Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Analizar e reflexionar sobre os diversos eidos e xeitos de innovación educativa na área de linguas.
- Familiarizar o alumnado con modelos, instrumentos, orientacións temáticas, técnicas e metodoloxías de investigación na área de linguas.
- Orientar sobre instrumentos e recursos de desenvolvemento profesional na área de linguas.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos alumnos e alumnas.
BLOQUE 1: Innovación, mellora e calidade docente na área de linguas.
1. Aproximación á innovación docente.
1.1. Presentación de conceptos básicos.
1.2. Paradigmas para a innovación. A lingua como obxecto de coñecemento, como ferramenta comunicativa e como factor de cohesión social.
2. A innovación dende as accións do Consello de Europa.
2.1. O plurilingüismo e a interculturalidade como obxectivo da innovación.
2.2. Promoción de metodoloxías e enfoques: tratamento integrado das linguas, inclusión das TIC, traballo por proxectos, clases invertidas, comunidades de aprendizaxe...
3. Análise crítica e deseño de experiencias ou proxectos de innovación docente.
BLOQUE 2: Investigación educativa na área de linguas.
4. Aproximación á investigación educativa.
4.1. Presentación de conceptos básicos.
4.2. A investigación-acción na área de linguas.
5. O proceso da investigación educativa.
5.1. Planificacións iniciais e enfoques metodolóxicos existentes dende a perspectiva cuantitativa e a cualitativa.
5.2. A elaboración do informe de investigación.
6. A presenza da investigación educativa nas experiencias ou proxectos de innovación docente.
Básica
Albert Gómez, M.J. (2007). La investigación educativa: claves teóricas. Madrid: McGraw Hill.
Brown, T. e Jones, L. (2001). Action Research and Postmodernism. Philadelphia: Open University Press.
Vergara Ramírez, J.J. (2016). Aprendo porque quiero. El Aprendizaje Basado en Proyectos (ABP), paso a paso. Madrid: SM.
Chen, J., Moran, S. e Gardner, H. (2009). Multiple intelligences around the world. New York: Jossey-Bass.
Complementaria
Beacco, J.C. et al. (2016). Guide for the development and implementation of curricula for plurilingual and intercultural education. Strasbourg: Education Policy Division. Council of Europe.
Duhalde, M. A (2009). La investigación en la escuela: un desafío para la formación docente. Madrid: CEP.
Ellis, R. (2012). Language Teaching Research and Language Pedagogy. Chichester: Wiley-Blackwell.
Fernández Campos, A., González Mendizábal, I. e Pérez Gómez, M. (2012). Callejeros literarios: una propuesta para la educación literaria. Revista Iberoamericana de Educación, 59(1), 157-167.
Fernández López, L. (2009). Los proyectos de investigación del alumnado para la adquisición de las competencias básicas. Aula de Innovación Educativa, 186, 19-22.
Forner Martínez, A. e Latorre Beltrán, A. (1996). Diccionario terminológico de investigación educativa y psicopedagógica. Barcelona: EUB.
Gewerc Barujel, A. (2009). Políticas, prácticas e investigación en tecnología educativa. Barcelona: Octaedro.
García-Valcárcel Muñoz-Repiso, A. (coord.) (2008). Investigación y tecnologías de la información y comunicación al servicio de la innovación educativa. Salamanca: Universidad de Salamanca.
Imbernón, F. (coord.) (2002). La investigación educativa como herramienta de formación del profesorado. Reflexión y experiencias de investigación educativa. Barcelona: Graó.
Juan Lázaro, O. (2010). Las TIC en el aula de español: la competencia digital y la autonomía del estudiante. Mosaico: Revista para la promoción y apoyo a la enseñanza del español, 25, 4-11.
Latorre, A. (2007). La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó.
Latorre Beltrán, A. et al. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa. Barcelona: Experiencia.
Moreno Cabrera, J.C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifiesto plurilingüista. Barcelona: Horsori.
Núñez Delgado, P. e Alonso Aparicio, I. (eds.) (2015). Innovación docente en didáctica de la lengua y la literatura: teoría e investigación. Barcelona: Octaedro.
Rovira-Collado, J. (2017). Booktuber y booktrailer como herramientas LIJ 2.0 para desarrollo del hábito lector. Investigaciones sobre Lectura, 7, pp. 55-72.
COMPETENCIAS XERAIS
CG12 – Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e aos outros profesionais da educación.
CG17 – Desenvolver hábitos e actitudes de aprender a aprender ao longo da posterior etapa profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE-E11 – Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no eido da especialización cursada.
CE-E12 – Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
CE-E13 – Identificar os problemas relativos á ensinanza e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións.
CE-E14 – Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativa e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT-1 – Empregar bibliografía e ferramentas de pesquisa de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso a Internet.
CT-2 – Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT-3 – Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
A metodoloxía da materia baséase nos seguintes principios:
• Partir das experiencias e coñecementos previos sobre a adquisición das linguas do alumnado.
• Asegurar a construción de aprendizaxes significativas, modificando os esquemas de coñecemento do alumnado.
• Propiciar una intensa actividade e interacción baseada na investigación de novas metodoloxías.
• Fomentar a reflexión e o interese por aprender a aprender ao longo da vida profesional.
Combinarase a exposición e reflexión sobre teorías, métodos e enfoques relacionados co ensino-aprendizaxe das linguas, especialmente en contextos plurilingües, e a súa proxección práctica en propostas de intervención plurilingüe.
En cada apartado dos distintos bloques de contidos, proporanse actividades para realizar polo alumnado de forma individual e colaborativa. Estas, tras ser entregadas nos prazos establecidos, serán revisadas e comentadas individualmente, promovendo posteriormente o debate crítico e a interacción dentro do grupo aula.
Así, nas clases interactivas utilizarase o debate e análise de casos concretos en pequenos grupos. Tamén ocupará un lugar destacado o desenvolvemento de propostas didácticas propias e a exposición e comentario por parte do alumnado de determinados temas relacionados cos contidos do programa. Nestas tarefas contarase coas instrucións que o profesorado lle proporcionará tanto dentro coma fóra da aula.
Nas titorías aclararanse posibles dúbidas individuais que non puideron ser resoltas no contexto das aulas comúns, e orientarase nas tarefas de investigación individuais e grupais.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa.
Combinarase a avaliación continua cunha tarefa final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e participación individual e de grupo): 10%, se o alumnado asiste ao 80% das clases.
- Traballos individuais de aplicación de métodos de innovación e investigación educativa; de síntese e reflexión sobre os contidos tratados ou investigados: 45%
- Traballos colectivos de aplicación de métodos de innovación e Investigación educativa; de síntese e reflexión sobre os contidos tratados ou investigados: 45%
Os traballos deben entregarse a través da aula virtual.
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
O alumnado que obteña no traballo individual unha cualificación inferior a 5 puntos poderá presentarse a unha proba final, cuxa cualificación será o 50% da cualificación final.
O profesorado que comparte esta materia dará as instrucións específicas sobre a avaliación. En todo caso, non se fará a nota media no caso de materia compartida se a cualificación obtida en calquera das partes é inferior a 4.
Para obter cualificación final positiva débese ter unha cualificación en cada apartado que supoña o 50% correspondente.
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A asistencia a clase ponderarase na cualificación final ou parcial, na porcentaxe previamente establecida para a participación na aula (10 %), se o alumnado asiste ao 80% das clases.
ALUMNADO CON DISPENSA
En aplicación da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa a clase nas circunstancias establecidas no punto 2, o alumnado ao que sexa de aplicación deberá
a) entregar os traballos de reflexión e investigación relacionados cos temas da sección de contidos (40% da cualificación) no mesmo número ca o alumnado presencial.
b) realizar traballos de aplicación de métodos de innovación e investigación educativa (60 % da nota).
Para obter unha cualificación final positiva é preciso ter en cada apartado unha cualificación que represente o 50% correspondente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Conservarase a cualificación obtida no apartado de participación da primeira oportunidade e poderase recuperar os traballos mediante una proba sobre métodos e enfoques relacionados co ensino-aprendizaxe das linguas, coa ponderación que proceda segundo o escenario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
- Clases expositivas presenciais: 15 horas
- Clases interactivas: 24 horas
- Titorías en grupo mediano: 3 horas
- Titorías en grupo pequeno: 6 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
- Estudo e traballo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 35 horas
- Actividades de biblioteca, lecturas e pesquisas bibliográficas: 7 horas
TOTAL VOLUME DE TRABALLO: 150 horas
Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndase que o alumno participe das seguintes actividades e actitudes:
(a) Asistencia activa e participativa.
(b) Lectura da bibliografía recomendada.
(c) Implicación nas actividades prácticas propostas.
(d) Reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística.
Respecto da última recomendación sinalada, é necesario salientar que a propia actitude lingüística constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para o alumnado de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista.
Obriga de usar a conta de correo electrónico de rai.
Obriga de utilizar ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
Non se pode usar o teléfono móbil na aula, agás cando se usa como instrumento de traballo seguindo as instrucións dadas polo profesor, sendo o alumnado o responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do uso indebido do mesmo.
Ten en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, entendido como privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesor e os alumnos matriculados na materia.
Cumprimento obrigatorio da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Aránzazu Fuentes Ríos
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- arantxa.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
26.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
02.07.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |