de los procedimientos fílmicos". Gedisa, 1992.
- ROMAGUERA I RAMIÓ, J.: "El lenguaje cinematográfico". Ediciones de la Torre, 1999.
- SCOTT, J.: "El cine, un arte compartido". Eunsa, 1979. -VV.AA.: "Iniciación ao audiovisual". Consorcio do Audiovisual/Xunta de Galicia, 2004.
Complementaria:
- ALTMAN, R.: "Los géneros cinematográficos". Paidós, 2000.
- AUMONT, J./BERGALA, A./MARIE, M./VERNET, M.: "Estética del cine. Espacio fílmico, montaje, narración, lenguaje". Paidós, 1989.
- BALLÓ, J.: "Imágenes del silencio. Los motivos visuales en el cine". Anagrama, 2000.
- CASETTI, F.: "Teorías del cine (1945-1990)". Cátedra, 1994.
- CASSETTI, F./DI CHIO, F.: "Cómo analizar un film". Paidós, 1991. -CHION, M: "El cine y sus oficios". Cátedra, 1992.
- MARZAL FELICI, J./GÓMEZ TARÍN, F.J. (eds.): "Metodologías de análisis del film". Edipo, 2007.
- SÁNCHEZ-BIOSCA, V.: "Teoría del montaje cinematográfico". Filmoteca de la Generalitat Valenciana, 1991.
- TRUFFAUT, F.: "El cine según Hitchcock". Alianza, 1990.
- ZUNZUNEGUI, S.: "Pensar la imagen". Cátedra, 1989.
- ZUNZUNEGUI, S.: "Paisajes de la forma. Ejercicios de análisis de la imagen". Cátedra, 1994.
- Acceder á especificidade da expresión cinematográfica dentro do conxunto de manifestacións artísticas contemporáneas.
- Coñecer e distinguir os diferentes modelos de representación fílmica.
- Comprender o cinema non só como manifestación estética, senón tamén histórica, sociolóxica e industrial.
- Poñer en relación o cinema coas restantes manifestacións artísticas e literarias (procesos de retroalimentación).
- Dominar a linguaxe cinematográfica de cara ao posterior estudo doutras materias pertencentes a este eido.
Dada a peculiar natureza da materia, non existe unha diferenzación propiamente dita entre horas teóricas e prácticas. Por outras palabras, a dinámica da ensinanza é de carácter teórico-práctico: á exposición de cada un dos elementos (produtivos, artísticos, lingüísticos) e das súas correspondentes manifestacións ou posibilidades, segue o visionado e análise na aula dun ou varios exemplos. As sesións expositivas do programa combinaranse con aqueloutras (interactivas, titoriais) nas que o protagonismo corresponde ao alumnado, que intentará poñer en práctica os coñecementos adquiridos de cara á avaliación contínua e mais á posterior realización do exercizo escrito.
Complementariamente, darase un uso moi activo á aula virtual (coa subida de materiais en diversos formatos: vídeográfico, fotográfico, textos e ligazóns....).
Sempre que sexa posible, realízaranse visitas tanto a filmotecas como a rodaxes cinematográficas (ou televisivas), para que o alumnado poida coñecer 'in situ' a súa infraestrutura e dinámica de traballo.
Deseñouse a partir de cinco apartados complementarios:
a) A asistencia ás clases e á saída de campo (10% da cualificación).
b) A realización dunha recensión sobre a lectura obrigatoria (10%).
c) As actividades desenvolvidas polos alumnos correspondentes ás clases interactivas (10%).
d) A realización dunha breve peza audiovisual na que o alumnado porá en práctica os coñecementos adquiridos (20%)
e) A realización dunha proba final ao remate do curso que ten un carácter práctico: consiste na análise, desde determinados puntos de vista (dando prioridade ao lingüístico), dunha curtametraxe ou dunha serie de fragmentos pertencentes a diversos filmes (50% da cualificación).
Dispensa: Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024), avaliaráselle cunha proba final que suporá o 100% da cualificación distribuída da seguinte maneira: traballos (30%), exame (70%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e, de conformidade co disposto no artigo 11.g) da lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Sistema de recuperación da avaliación:
- Aqueles alumnos que non asistisen ás clases nin desenvolvesen prácticas, deberán presentarse á segunda oportunidade do exercizo escrito, optando ao 70% da cualificación total (agás, obviamente, daqueles alumnos con dispensa da asistencia a clase: nestes casos, optarán ao 100% da cualificación).
- Canto aos alumnos que teñan desenvolvido ao longo do curso as actividades arriba referidas e aínda así non cheguen ao Aprobado, realizarán un novo exercizo escrito na seguinte oportunidade, manténdoselles as cualificacións das devanditas actividades.
Ademais das horas presenciais contempladas no plano de estudos, 3 horas semanais para o estudo da materia impartida e a realización das actividades correspondentes ás clases interactivas.
Dadas as características xa expostas respecto da materia e do exame, cómpre a asistencia regular ás clases, máxime tendo en conta o feito de que moitos alumnos amósanse moi pouco familiarizados coa historia e características específicas do medio cinematográfico. Unha asistencia que, asemade, devén un complemento imprescindible para a realización das actividades de avaliación contínua e mais a elaboración dos traballos. Neste sentido, as prácticas de análise adoitan resultar de moita utilidade para complementar o desenvolvemento da materia de cara a enfrontar a realización do exame.
A docencia impartirase en galego.
Xose Nogueira Otero
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812709
- Correo electrónico
- xose.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | G5012104/CLE_02 | Galego | Aula 06 |