Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Consonte a memoria do Máster, os obxectivos específicos da materia son:
1. Valorar o significado das linguas na formación da cidadanía.
2. Analizar o papel que se lles asigna a estes saberes na educación secundaria.
3. Coñecer cal é a orientación que os actuais currículos da ESO e do Bacharelato lle conceden a estas materias.
4. Comprender cal é o traballo que, partindo da lexislación vixente, debe desenvolver a persoa docente para realizar o seu labor.
1. O currículo das materias de linguas e literaturas na Educación Secundaria e no Bacharelato.
2. Os libros de texto de lingua e literatura no ensino secundario e no Bacharelato. Historia e actualidade.
3. O tratamento integrado de linguas (TIL).
4. As competencias comunicativas. Recursos para traballalas.
5. O texto literario na aula: lectura, comentario de texto e avaliación.
BÁSICA
Textos legais:
Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. En https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220926/AnuncioG0655-190922-….
Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. En https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220926/AnuncioG0655-190922-….
Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. En https://www.boe.es/buscar/act.php?lang=gl&id=BOE-A-2020-17264&tn=0&p=20….
Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Secundaria Obligatoria. En https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-4975.
Real Decreto 243/2022, de 5 de abril, por el que se establecen la ordenación y las enseñanzas mínimas del Bachillerato. En https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2022-5521.
Outros textos:
APRAIZ JAIO, M. V. / PÉREZ GÓMEZ, M. / RUÍZ PÉREZ, T. (2012): “La enseñanza integrada de las lenguas en la escuela plurilingüe”, en Revista Iberoamericana de Educación, 50 (2012), pp. 119-137. Tamén en https://rieoei.org/RIE/article/view/459.
BOMBINI, G. (2006), Reinventar la enseñanza de la lengua y la literatura. Libros del Zorzal.
COSTA RICO, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Xerais.
LÓPEZ HERNÁNDEZ, A. (2007): “Libros de texto y profesionalidad docente”, en Avances en Supervisión Educativa, 6. Tamén en https://avances.adide.org/index.php/ase/article/view/282/244.
RAMA LORENZO, S. (2020): "O Tratamento Integrado de Linguas como instrumento para a normalización da lingua galega"
Revista Galega de Educación, 78, 2020:32-35
COMPLEMENTARIA.
CASSANY, D., M. LUNA e G. SANZ (2002), Enseñar lengua. Graò.
CARBONELL, J. (2001): La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Morata.
DÍAZ, T., I. MAS e L. ZAS (Coords.) (2009), Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. TresCtres (Nós-outros, ).
LOMAS, C. (2004), "Los libros de texto y las prácticas de la educación lingüística", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 36, pp. 15-32.
LOMAS, C. (Comp.) (2002), El aprendizaje de la comunicación en las aulas. Paidós.
LUIS GÓMEZ, A. (1983): La geografía del bachillerato español (1836-1970): historia de una crisis. En https://repositorio.unican.es/xmlui/bitstream/handle/10902/1593/6de6.AL….
MARTÍNEZ BONAFÉ, J. (2002): Políticas del libro de texto escolar. Morata.
REQUEJO, J. (2003), "Por una didáctica de las habilidades orales en la educación secundaria obligatoria", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 32, 2003, pp. 69-87.
RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, X. (Coord.) (2003): Materiales curriculares e diversidade sociocultural. Santiago.
4.1. Competencias xerais
De tódalas sinaladas na memoria do Máster, aquelas que deben conseguir nesta materia son:
(CG1) Coñecer os contidos curriculares das materias da especialización.
(CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información, transformala en coñecemento e aplicala ós procesos de ensino e aprendizaxe.
(CG5) Contextualizar o currículo nun centro docente participando na súa planificación colectiva.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación.
(CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ó longo da vida profesional.
4.2. Competencias específicas
De tódalas sinaladas na memoria do Máster, aquelas que se deben conseguir nesta materia son:
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes.
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas disciplinas.
4.3. Competencias transversais
De tódalas sinaladas na memoria do Máster, aquelas que se deben conseguir nesta materia son:
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, vieiros alternativos e identificando erros na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contextos cooperativos e pluridisciplinarios.
Cunha presencialidade de 20 horas de clase, a dedicación será de 10 horas para sesións teórico-expositivas e 10 horas para clases de carácter interactivo. Nas sesións expositivas promoverase o contraste de perspectivas sobre os aspectos tratados e a valoración de diferentes metodoloxías de aprendizaxe. Nas sesións interactivas fixaranse os conceptos expresados nas clases expositivas e procederase á aplicación práctica das distintas metodoloxías por medio de traballos en equipo.
Para a impartición da materia farase uso da Aula Virtual.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
Para obter esa información utilizaranse os seguintes instrumentos: a participación nas sesións de clase, as tarefas ou traballos que se encarguen e un traballo final individual. A ponderación de cada un na cualificación final será a seguinte:
- a) Seguimento, participación e traballos de aula: 50%
- b) Traballo final: 50%
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Conservaranse as cualificacións obtidas no apartado a) e realizarase un novo traballo final coa mesma ponderación.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ou EXENCIÓN DE DOCENCIA:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase en aplicación de normativa superior, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
- Traballos de aula, que deberán realizar de xeito individual: 40%
- Traballo final: 60%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan, que deberá ser asinado por ambas as dúas partes, deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Segundo a Memoria do Mestrado, a materia ten asignados 3 créditos repartidos en 10 horas expositivas, 15 horas interactivas e 10 horas de titorías grupais.
As horas de traballo persoal requiridas son 85.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
Verbo dos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadenación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS:
- As ferramentas tecnolóxicas que se empregarán serán as institucionais da USC ou outras facilitadas pola facultade.
- É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil de non ser indicación específica do profesorado. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun emprego non autorizado.
PROTECCIÓN DE DATOS:
- Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
- O proceso de ensino-aprendizaxe é un proceso privado. A privacidade afecta ó proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Maria Xesus Nogueira Pereira
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881816534
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |