Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Identificar os principios e métodos do pensamento crítico e científico.
2. Reunir e tomar como referente os conceptos e metodoloxías fundamentais da disciplina.
3. Explicar a historia, tradición e natureza específica do ámbito da disciplina e o seu lugar na sociedade.
4. Explicar a relación entre as artes e a sociedade na que se desenvolven.
5. Describir os procesos de produción e recepción da arte e as obras audiovisuais ao longo da historia.
6. Demostrar unha comprensión crítica dos principios, teorías, métodos e problemas da área de coñecemento.
Introdución.
Tema 1: A Historia da Arte como disciplina.
Tema 2: O método biográfico.
Tema 3: Análise material e formal do obxecto artístico.
Tema 4: Iconografía e método iconolóxico.
Tema 5: Historia social da arte.
Tema 6: Estudos de xénero e feminismo.
Tema 7: Psicoloxía e percepción: da psicanálise á neurociencia.
Tema 8: Semiótica, recepción, fenomenoloxía.
ADAMS, L.S., The Methodologies of Art. An Introduction (Boulder: Westview Press, 1996)
ARNHEIM, R., Arte y percepción visual: psicología del ojo creador (Madrid: Alianza, 1986 [1954])
BRYSON, N. et al. (eds.), Visual theory. Painting and Interpretation (Oxford: Polity Press, 1991)
CASTIÑEIRAS, M.A., Introducción al método iconográfico (Barcelona: Ariel, 1998)
BAL, M. y BRYSON, N., “Semiotics and Art History”, The Art Bulletin, 73:2 (1991), pp. 174-208
BAUER, H., Historiografía del arte: introducción crítica al estudio de la Historia del Arte (Madrid: Taurus, 1980 [1979])
BAXANDALL, M., Modelos de intención. Sobre la explicación histórica de los cuadros (Madrid: Hermann Blume, 1989 [1985])
BELTING, H., The End of the History of Art? (Chicago: The University of Chicago Press, 1987)
BREA, J.L. (ed.), Estudios visuales. La epistemología de la visualidad en la era de la globalización (Madrid: Akal, 2005)
D’ALLEVA, A., Methods and Theories of Art History (Londres: Laurence King Publishing, 2005)
FOCILLON, H., La vida de las formas. Elogio de la mano (Madrid: Xarait, 1983 [1934]).
FREEDBERG, D., El poder de las imágenes: estudios sobre la historia y la teoría de la respuesta (Madrid: Cátedra, 2009 [1989])
GARCÍA MAHÍQUES, R., Iconografía e Iconología, 2 vols. (Madrid: Ediciones Encuentro, 2009)
GOMBRICH, E., Norma y forma: estudios sobre el arte del Renacimiento (Madrid, Debate, 2000 [1985])
HATT, M. y KLONK, C. Art History. A Critical introduction to its methods (Manchester-NY: Manchester University Press, 2006)
HAZAN, O., El mito del progreso artístico: estudio crítico de un concepto fundador del discurso sobre arte desde el Renacimiento (Madrid: Akal, 2010)
KULTERMANN, U., Historia de la Historia del Arte. El camino de una ciencia (Madrid: Akal, 1996)
LAFUENTE FERRARI, E., La fundamentación y los problemas de la Historia del Arte (Madrid: Instituto de España, 1985 [1951])
MCALLISTER-JOHNSON, W., Art History: Its Use and Abuse (Toronto: University of Toronto Press, 1988)
MITCHELL, W.J.T., La ciencia de la imagen. Iconología, cultura visual y estética de los medios (Madrid: Akal, 2019)
MOXEY, K., Teoría, práctica y persuasión. Estudios sobre historia del arte (Barcelona: Serbal, 2003 [1994/2001]
MURRAY, C.(ed.), Pensadores claves sobre el arte: el siglo XX (Madrid: Cátedra, 2006)
PÄCHT, O., Historia del arte y metodología (Madrid: Alianza Forma, 1986 [1977])
PANOFSKY, E., Estudios de Iconología (Madrid: Alianza, 1972)
PLAZAOLA, J., Modelos y Teorías de la Historia del Arte (Bilbao: Universidad de Deusto, 2015)
PREZIOSI, D.(ed.), The Art of Art History: A Critical Anthology (Oxford: Oxford University Press, 2009 [1998])
RAMPLEY, M. et al. (eds.), Art History and Visual Studies in Europe: Transnational Discourses and National Frameworks (Leiden: Brill, 2012)
RAMPLEY, M., The Seductions of Darwin. Art, Evolution, Neuroscience (State College: Penn State University Press, 2017)
ROSE, G., Visual Methodologies: An Introduction to the Interpretation of Visual Materials (Londres: Sage, 2016)
SCHAPIRO, M., Estilo, artista y sociedad: teoría y filosofía del arte. Madrid, 1999
SHONE, R. y STONARD, J.P., The Books that Shaped Art History. From Gombrich and Greenberg to Alpers and Krauss (Londres: Thames&Hudson, 2013)
URQUÍZAR HERRERA, A. y GARCÍA MELERO, J.E., La construcción historiográfica del arte (Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, 2012)
ZEKI, S., Visión interior. Una investigación sobre el arte y el cerebro (Madrid: La balsa de la Medusa, 2005)
Competencias
1. Demostrar a curiosidade intelectual e o espírito crítico para a aprendizaxe.
2. Conciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social.
3. Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
4. Capacidade para planificar e levar a termo proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
5. Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo que fomenten o autoaprendizaxe e a crítica.
6. Conciencia e capacidade para reflexionar sobre novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
Habilidades/Destrezas
1. Habilidade para comunicarse efectivamente, tanto de forma oral como escrita, na lingua nativa e nunha ou máis linguas estranxeiras.
2. Habilidades para deseñar, planificar e levar a cabo traballos académicos.
3. Desenvolvemento de habilidades para o traballo en equipo.
4. Habilidade para a avaliación crítica das obras de arte e pezas audiovisuais nos seus procesos e medios de difusión (exposicións, museos, concertos, proxeccións, realidade virtual).
5. Habilidade para producir resultados innovadores, imaxinativos e artísticos nos campos de estudo e de traballo da disciplina.
O traballo presencial do estudantado dividirase en sesións de docencia teórica (expositivas), docencia interactiva e titorías grupais en grupos reducidos.
Sesións teóricas/expositivas: Destinaranse á explicación dos contidos teóricos do programa. Darase soporte aos contidos da materia a través do Campus Virtual, que será utilizado como ferramenta auxiliar para a docencia.
Sesións interactivas: As clases interactivas serán destinadas a exercicios de lectura textual e á presentación na aula por parte do estudantado dun traballo realizado grupalmente, permitindo a promoción dunha aprendizaxe activa e colaborativa. A realización das análises de textos e da presentación do traballo permitirá aplicar o coñecemento e os recursos adquiridos durante as sesións expositivas a un caso de estudo. Ao comezo do curso facilitarase a lista das temáticas dos traballos, así como o calendario de exposicións.
Titorías: Destinaranse ao seguimento do curso e ao grao de cumprimento das actividades realizadas. As titorías deben ser acordadas coa docente por correo electrónico.
A avaliación será continua e levará a cabo ao longo do curso. A cualificación final da materia basearase na combinación de:
LECTURAS E TRABALLOS: 50%
EXAME DOS CONTIDOS TEÓRICOS: 50%
Deberá alcanzarse o 50% en cada unha das partes.
Dispensa: No caso de ter concedida a dispensa de asistencia a clase (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024) a avaliación realizarase a través dunha proba final que suporá o 100% da calificación distribuida do seguinte xeito: traballo (40%), examen (60%).
No caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa.
As horas de docencia presencial serán complementadas co traballo autónomo do estudantado, para o que se deberán dedicar 99 horas de estudo e traballo persoal, completando o total de 150 horas da materia.
Esta materia contempla o desenvolvemento de competencias multilingües, polo que é altamente recomendable ter ou adquirir a capacidade de ler noutras linguas (á parte do castelán e o galego), especialmente en inglés.
Os traballos escritos serán revisados por medio de aplicacións coa finalidade de detectar plaxios ou o uso de IAs xenerativas.
Lémbrase tamén que non está permitida a gravación de audio ou vídeo, nin a toma de fotografías, durante as clases (sen autorización expresa por parte da docente).
Non se responderán correos nos que se solicite información sobre a materia que xa estea dispoñible na páxina web da USC ou no Campus Virtual.
Sara Carreño López
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- sara.carreno [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU